A “Oficina de Software Libre” da Universidade da Coruña ten dispoñible na súa páxina web o artigo “Estudo da alternativa a SPSS: R-project“:
“Dentro das actuacións previstas para a OSL, está a coordinación do estudo de alternativas do paquete estatístico SPSS á solución libre R xunto cunha interface gráfica amigable para o usuario final.
Dentro das diferentes iniciativas neste marco de actuación, levamos a cabo as tarefas seguintes:
- Estudo de viabilidade de R como alternativa libre de SPSS.
- Avaliación das interfaces gráficas desenvolvidas para R.
- Elaboración dos informes de avaliación de R e as diferentes interfaces gráficas de usuario dispoñibles.”
Esta actuación deu como resultado o “informe de R-Project como alternativa para SPSS”, estudo comparativo de R enfocado á análise das distintas interfaces gráficas dispoñíbeis en que se centra no seu nivel de madurez como nas prestacións que ofrecen actualmente…
O estudo está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons
