Mancomún
Durante unha reunión do goberno local de Welsh, os mandatarios da cidade decidiron apostar por implantar unha solución en Software Libre para o correo electrónico nos seus colexios. Desta maneira, unha cantidade próxima ás 40.000 persoas (entre mestres e alumnos) usarán Software Libre na súa comunicación vía e-mail…

A medida afectará a 15 escolas secundarias e 125 primarias, e a empresa encargada de prover de e-mail e correo electrónico a todas elas será Sirius Corporation.

Sirius Corporation terá que construír un sistema que terá que prover de correo electrónico a todos os estudantes e mestres de Carmarthenshire (uns 40.000 aproximadamente). Inicialmente, só entre 3.000 e 5.000 mestres terán acceso ás súas contas de correo, mentres a maioría do proxecto se completará a finais de outubro.

A empresa Sirius usará un servidor baseado en [[Debian]] GNU/Linux para crear e manexar as novas contas de correo, e ademais implementarán unha solución consistente na modificación doutras aplicacións tamén baseadas en Software Libre, incluíndo GOsa (ferramenta de manexo de contas de correo) e Squirrelmail (un cliente de correo en Software Libre).

Dende o concello tamén consideraron o software propietario; mais tiveron que descartalo, basicamente polo custe.

“O software propietario viña a ser significativamente moito máis caro, sobre todo polas licenzas. Claramente, o prezo das licenzas por usuario serían prohibitivas”.

Podes ler máis sobre esta noticia na fonte orixinal: news.zdnet.co.uk 

Cada vez son máis as distros que aparecen no mercado, pero son poucas as que poden lanzar actualización con bastante periodicidade. Estas son as que realmente se utilizan e as que serven de base para todas as demais, salvo raras excepcións.

O que se pretende amosar é o estado no que están algunha delas e as súas actualizacións na actualidade e os seus cambios máis significativos. Entre elas imos analizar as novidades de: Ubuntu, Mandriva, Slackware, Debian e Gentoo.


Ubuntu 6.10 Alpha2
Baseada en Debian GNU/Linux, concentra os seus obxetivos na usabilidade, nos seus releases regulares e na facilidade na instalación no disco duro.

As principais melloras de esta 6.10 Alpha2 son a actualización a X.Org edición 7.1. En Ubuntu, GNU Object Model Environment foi actualizado a 2.16.0 Release Candidate 1 e na parte de Kubuntu o foi actualizado a 3.5.4 do KDE.

O changelog dos cambios está en: http://www.ubuntu.com/testing/knot2
Os cambios da versión de Kubuntu están en: http://wiki.kubuntu.org/EdgyEft/Knot2/Kubuntu

 

Mandriva GNU+Linux 2007 Beta3
Mandriva está baseada no sistema de paquetes rpm e está a facer unha seria competencia entre todas as distribucións.

As súas principais aportacións neste novo lanzamento son:

  • Discovery/Lx: permite facer doada a migración de MS Windows a GNU/Linux.
  • Powerpack: Deseñado para usos intensivos de aplicacións multimedia, oficina e Internet.
  • Novo soporte para escritorio 3D (con AIGLX e Xgl).
  • Novo Kernel 2.6.17 baseado en 2.6.17.8 e ALSA 1.0.12 rc2)
  • K Desktop Environment -KDE- 3.5.4.
  • Nova utilidade de configuración VPN (drakvpn).
  • E moitos cambios máis.

Máis información.

 

Slackware GNU+Linux 11.0 RC4

Outra das distros importantes no panorama GNU/Linux é a Slackware GNU/Linux na súa nova versión 11.0-RC4. Slackware é moi utilizado en servidores WEB.

Os cambios desta nova versión son:

  • Unha gran cantidade de paquetes de software foron renovados, entre o que destaca o máis importante, a actualización do kernel Linux a 2.4.33.3, MySQL a 5.0.24a e Samba a 3.0.23c.
  • O nivel de log de udev foi renovado dende “crit” a “err”.
  • k3b agora escribe en /dev/writer.

Máis información.


Debian GNU/Linux 3.1r3

Considerada por moita xente da comunidade GNU/Linux a mellor distribución pola súa seriedade, fortaleza e seguridade.

A descrición deste lanzamento está en mancomun.org.

 

Gentoo GNU/Linux 2006.1

Como para gustos hai cores, existe unha distribución que se escapa de todo o convencional. Gentoo GNU/Linux é unha distribución diferente que funciona unha vez que todo o sistema está compilado na computadora na que se está a traballar.

A descrición deste lanzamento está en mancomun.org.

 

NetBSD 3.1 RC2

NetBSD é outra das distros que está collendo forza dentro da comunidade pero que aínda non conta con moitos usuarios. É moi utilizada en servidores xa que provén da familia BSD pero que aínda non está moi adaptada para entornos de usuario.

Os seus cambios máis importantes son:

  •  Actualización na implementación do protocolo PPPoE/ISDN/PPP .
  • Actualización para entornos spac e spac64.
  • Corrixidas vulnerabilidades de DoS en sendmail.
  • E moitas máis.

Máis información.

 

Pero como non é todo ouro o que reluce, a Free Software Fundation proporcionou unha lista das distribución que son 100% Software

Libre. Nesta lista non atopamos ningunha das anteriores.

Esta lista pódese consultar aquí .

Acaba de saír publicada a lista dos finalistas ao premio ao mellor CMS baseado en Software Libre,  concedido pola empresa Packt.

A lista dos nominados é a seguinte (en orde alfabética):

Os resultados foron moi axustados, con moi poucos votos separando aos finalistas. Agora estes cinco finalistas pasarán a outra fase de votación, da cal sairá un gañador o 14 de novembro.

Un grupo de xuíces independentes e os votos sacados dos visitantes de www.PacktPub.com decidirán quen será o eventual gañador. A votación comezará o 12 de setembro.

Liña de tempo do premio: www.PacktPub.com/award_timeline

A Fundación Mellon publicou os resultados dun estudo realizado nos Estados Unidos sobre o uso do Software Libre nas institucións académicas. O informe final deste estudo fai unha análise moi interesante da que se poden sacar conclusións extrapolables ao entorno europeo e nacional.

URL do estudo: http://www.ithaka.org/strategic/ooss.htm

URL do Informe: http://www.ithaka.org/strategic-services/oss/OOSS_Report_FINAL.pdf

Como se pode ler na páxina web onde se publica este informe, o obxectivo é avaliar o panorama e a contorna de mercado do Open Source creado para fins educativos, asegurar a necesidade de organización e a consolidación de proxectos de Open Source, e definir os servizos e obxetivos destas organizacións.

Ross Anderson, autor do libro “Security Engineering”, acaba de chegar a un acordo coa editorial Adisson Wiley para publicar online de forma gratuita o contido completo do seu libro. …

Calificado por algúns como un dos mellores libros en seguridade informática, úsase como libro de texto en moitos cursos universitarios.

A idea de Anderson xa foi levada á práctica antes polo seu amigo David MacKay co seu libro online “Information Theory, Inference, and Learning Algorithms”

 Fonte: DiarioLinux

Debian[[Debian]] GNU/Linux 3.1r3 é unha actualización da edición estable de Debian, un dos sistemas máis fiables do planeta, sendo o seu software testeado durante moitos meses pola comunidade de desenvolvedores e usuarios de Debian.

Esta actualización engade sobre todo renovacións de protección á edición estable, coma por exemplo corrección de erros á librería glibc , grub, [[Perl]] e outros programas. Ademais, o instalador de Debian e moitos paquetes básicos tamén foron renovados…

Para saber máis ao respecto, o anuncio oficial atópase en:
http://www.debian.org/News/2006/20060901

Acaba de saír a versión 2.1 de FacturaLUX que nesta ocasión trae varias melloras importantes e novas capacidades. Destaca o soporte completo para impresoras ESC/POS utilizadas habitualmente en terminais de punto de venda e un novo sistema desenvolto por un colaborador para crear asentos predefinidos en contabilidade de forma amigable.

Por outra banda, a cantidade de extensións dispoñibles aumentou considerablemente, froito das numerosas suxestións que os usuarios e clientes fixeron chegar aos desenvolvedores do produto…

Tamén se realizaron varias optimizacións no acceso á base de datos e á xestión de memoria que entre outras cousas facilitan que se poida dispoñer en breve dunha versión encaixada de FacturaLUX para NOKIA 770 Internet Tablet, e a medio prazo para outros dispositivos móbiles.
 
A continuación a lista de cambios: 
Melloras nos módulos 2.1:

* Secuencias de documentos separadas en rexistros da nova táboa secuencias
* Corrixido un bug na xeración de remesas: verifícase a existencia de conta bancaria e, no seu caso, de subconta contable
* Corrixido un bug no cálculo dos díxitos de control na conta bancaria dun recibo
* Deseño de asentos predefinidos desde o interfaz de usuario
* Corrixidos algúns bugs e optimizados os balances de financeira
* Novos campos de sitio web en cliente e provedor
* Posibilidade de incluír ou non os asentos de pechadura nos balances de contabilidade
* Incluídos datos de baixa de clientes e control para non emitir documentos de facturación asociados a clientes de baixa
* Nova funcionalidade de transferencia de material entre almacéns no módulo de Almacén
* Solucionado bug #1458298

Melloras na Aplicación base 2.1:

* Nova funcionalidade en FLFieldDB para poder asignar atallos de teclado controlados mediante os scripts
* Incluída mellora en FLSqlCursor para manexar conxuntos de rexistros xerados dunha consulta. Ata agora só podía manexar unha táboa.
* Mellora para que nos campos tipo data só se estableza a data actual automaticamente se o campo non admite nulos
* Solucionado erro en campos numéricos que admiten nulos que impedía diferenciar entre o valor NULL e o valor 0
* Solucionado erro de violación de segmento ao comprobar propiedade checkIn en FLSqlCursor
* Mellora na velocidade en clases FLTableDB e FLDataTable
* Creación automática dalgúns índices no driver MySQL.
* Mellora no driver MySQL para tratamento de secuencias en campos tipo Serial.
* Incluída funcion de exportar a CSV no visor de informes.
* Incluída función de Zoom no visor de informes.
* Novo método FLReportViewer::reportPrinted() para poder determinar se realmente imprimiuse un informe.
* Actualizado Qt da versión 3.3.5 á 3.3.6
* Incluída a posibilidade de elixir programa de impresión alternativo a lpr en nix. *
* Actualizado QSA da versión 1.1.3 á 1.1.4
* Navegacion mellorada de rexistros desde formularios de edición. Mellorado “aceptar e continuar”. Soluciona bug #1456792
* Incluída posibilidade de acceder desde scripts a impresoras do tipo ESC/POS
* Novo método FLReporViewer::setPrinterName para establecer o nome de impresora para poder imprimir directamente sen mostrar o diálogo de impresión, accesible desde scripts
* Novo método FLReporViewer::setPrintToPos para indicar que se imprima en formato ESC/POS, accesible desde scripts.
* Soporte para impresoras de tickets do tipo ESC/POS para TPV
* Incluída posibilidade de establecer filtros de compoñentes FLTableDB desde scripts
* Aplicado parche que soluciona bug #1442724

 

Fonte: http://www.facturalux.org/  

O Premio Chris Nicol de Software Libre, de APC, é un recoñecemento ás iniciativas que axudan á xente común a empezar a usar o Software Libre. Este premio está dirixido a individuos ou grupos dedicados a facer do Software Libre unha ferramenta accesible para calquera persoa que use unha computadora.
 
O premio consiste en 4.000$ que poden dividirse entre dúas iniciativas como máximo, segundo o criterio do xurado…

No premio están buscando iniciativas que:

  • melloran o acceso, o coñecemento ou a usabilidade do Software Libre
  • están orientadas ao usuario
  • están debidamente documentadas, de modo que outras persoas poidan aprender dese modelo e replicalo
  • se pode demostrar o seu impacto pois xeraron un incremento no número de persoas que utilizan Software Libre nas súas actividades diarias

O premio está aberto para:

Os proxectos que apoian ou promoven un Software Libre orientado ao usuario. Pode presentarse calquera organización, grupo ou individuo de calquera parte do mundo. O formulario de aplicación debe enviarse en inglés ou en español, pero iso non implica ningunha restrición en canto á lingua orixinal do proxecto.

É necesario cumprimentar o formulario en liña para presentar candidaturas ao Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007.

O prazo para presentar iniciativas vence o 30 de marzo de 2007.

 

Fonte: http://www.apc.org  

A OpenDocument Fellowship vén de convocar un concurso co fin de obter unha ferramenta para converter documentos HTML+CSS en ODT.

A selección do proxecto gañador farase segundo criterios de calidade da mesma. O premio para o gañador será de $11500 USD

Concretamente o proxecto deberá incluír unha ferramenta para converter XHTML 1.0 en ODT, outra para transformar CSS2 en estilos ODF e finalmente unha ferramenta para a liña de comandos de GNU/Linux que converta HTML 4.0 + CSS2 en ODT. A licenza do código deberá ser Apache 2.0 ou  LGPL.

As propostas de proxectos deberán enviarse antes do 13 de setembro ao e-mail  projects@opendocumentfellowship.org. E a data de remate do mesmo terá que ser antes do 30 de novembro.

Máis información. OpenDocument Fellowship

Outros proxectos abertos pola OpenDocument Feelowship 

 

A comunidade encargada de facer posible o proxecto Gentoo GNU/Linux, unha das distribucións que empeza a medrar con forza, anunciou o lanzamento de Gentoo GNU/Linux 2006.1.

Aínda que este é o segundo lanzamento destra distro no que vai de ano, esta nova Gentoo GNU/Linux ten moitas melloras entre as que se destacan: flexibilidade, portabilidade e un maior soporte de plataformas.

Estas novas plataformas son: AMD64, HPPA, x86, 32- e 64-bit PowerPC, incluíndo o compilador GCC 4.1.

Nova completa e fonte na nota de prensa de Gentoo. 

Google vén de liberar unha aplicación de Recoñecemento Óptico de Caracteres ([[OCR]]). Esta aplicación fora desenvolvida por HP entre 1985 e 1995 e foi retomada hai un tempo por Google que a actualizou e corrixiu algúns erros. A aplicación chámase Tesseract OCR e está dispoñible en SourceForge. …

En canto ás súas características, no anuncio de Google din que, polo momento, só soporta o idioma inglés e aínda non inclúe análisis do esquema da páxina, polo que non funciona demasiado ben con páxinas multicolumna. Tampouco reacciona ben con documentos en escala de grises ou en cor. Afirman que non é tan preciso como os mellores OCR comerciais, pero que dos OCR libres é o máis preciso.

Dende Google agradecen á xente de HP e aos desenvolvedores do Tesseract o ter feito posible a liberación deste software. 

No propio anuncio tamén din que buscan enxeñeiros especialistas en software OCR

Fonte: Google Code Blog

O fundador da enciclopedia libre de Internet (Wikipedia), Jimmy Wales, bloqueada en China dende outubro, anunciou que non se someterá á censura como o fixeron outras Webs extranxeiras, en alusión a páxinas como Yahoo e Google.

A súa desaparición en China obriga aos usuarios a consultar “clons” chinos,  como a enciclopedia ofrecida polo portal Baidu, que só inclúen as versións oficiais dos asuntos controvertidos…

Wales declarou non estar disposto a sacrificar a súa independencia ou a impedir que os cibernautas poidan modificar os artículos ofrecidos na súa Web, técnica pola que se distingue esta enciclopedia virtual. “Para nós non resulta admisible facer todo o que sería necesario para que o goberno chino autorice cada unha das edicións que se publican” engadiu.

A versión en chino da Wikipedia é unha das máis grandes do mundo por detrás da  versión orixinal en inglés, e conta con máis de 85.000 artículos, 2,7 millóns de páxinas web e 15.000 imaxes. Máis da metade das edicións dos seus artículos foron realizadas por apenas 80 voluntarios, segundo Wales.

Fonte:vnunet

opensso Sun acaba de publicar baixo licenza aberta o código fonte dun sistema de xestión da identidade. O produto, chamado OpenSSO (Open Web Single Sign-On), é unha suite de ferramentas sobre as que as empresas poden construír unha infraestrutura de autenticación unificada e xestión de sesións, de tal forma que sexa posible enlazar aplicacións web e aplicacións Java na xestión de logins únicos…

OpenSSO está baseado no sistema propietario de Sun, Java System Access Manager 7.0, e distribúese baixo licenza CDDL (Common Development and Distribution License). CDDL está aprobada por OSI, pero non é compatible coa GPL.

Fonte: NewsForge.

O Software Libre está presente na maioría dos [[Data Center]] empresariais, polo que non sorprende atopar un ranking de 10 compañías de Software Libre e tamén dos seus proxectos, orientados todos eles como solucións ofimáticas para empresas…

O software desenvolto pola comunidade está ofrecendo alternativas para todo tipo de aplicacións, dende bases de datos ata servidores de aplicacións, pasando tamén pola administración e configuración de redes ante calquera tipo de incidencias; pero ás veces é difícil saber cal se axusta mellor ás necesidades da empresa. Por iso, no artigo “Open Source companies to watch ” podemos atopar a lista de empresas máis punteiras no Software Libre, que proxectos están desenvolvendo e información interesante que pode ser descoñecida para a maioría dos usuarios e empresas.

 

Fonte da nova: http://www.networkworld.com  

En Zaragoza e durante o período que abrangue dende o 29 de septembro ao 1 de outubro terá lugar o “III Encontro de Desenvolvedores de GNOME”. O sitio da reunión e talleres será o local de Hispalinux e o encontro contará coa colaboración do Concello de Zaragoza…

Para máis información do evento contan cun wiki que irá perfilando o programa conforme se vaian confirmando os actos, así como os seus relatores.
 
Proximamente dende o wiki estarán dispoñibles os seguintes recursos:
Este evento pasa a estar dispoñible tamén a través da axenda de eventos de mancomun.org  

Kerala, o estado máis culto da India, acaba de poñer en marcha un plan de migración para implantar o Software Libre nos seus centros de secundaria en tres anos. “A visita do gurú do Software Libre Richard Stallman a semana pasada fíxonos decatarnos da necesidade de desfacernos do software propietario“, explicou o responsable de Educación dese estado, MA Baby, quen engadiu: “Stallman inspira a transición de Kerala cara ao Software Libre na liña do excitante modelo seguido nunha provincia española, que fixo o mesmo”.

Esta medida afectará aos nenos dos 12.500 institutos do estado de Kerala.

O goberno indio tomou a decisión, no ano 2004, de impulsar a implantación de sistemas informáticos gratuitos, aínda que deixou aos mestres a opción de escoller se querían ensinar co sistema operativo de Microsoft ou co de GNU/Linux.

Máis información.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal