Mancomún

Red Hat Despois de establecer un acordo con Novell para facer compatibles os sistemas operativos Windows e Linux, Microsoft agora propón establecer acordos semellantes con outras empresas.

Red Hat aclarou que non acepta a posibilidade dunha alianza con Microsoft, afirmando que non hai ningunha necesidade de ter unha relación do tipo Microsoft-Novell…

Fonte: http://tek.sapo.pt/4L0/706774.html

cdlibre.org Desde o luns 20 de novembro están dispoñibles en CDlibre tres novos DVDs e nove novos CDs con recompilacións de software libre/gratuíto para Windows, que conteñen 700 programas diferentes.

Engadíronse 31 novos programas, entre outros, o analizador de redes WireShark, as utilidades SIW ou PeaZip e varios xogos como Future Pinball, ColorJunction ou Gravytris.

CDlibre.org está adicado á difusión do software libre/gratuÍto para Windows. Pódese consultar o catálogo de software para descargar os programas individualmente e tamén pódense descargar imaxes ISO en CDs con tódolos programas incluídos.

Fonte: laflecha 

O proxecto “POS_6, Promoviendo Open Software”, quere dar a coñecer os proxectos multimedia e obras de artistas que traballan con novas ferramentas e conceptos na distribución de contidos culturais. Unha reflexión sobre modelos alternativos de xestionar e distribuír estas manifestacións artísticas, favorecendo novas formas de relación entre autor e usuario.
 
POS_6 reunirá a diferentes colectivos, artistas e axentes culturais de diversas disciplinas que traballan con software de código aberto e/ou distribúen  as súas obras por medio de novos mecanismos de intercambio…

POS_6 introducirá aos asistentes ao uso destas tecnoloxías e a experimentar de forma audiovisual o uso das mesmas.

Este ano o evento celebrarase na galería de media-art NIU, dentro do marco ideal que brinda o “Encuentro Nacional de Netlables” que se desenvolverá de forma conxunta a POS6 durante o 1-2-3 de decembro 2006. Durante toda a xornada os asistentes poderán asistir a charlas e presentacións gratuítas de 16 a 20hs. O evento será retransmitido en directo en streaming pola Rede.
Fiadeiro Party é unha reunión anual na que a xente moza de Allariz amante das novas tecnoloxías realizan dende o ano 2001 que se celebrou a I Edición. Como cada vez é máis habitual neste tipo de eventos a party contará cun taller e unha charla sobre Software Libre que acercará aos alaricanos o mundo do GNU/Linux.
 

A Fiadeiro Party terá lugar do día 7 ao 10 de decembro. A inscrición custa 10  euros.
A Fundación Cenatic nace coa intención de impulsar o software baseado en código aberto, libre de patentes comerciais, entre as administracións e as empresas. A Fundación, apoiada polo Ministerio de Industria e a Junta de Extremadura, investirá 2,29 millóns de euros nos próximos tres anos en proxectos de calidade e desenvolvemento de programas de código aberto…
 

A Fundación Centro Nacional de Aplicación das Tecnoloxías da Información e Comunicación (Cenatic) acaba de celebrar a súa primeira reunión da man de Francisco Ros Perán, o secretario de Estado de Telecomunicaciones, que asumiu o cargo de presidente.

Cenatic nace co obxectivo de promover o uso tanto nas administracións como entre as empresas do software de código aberto. A Fundación ten a súa sé en Almendralejo (Badajoz) e constituíuse cun capital inicial de 180.000 euros.

O goberno quere que España sexa unha referencia en todo o mundo na aplicación e desenvolvemento do ‘Software Libre’, e ademais pretende que se cre todo un tecido industrial en torno ás novas tecnoloxías. Os seus plans contemplan un investimento de 2,29 millóns de euros nos próximos tres anos para impulsar a calidade e a creación de software de fontes abertas.
 
Os seus primeiros traballos vanse a centrar en labores de divulgación, o que inclúe a creación dun observatorio especializado e dun banco de coñecemento para seguir a situación dos proxectos relacionados co software de código aberto.
 
No período 2008-2009, Cenatic abrirá un centro de formación e certificación de recursos humanos especializados, que tamén realizará traballos de consultoría técnica e legal para administracións e empresas; e ao mesmo tempo contará cun laboratorio de certificación de produtos, e de compatibilidade con sistemas baseados en fontes abertas.
 
Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.elpais.es  

Acaba de saír á luz unha actualización do Adobe Flash Player 9 para GNU/Linux. Esta versión que tamén segue sendo Beta corrixe moitos erros detectados na primeira versión e que foron reportados polos usuarios.

Moitos dos problemas que tiña a primeira Beta estaban relacionados co son, problemas que tentaron resolver nesta nova versión…

A versión de Flash Player dispoñible para Windows e Mac é a 9.0.28.0, mentres que a de GNU/Linux xa é a 9.0.21.78, máis preto ca nunca das versións para as plataformas privativas.

Para descargar esta nova actualización debes visitar a páxina de descargas de Adobe:

Flash Player Download Center

As notas e características desta versión pódelas atopar na seguinte ligazón: 

Notas da versión  

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpgAs Ciberirmandades da Fala puxeron recentemente no seu TraduCIF, ferramenta de tradución colaborativa baseada no Entrans, a versión 1.5 beta do xestor de contidos Joomla!. A proposta de colaboración chega dende Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Lingüísticos, quenes xa achegan o 40% das cadeas traducidas. Dimensiona e Reverso darán soporte a esta tradución dende o punto de vista técnico e de revisión lingüística.
 

Joomla! foi recentemente elixido mellor CMS en  Software Libre do ano 2006. Animámosvos a que participedes nesta iniciativa.

O Software Libre terá un papel destacado na I Mostra da Innovación de Lugo, evento de promoción das  tecnoloxías da información e da comunicación que terá lugar o día 25 de novembro no Pazo de Feiras e de Congresos da capital lucense.

A empresa SCA Informática no seu relatorio “¿É doada a migración empresarial ao Software Libre?” falará sobre as vantaxes e dificultades de pasarse ao código aberto. Pola súa banda Ilumax ofrecerá un seminario titulado OPENBRAVO, opening ERP´S Future sobre este popular ERP libre.

Ademais Lucux, asociación de Software Libre de Lugo, participará nunha mesa redonda sobre o estado das TIC en Lugo.
http://www.mancomun.org/images/M_images/rss.pngAcabamos de implementar uns novos [[RSS]] nas seccións da “Axenda de eventos” e na de “Subvencións” (dentro do Observatorio). Os RSS ou “Marcadores Vivos” permítennos obter resumos de novas das webs que desexemos, con actualizacións das mesmas dende o noso propio navegador ou usando programas externos como lectores de RSS.
 
Os novos RSS de mancomun.org infórmanche sobre os próximos eventos dispoñibles en Galicia nos próximos 30 días así como das subvencións listadas dende a nosa web.
 
Estes RSS súmanse así aos xa dispoñibles na portada de mancomun.org e que conteñen as novas da nosa web. 

Está dispoñible a nova distribución de GNU/Linux da Universidad de Zaragoza chamada Gluz GNU/Linux.

Esta nova versión de Gluz está orientada a catro ámbitos: Administración, Ciencias, Humanidades e Enxeñerías, así deste xeito calquera alumno da Universidade pode utilizar esta distribución coma ferramenta de traballo.

Esta distribución vén en formato live-CD para ser utilizada sen ter que instalar nada no ordenador aínda que tamén póde ser instalada.

Os requisitos hardware da Gluz v2 son: Pentium II, 256 MB de memoria RAM e 2GB no caso de facer instalación no disco duro.

Máis información: 

 

Esta semana fíxose público que Sun Microsystems libera, baixo a licenza GPL v2, o código fonte da súa máquina virtual. Cada vez son máis as empresas que apostan polo modelo de negocio baseado en Software Libre.

Segundo un estudio da consultora Forrester de setembro feito en 600 grandes empresas estadounidenses e 300 europeas un 39% das empresas consultadas do vello continente utilizan un ou varios sistemas operativos libres e un 35% en Estados Unidos. Un 8% en EUA e un 5% en Europa plantéxanse facelo en breves e só un tercio declárase en contra.

Outra das empresas que segue a traballar a prol do Software Libre é Red Hat que obtén moito beneficio co mantemento dos seus sistemas operativos. O grupo Oracle, pola súa banda, acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución GNU/Linux baseada en Red Hat

As ligazóns seguintes mostran por unha parte o mapa conceptual do Software Libre e por outra banda a evolución das distribucións de GNU/Linux

Mapa conceptual do software libre
Evolución das distribucións GNU/linux

Onte o coordinador do proxecto Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre ofreceu unha charla introdutoria sobre Software Libre orientada a empresarios da  comarca de Compostela.  A  Rede de Cooperación Local dependente da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago organizou este acto que tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre .

O Concello de Santiago repartirá ademais 500 cd con OpenOffice.org 2.0.4 en galego e cun corrector lingüístico incluído entre as empresas de Compostela e a súa área de influenza. Ademais do OpenOffice.org tamén se obsequiou ás empresas co libre de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto.   

A Rede de Cooperación Local é unha iniciativa orientada a fortalecer os vínculos entre o contorno produtivo e os xeradores do coñecemento tecnolóxico, de cara a identificar e impulsar iniciativas conxuntas que potencien o desenvolvemento do sector produtivo da comarca e da cidade en base ó potencial tecnolóxico existente.

O Drupal é un dos CMS ou sistema xestor de contidos máis populares. Nun concurso celebrado recentemente para determinar cal era o mellor CMS de código aberto saíu elixido en segundo lugar despois de Joomla!. Agora acaba de aparecer a versión 4.7 de Drupal en galego.
 

Foi realizada para a web do Proxecto Trisquel por Nacho Casal Quinteiro, o seu coordinador de tradución, baseandose na versión 4.6. O arquivo pode baixarse de http://trisquel.uvigo.es/pub/locales/gl.tar.gz.
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia decidiu outorgar a imaxin|software o galardón á Mellor Aplicación TIC realizada este ano polo tradutor automático de código aberto Opentrad . Esta aplicación foi desenvolvida por varias empresas e universidades de toda España entre elas a Universidade de  VIgo.
O Opentrad permite a tradución bidireccional do castelán ao resto das linguas do estado. O galardón entregarase mañá durante a XI Noite Galega das Telecomunicacións.
Mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre vén de ampliar o seu convenio de colaboración cos grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia a tres asociacións máis. Son a Asociación de Amigos da Informática Amigus das Pontes de García Rodríguez, Inestable de Ordes e Compostela Wireless da capital de Galicia. Con esta ampliación Mancomun.org tenta obter unha maior difusión do código aberto por toda a comunidade.

Sinatura do convenio

Ata esta ampliación estaban dentro do acordo AGNIX, AULUSC, GALPon, GLUG, GPUL e GULO. O convenio procura a realización de actuacións para o fomento, desenvolvemento e implantación do Software Libre en Galicia. Na imaxe os representantes de Inestable e Compostela Wireless durante a sinatura do convenio.

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal