As mellores aplicacións empresariais libres segundo Infoworld

A semana pasada anunciáronse os gañadores dos premios ás mellores aplicacións de código aberto outorgados pola revista InfoWorld , coñecidos como os “Bossies”.

Estes premios recoñecen ás mellores aplicacións libres de uso empresarial, destinadas tanto a pequenas oficinas como a grandes compañías. Os premios concedidos na categoría de aplicacións empresariais foron parar a: SugarCRM, Openbravo, Liferay Portal, Alfresco, Scalix e Jabber.

  • Mellor CRM : SugarCRM, aplicación axeitada tanto para pequena como mediana empresa, e destaca polo seu cliente de correo electrónico baseado en [[AJAX]], a súa boa integración con Office/Outlook e pola forte comunidade de desenvolvedores e a gran biblioteca de complementos existentes para el.
  • Mellor ERP : Openbravo , aplicación que permite facer unha xestión eficiente das actividades xerais empresariais como adquisición de produtos, xestión de almacén e inventario, produción, contabilidade … Os seus módulos de MRP e ventas/CRM son tamén moi bos así como a súa capacidade para manexar proxectos multifase.
  • Mellor Portal empresarial: Liferay Portal que destaca sobre os seus competidores pola súa usabilidade, funcionalidade e integración. Achega integración con Microsfot Exchange, soporte para PHP e Ruby, para o estándar de calendario iCal, WebDAV compelto e unha biblioteca de máis de 60 portlets. Permite xestionar o inicio de sesión a través de Active Directory, OpenID ou LDAP.
  • Mellor Xestor de contidos: Alfresco é un xestor de contidos completo que abarca xestión de documentos, gravacións e imaxes con capacidade de busca federada. Son excepcionais a súa facilidade de administración e uso.
  • Mellor servidor de correo: Scalix que aínda que non é o que ten máis características (este sería Zimbra), si é o que cumpre co que os empresarios esperan dunha plataforma colaborativa e de correo electrónico. Posúe unha interface Web de administración, unha forte integración con Outlook e Novell Evolution, servidores POP e IMAP, así como un cliente de correo e calendario baseado en Ajax.

O obxectivo principal do Centro de probas de Infoworld é identificar as solucións máis prometedoras e de mellor relación calidade-prezo para as organizacións TIC. Cada día máis, estas solucións veñen da man do Software Libre e por iso naceron os Bossies.

Estes premios dánse aos mellores produtos probados en cada unha das categorías como sistemas operativos, bases de datos, conectividade, comunicacións, almacenamento, seguridade, ferramentas de desenvolvemento, aplicacións empresarias e máis.

Máis información: The Bossies

Fonte: Premios InfoWorld 2007

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal