Open Pipe axúdate a tocar a gaita ou a frauta

OpenPipe é un proxecto que pretende a creación dun controlador MIDI con apariencia de frauta ou de gaita. Así un músico pode, por exemplo, gardar os eventos xerados durante a súa interpretación para editalos posteriormente ou escoller os sons do instrumento que prefira. Desenvolve este proxecto Santiago Barro, estudiante de Enxeñería Informática, que liberará o código en breve.
 

A páxina do proxecto ten o valor engadido de ser unha valiosa fonte de información sobre MIDI en GNU/Linux e sobre sintetizadores software libre coma TiMidity.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal