Aperi é un proxecto GPL para a xestión do almacenamento desenvolvido na fundación Eclipse, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a fomentar o Software Libre e da que forman parte empresas como CA, Cisco Systems, IBM ou Novell.
Os obxectivos de Aperi son:
- Dotar á comunidade dun contorno de xestión de almacenamento masivo, GPL, escalable e baseado en estándars.
- Ofrecer aos usuarios máis flexibilidade e opcións á hora de manexar o seu almacenamento.
- Simplificar a infraestrutura que se necesita para xestionar o almacenamento.
Para descargar Aperi preme na seguinte ligazón, onde tamén poderás atopar as instrucións de instalación:
Descarga de Aperi
Podes coñecer máis sobre Aperi premendo na seguinte ligazón de demostración:
Demostración on-line de Aperi