Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007

O Premio Chris Nicol de Software Libre, de APC, é un recoñecemento ás iniciativas que axudan á xente común a empezar a usar o Software Libre. Este premio está dirixido a individuos ou grupos dedicados a facer do Software Libre unha ferramenta accesible para calquera persoa que use unha computadora.
 
O premio consiste en 4.000$ que poden dividirse entre dúas iniciativas como máximo, segundo o criterio do xurado…

No premio están buscando iniciativas que:

  • melloran o acceso, o coñecemento ou a usabilidade do Software Libre
  • están orientadas ao usuario
  • están debidamente documentadas, de modo que outras persoas poidan aprender dese modelo e replicalo
  • se pode demostrar o seu impacto pois xeraron un incremento no número de persoas que utilizan Software Libre nas súas actividades diarias

O premio está aberto para:

Os proxectos que apoian ou promoven un Software Libre orientado ao usuario. Pode presentarse calquera organización, grupo ou individuo de calquera parte do mundo. O formulario de aplicación debe enviarse en inglés ou en español, pero iso non implica ningunha restrición en canto á lingua orixinal do proxecto.

É necesario cumprimentar o formulario en liña para presentar candidaturas ao Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007.

O prazo para presentar iniciativas vence o 30 de marzo de 2007.

 

Fonte: http://www.apc.org  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal