O proxecto
“POS_6, Promoviendo Open Software”, quere dar a coñecer os proxectos multimedia e obras de artistas que traballan con novas ferramentas e conceptos na distribución de contidos culturais. Unha reflexión sobre modelos alternativos de xestionar e distribuír estas manifestacións artísticas, favorecendo novas formas de relación entre autor e usuario.
POS_6 reunirá a diferentes colectivos, artistas e axentes culturais de diversas disciplinas que traballan con software de código aberto e/ou distribúen as súas obras por medio de novos mecanismos de intercambio…
POS_6 introducirá aos asistentes ao uso destas tecnoloxías e a experimentar de forma audiovisual o uso das mesmas.
Este ano o evento celebrarase na galería de media-art NIU, dentro do marco ideal que brinda o “Encuentro Nacional de Netlables” que se desenvolverá de forma conxunta a POS6 durante o 1-2-3 de decembro 2006. Durante toda a xornada os asistentes poderán asistir a charlas e presentacións gratuítas de 16 a 20hs. O evento será retransmitido en directo en streaming pola Rede.