Firefox Wonder Edition é unha versión especial de Firefox construída cuns extras para ter unha navegación rápida e que non consuma moita memoria. Firefox Wonder Edition está baseado na versión portable de Firefox para Windows, inda que é posible executalo con Wine en sistemas GNU/Linux.
Non é necesario mudar a versión actual de Firefox, xa que esta versión permite a execución dende unha unidade USB ou outro soporte, sen necesidade de instalación. A parte de facer un uso máis eficiente de CPU e memoria, ten instalado algúns complementos que melloran o rendemento de Firefox como son Fasterfox, Flashblock e NoScript.
Pódese descargar Firefox Wonder Edition dende aquí.
Fonte: Techdo.com