APTonCD, leva o teu repositorio APT onde queiras

http://www.mancomun.org/images/stories/aptoncd-logo.pngAPTonCD é unha ferramenta cunha interface gráfica que permite a creación de un ou varios CDs ou DVDs con todos os paquetes que se descargaron a través de apt-get ou aptitude, téndoos dispoñibles para utilizar noutros computadores.

APTonCD permitirá crear automaticamente un CD/DVD con todos os paquetes localizados dun repositorio específico para poder instalar en contornos nos que non se dispón de conexión á Internet. Unha ferramenta moi útil para o mantemento de aulas de ordenadores.

O software está localizado ao galego grazas a contribución de Manuel Meixide.

Outras características de APTonCD son:

  • Ter unha copia de seguridade dos paquetes descargados (vía apt-get, aptitude e synaptic) para poder restauralos máis tarde.

  • Compartir os teus paquetes con amigos sen conexión a Internet. Tamén é posible enviar un â??meta-paqueteâ? para que eles instalen os mesmos paquetes ca ti.

  • Descargar un repositorio completo ou unha sección específica. Só fai falla seleccionar o apartado desexado (main, restricted, universe, multiverse, contrib, …).

  • Transportar o teu repositorio de paquetes onde ti queiras, para instalalos cando desexes.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal