A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega fai pública unha convocatoria que pretende animar ás entidades privadas sen ánimo de lucro a que realicen actuacións encamiñadas a aumentar o uso social da lingua galega a partir do seu emprego no eido da familia, da infancia e da mocidade.
No DOG do martes, 9 de xaneiro de 2007, recóllese toda a información da convocatoria.
No ámbito das tecnoloxías da información terán a consideración de subvencionables todas as accións que desenvolvan as seguintes medidas ou incidan en cuestións relacionadas con elas:
- Promover o desenvolvemento de actividades de lecer en lingua galega para a infancia e a mocidade e estimular a participación nestas de nenos e nenas.
- Interrelacionar mozos/as de diferentes ámbitos xeográficos e perfís lingüísticos a través de actividades de lecer.
- Fomentar a realización de obradoiros de lingua que presenten o galego como unha actividade lúdica, co obxectivo de desfacer prexuízos entre a mocidade e de constituír un ámbito onde se practique de forma efectiva a lingua.
- Promover a creación de soportes diversos en galego (revistas en papel e en formato electrónico, sitios web, cadernos…) que difundan actividades de interese para a mocidade (música, deportes, cine, videoxogos…), promocionando as actividades de grupos e colectivos locais.
- Incorporar a produción cultural galega aos espazos de lecer e impulsar a aparición en galego dos xéneros e das estéticas que hoxe teñen éxito entre rapaces/as e mozos/as.
- Elaborar recursos para o lecer e xogos en lingua galega, con especial atención á xente nova.
- Crear e adaptar ao galego programas e xogos informáticos destinados á infancia e á mocidade.
Os proxectos realizaranse dende o día 1de xaneiro ata o 25 de outubro do ano 2007.
Para máis información consultar no DOG do 9 de xaneiro de 2007