Mancomún

Amarok 2.0 estará dispoñible tamén en Mac OS e Windows

Amarok 2.0 estará dispoñible tamén en Mac OS e Windows
AmarokAmarok é un reprodutor libre de audio que soporta diversos servizos de internet e interesantes opcións extras para os melómanos. Na súa versión 2.0 funcionará ademais de en GNU/Linux ou FreeBSD noutros sistemas como Mac OS e Ms-Windows de xeito nativo. A versión 1.4.5 acaba de saír con importantes novidades.
 

Entre as opcións máis  interesantes están a posibilidade de ver as letras da canción que estamos a escoitar, permite a consulta da web do artista na Wikipedia, xestiona múltiples listas de reprodución, soporta podcast e indexa coleccións de música en MySQL, PostgreSQL ou SQLite entre outras novidades.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal