Aberto o prazo de inscrición para o Concurso Universitario de Software Libre

Aberto o prazo de inscrición para o Concurso Universitario de Software Libre
Concurso Universitario de Software LibreDesde hoxe día 24 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o II Concurso Universitario de Software Libre. Esta iniciativa pretende fomentar proxectos desenvolvidos por estudantes e dinamizar a comunidade desenvolvedora de Software Libre en España.

Os participantes no concurso han de ser maiores de idade e estar matriculados en primeiro ou segundo ciclo nalgunha das Universidades españolas durante o curso 2007/08 e estar en disposición de poder acreditalo.

Os proxectos debe estar integramente desenvolvidos coa implementación en Software Libre de calquera linguaxe de programación e a licenza elixida deberá estar comprendida dentro do conxunto de licenzas consideradas de Software Libre polo proxecto GNU (lista en castelán non actualizada). As bibliotecas utilizadas tamén deberán estar baixo este conxunto de licenzas.

As categorías aos que todos os proxectos participantes optan serán:

  • Mellor proxecto educativo: Aquel proxecto que máis revirta na comunidade educativa.
  • Mellor proxecto innovador: Aquel proxecto que levante máis expectativas na sociedade, xa sexa a implementación dunha idea innovadora ou polo uso de innovadoras tecnoloxías informáticas.
  • Mellor proxecto comunitario: Aquel proxecto que cree un maior impacto na comunidade.

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal