A Xunta considera irrenunciable a adopción do Software Libre na administración e investirá uns 2,8 millóns de euros na adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos. - Valoración da viabilidade e da estratexia de incorporación do sóftware libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
- Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de Software Libre
- Implantación de solucións baseadas en código aberto nos servidores
- Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.
- Determinar as áreas máis favorables para a implantación do Software Libre
- Realizar accións divulgativas e de sensibilización
- Convocatorias para a implantación de solucións baseadas no Software Libre
- Promover a creación de comunidades e puntos de encontro arredor do Software Libre para compartir coñecementos
- Proxectos singulares, con especial fincapé nas actuacións noutros ámbitos do PEGSI, onde se primará o emprego de Software Libre
- Crear un catálogo dos fornecedores informáticos de Galiza que teñan produtos e servizos na área do Software Libre
- Primar o desenvolvemento de aplicacións de código aberto nos distintos programas que convoque a Administración galega de apoio á actividade empresarial
O PEGSI foi elaborado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sodciedade da Información pertencente á Consellería de Innovación e Industria.
