Mancomún

Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao galego na aplicación Entrans. A partir de agora todos os usuarios rexistrados do Entrans de mancomun.org poderán colaborar tamén na tradución do navegador Firefox ao galego.

A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada da tradución ao galego de Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x do Firefox.

Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da tradución da interface do OpenOffice 2.0.4.

Tamén recordar que acabamos de subir a guía de estilo de mancomun.org, e que é necesario ler a guía para manter a coherencia nas traducións que se realicen. 

http://www.mancomun.org/entrans/logo_entrans.png

A empresa Novell, que mantén a distribución de Linux SUSE, anunciou que asinou un acordo con catro fabricantes de ordenadores que incluirán a décima versión do seu sistema “SUSE Linux Enterprise Desktop 10” (SLED 10) xa instalada nalgúns dos seus PC e notebooks…

Segundo parece, estas empresas son a americana R Cubed Technologies e as europeas ETegro Technologies, MAXDATA e Transtec.

Fonte: terra 

Galinux é unha distribución Linux baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:

  • Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.

  • Dous xeitos de empregalo: como Live-CD auténtico (non necesita nin disco duro) ou instalándoo coma un programa máis en Windows XP.
  • Aparencia e organización visual moi próximas a Windows XP e uso do idioma galego en todas as aplicacións posibles.
  • Lixeiro: a pesar de iniciarse coa mesma ou máis rapidez que outros sistemas operativos que necesitan instalación, xestiona ben o hardware de moitos tipos de PC sen drivers adicionais.
  • Pódese iniciar desde o CD ou doutros moitos xeitos: desde discos duros (o instalador para Windows XP só fai unha pseudo-instalación), dispositivos USB, desde MS-DOS ou outros sistemas operativos (usuarios avanzados).
  • Xa que foi deseñado para ser empregado en centros educativos, é moi doado e seguro: non modifica por defecto ningún arquivo ou sistema operativo preinstalado; ademais, na versión instalable ofrece unha opción de inicio que só permite a navegación web e nada máis.
  • Contén moitas aplicacións: navegadores, suites ofimáticas, multimedia, para o ensino e moitas máis. Poderás traballar cos teus documentos de sempre porque moitas delas son compatibles con Microsoft Office, arquivos multimedia de Windows, etc.
  • Configurable: pode escoller os programas e ferramentas por defecto no momento da instalación en Windows XP ou empregalos “en vivo” con só facer clic nun arquivo. Tamén é doado facer que os cambios na configuración e nos documentos sexan permanentes.

Máis información:

http://www.galinux.org

A “Confederación de Empresarios de Ferrol” organiza un curso totalmente gratuíto para dar a coñecer as vantaxes da implementación de Software Libre na empresa.

O curso que se chamará “Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial” constará dun total de 100 horas e terá lugar en Ferrol entre as datas do 2 de novembro ata o 29 de novembro. O proceso de inscrición no curso xa está aberto e o número de prazas son un total de 15, dispoñibles tanto a persoas empregadas como desempregadas…

O programa do curso é o seguinte:

  • Repercusión Social e Económica do Software Libre
  • Oportunidades e vantaxes da implementación de Software libre na empresa:
    • Proxectos empresariais baseados en Software libre
  • Introdución práctica ao sistema operativo GNU/LINUX:
    • Introdución ao sistema operativo GNU/Linux
    • Xestión de ficheiros e procesos
    • Administración e xestión de usuarios e grupos
    • Xestión de software e introdución á xestión de servizos
  • Ferramentas de administración e xestión empresarial:
    • Aplicacións ofimáticas
    • Aplicacións específicas de xestión empresarial: facturalux, linuxkontor, GNUcash
    • Software para o tratamento de imaxes e o deseño gráfico: gimp, gthumb
    • Internet: navegador web, correo electrónico, mensaxería
    • Software multimedia de audio e vídeo
  • Avaliación e alcance da acción formativa
Podes ler a nota completa na fonte orixinal da nova: http://www.ceferrol.com
 
(Curso engadido á axenda de eventos
Do 1 ao 5 novembro poderase disfrutar na Coruña da XIII Arroutada Party , unha grande maratón informático no que os asistentes terán a súa disposición unha rede dun giga. O evento contará cunha sección sobre Linux e Software Libre que contará coa participación de GPUL o que supón un bo xeito de achegar o Software Libre á xente.

No encontro intercambiaranse coñecementos, amosaranse as potencialidades de GNU/Linux aos non iniciados e desenvolveranse unha serie de actividades entre as que cabe salientar os concursos de demos en Linux, de creación de scripts en Script Bash, de batallas de robots co RealTimeBattle e de videoxogos coma BZFlag, Armagetron ou XBomber.

A inscrición vale entre 20 e 30 euros e prevese a participación de máis de 500 persoas.  

http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png
 
 
“Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre” presenta a versión 2.0.4 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux como de MS-Windows.

Queremos agradecer especialmente a todos os usuarios de Mancomun.org que estiveron traducindo a interface do OpenOffice na aplicación Entrans, e contamos con todos vós para colaborar nas vindeiras traducións tanto do OpenOffice coma doutras aplicacións.

 
Para descargar esta nova versión, visita a páxina de descargas do OpenOffice en Mancomun.org

O OpenOffice.org inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como o último corrector ortográfico para o galego.

 
O corrector inclúe máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.

Acabamos de subir á sección de Descargas de mancomun.org unha extensión para o navegador Mozilla [[Firefox]]. A extensión chámase FireFTP e é un cliente [[FTP]] que se integra no navegador e que prové ao navegador dunha interface intuitiva para o acceso a servidores FTP…

A extensión foi traducida ao galego polo usuario de mancomun.org chamado dmunhiz e envióunola usando o servizo de listas de mancomun.org, aínda que tamén podedes contactar connosco para o envío doutras extensións por correo electrónico.

A extensión atópase na sección de Descargas->Software Libre->Productos Mozilla.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/open_university.gifOnte, 25 de outubro lanzouse “OpenLearn: Open University offers free e-learning“. A web de  OpenLearn fará que os seus recursos educativos poidan estar  dispoñibles libremente en Internet, con ferramentas avanzadas de axuda e colaboración tanto para os alumnos como para os educadores…

A maior parte dos cartos do proxecto, que ten un gasto aproximado de 5,65 millóns de libras, proveñen dunha concesión da fundación “William and Flora Hewlett Foundation”.
 
OpenLearn cubrirá un amplo grupo de materias dende o arte e a historia ata a ciencia e a natureza, e dende todos os niveis dos estudantes, tanto iniciados como graduados.
 
Dispoñible para estudantes e educadores de todo o mundo, o proxecto será en particular importante para facer chegar estes recursos aos grupos de xente menos favorecidos.
O día 24 de outubro, o Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica entregou ao Ministerio de Administracións Públicas, o Primeiro Infome.
Neste informe recóllense, entre outras cousas, denuncias relativas á falla de interoperatividade e neutralidade tecnolóxica dos servizos públicos sobre estruturas informáticas.
 

Pódese baixar este informe, nesta ligazón:

Primeiro_Informe.odt (Open Document, 1.7Mb)
Primeiro_Informe.pdf (1.4Mb)

Adxudicáronse 1.600 millóns de euros a través do VI Programa Marco (VIPM) para o Observatorio de Calidade do Software para o Software de fonte aberta (SQO-OSS). O custo total do proxecto estímase nuns 2.470 millóns de euros.
 
SQO-OSS desenvolverá un conxunto de ferramentas de avaliación de software coas que se poderá analizar e comparar a calidade do código fonte e probar a súa idoneidade para o seu despregue empresarial…

Ao axudar aos desenvolvedores de software europeos a mellorar a calidade do seu código e ao aportar unha proba científica da calidade do Software Libre, o consorcio espera aumentar a aceptación do Software Libre a nivel empresarial e apoiar con iso ás pequenas e medianas empresas e aos proxectos que compiten con grandes empresas mundiais.

O proxecto de 2,47 millóns de euros introducirá sistemas métricos innovadores de calidade do software e combinaraos mediante o uso da extracción de datos e a intelixencia artificial para conseguir avaliacións de calidade claras para os usuarios e os desenvolvedores.

 

Podes ler a noticia completa na súa fonte orixinal: www.laflecha.net  

Gromacs GUI é unha interface gráfica para o programa de simulación de dinámica molecular Gromacs. A interface permite a edición visual dos ficheiros MDP, gardar os comandos que máis uses e logo executalos de forma visual.

Está escrita en [[Python]] usando PyQT, por iso para poder usala debes ter instalado no teu sistema Qt e PyQT (versión maior que a 3.0)…

O desenvolvedor da interface espera ter dispoñibles en futuras versións opcións tan interesantes como a visualización de datos e de traxectorias.

Tamén advirte que esta versión é unha beta non exenta de fallos e que espera que a comunidade lle axude a encontralos así como a mellorar a interface.

