O público asistente á conferencia que impartiu a conselleira de educación, Eva María Pérez, na Semana de Extremadura en Londres, organizada polo Instituto Cervantes, amosou grande interese porque o modelo educativo estremeño, baseado no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula e o Software Libre, poida ser exportado aos centros educativos do Reino Unido.
Durante a súa intervención, Eva María Pérez, expuxo os pilares fundamentais do sistema educativo estremeño centrándose na aposta tecnolóxica. Destacou igualmente que o éxito do modelo non so radicou na dotación dos centros educativos cun ordenador para cada dous alumnos en Secundaria e un para cada catro en Primaria, senon que a aposta fundamental foi o software libre gnuLinEx…
Ademáis, presentou a plataforma de xestión de centros educativos Rayuela, como punto de encontro de toda a comunidade educativa, que vai permitir unha interconexión dos centros e «unha maior implicación para lograr o gran obxectivo que é conseguir a calidade educativa para todos».
Outro proxecto presentado foi Avanza que, segundo a conselleira, «está permitindo que exista unha nova modalidade de educación a distancia para as persoas adultas, con independencia do lugar de residencia» e grazas ó cal estase cumprindo un dos obxectivos prioritarios da conselleira, como é «ofrecer igualdade de oportunidades a tódolos cidadáns estremeños».
Os visitantes dos actos programados no Instituto Cervantes puideron ver tamén as exposicións sobre «Extremadura al Natural», un programa multimedia que permite un percorrido virtual polos diferentes ecosistemas da rexión e a formación en diversos aspectos e niveis da natureza estremeña.
O portal educativo www.educarex.es, Pinakes (a revista das bibliotecas escolares), MundoLinEz, LinExColegios e as pizarras dixitais coas que desde este curso contan tódolos colexios estremeños, foron outras das ferramentas dadas a coñecer en Londres pola conselleira de educación.