Amigus, Asociación Informática de As Pontes, vai realizar diversas actividades de difusión do Software Libre entre diversos institutos da zona de Ferrol e As Pontes desde o día 26 de marzo ata mediados de abril.
Os cursos están orientados a rapaces de 3ª e 4ª da E.S.O. As datas e centros confirmados son os que seguen:
- 26/03/2007 ás 10.30 horas no CPR Nebrija – Pardo Bazán
- 28/03/2007 ás 10.30 horas no IES Moncho Valcarce
- 11/04/2007 ás 11.00 horas no CPI Monte Caxado
- 12/04/2007 ás 11.00 horas no IES Concepción Arenal de Ferrol
Amigus é un dos grupos de usuarios cos que Mancomun.org subscribiu un convenio de colaboración polo que se subvencionan esta e outras actividades de difusión.