 

Páxina do autor da interface: http://resal.atspace.com/

Páxina de descarga da interface: http://www.kde-apps.org/

Logo da LSB Developer NetworkO Free Standards Group (FSG) creou a pasada semana a Linux Standard Base Developer Network, un movemento para promover a interoperabilidade das aplicacións xurdidas a través das distintas distribucións Linux e co obxectivo de favorecer o código aberto de sistema operativo. …

A LSB Developer Network , ou LDN, será unha comunidade de recursos de xeito similar á Microsoft Developers Network (MSDN).
“Microsoft fixo un gran traballo coa Microsoft Developer Network; apuntamos facer igual para a Linux Standard Base,” dixo Ian Murdock, quen fundou o proxecto Debian Linux.
A LDN centrarase en proporcionar unhas directrices aos programadores para escribir código conforme ao Linux Standards Base – que son un conxunto de parámetros, especificacións e demais requisitos para facer aplicacións que corran en sistemas Linux seguindo o estilo do FSG.
A LDN terá contidos especialmente seleccionados de código aberto publicados por O’Reilly e Pearson Technology Group. Tamén estarán dispoñibles “online” outras ferramentas para proporcionar exemplos, titoriais e demais información. Respaldando esta iniciativa están compañías coma HP, IBM, Intel, Novell, Red Hat, Red Flag e outros vendedores de TIC e compañías de distribución de Linux.
 
Fonte: Networkworld
NVPerfKit é unha suite de ferramentas de rendemento para axudar a depurar e mapear aplicacións que usen OpenGL e Direct3D. Proporciona acceso a contadores de rendemento de baixo nivel dentro do driver e contadores de hardware de dentro da propia GPU (Unidade de Procesamento Gráfico). Os contadores poden ser usados para determinar exactamente como a súa aplicación está usando a GPU, identificar problemas de rendemento e confirmar que problemas se resolveron correctamente.

Fonte: osnews

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.png A Fundación [[Mozilla]] pon ao dispor dos usuarios, dende hoxe na súa web, a versión final do navegador Firefox 2.0. Esta versión chega apenas seis dias despois da versión RC3, a última  co  selo de candidata a lanzamento.

O Firefox 2.0 trae algúns recursos interesantes, como corrección ortográfica no cadro de texto e soporte a suxerencias no cadro de busca. Mesmo coa segunda versión do navegador recén lanzada, a Fundación Mozilla xa traballa no Firefox 3.0, nun wiki de desenvolvemento

Para baixalo, podes usar o FTP de RedIris e descargar as distintas versións do Firefox 2.0 (Windows, Linux e outras).
 
Tamén si queredes unirvos á celebración, vanse facer numerosas festas por todo o mundo para celebrar a saída da nova versión. Podédes consultar a máis cercana dende a seguinte ligazón:
 
http://www.firefoxparty.com/parties/
 
Destacar que polo de agora só hai unha party en toda Galiza e que realiza a xente da “Asociación informática de As Pontes”  (http://www.amigus.org/) e que terá lugar o 28 de outubro de 16.00 a 18.00.

 Durante os días 30 e 31 de outubro, GULO organiza as I Xornadas de Introdución ao Software Libre. As Xornadas son totalmente de introdución e destinadas á xente que quere iniciarse no mundo de GNU/Linux e no Software Libre.

Estas xornadas realizaranse no Salón de Actos do Edificio Politécnico da Universidad de Vigo (Campus Ourense). A asistencia é totalmente GRATUÍTA.

As charlas distribuiranse en dous turnos, para así conseguires unha difusión máis ampla chegando a un maior número de persoas.

As charlas son:

  • INSTALL PARTY: Realizarase unha instalación de Ubuntu GNU/Linux. Toda a xente que o desexe pode traer o seu portatil e se botaráselle unha man no proceso de instalación. Ademais vanse regalar CDs de Ubuntu GNU/Linux aos primeiros 25 inscritos en cada turno.
  • ¿Que é GULO?: Onde se explicará que facemos no noso LUG.
  • “O que fago en Windows, fagoo en GNU/Linux”: Ensinando como se poden facer o mesmo en ambos sistemas operativos a nivel de usuario.
  • Visionado do documental “Código Linux“.

    xornadasIntro2

Fonte: gulo.org

A área de e-learning e de Software Libre do Centro de Supercomputación de Galicia, coordinan o grupo de traballo D-5 (e-learning e Software Libre) do III Congreso Online do Observatorio para a Cibersociedade . Os interesados en presentar comunicacións teñen de prazo ata o 30 de outubro. Para máis información consultade a páxina oficial do congreso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal