Mancomún
Finalmente, Microsoft cedeu á presión de varios grupos, incluíndo algúns gobernos, entre os que se atopa o propio Goberno dos Estados Unidos, e vén de anunciar que ofrecerán un novo software de código aberto, que permitirá que as aplicacións da súa suite ofimática ‘MS Office’ poidan traballar con documentos elaborados co formato OpenDocument.

O ‘OpenDocument’ é un formato estándar, ISO 26300, de arquivos de ofimática para o almacenamento de documentos tales como textos (.ODT), follas de cálculo (.ODS), gráficos (.ODG) e presentacións (.ODP).

Microsoft vai desenvolver ferramentas para a conversión dos seus novos formatos ‘Open XML’ a ‘OpenDocument’ de xeito que as súas aplicacións poidan manexar documentos xerados con programas ofimáticos rivais baseados no devandito estándar. Estas ferramentas serán desenvolvidas coa axuda das compañías ‘Clever Age’ de Francia, ‘Aztecsoft’ de India e ‘Dialogika’ de Alemania.

A ferramenta para “converter” os arquivos a ODF (Open Document Format) denominarase ‘Open XML Translator’, desenvolverase baixo licenza BSD e xa conta coa súa páxina en SourceForge.net. Agárdase que a versión para ‘Word’ estea dispoñible a finais deste ano e as de Excel e PowerPoint no 2007.

Fonte: CDT Internet 

A Xestión de Dereitos Dixitais, Digital Rigths Management (DRM), refírese a un conxunto de tecnoloxías encamiñadas a exercer restricións no acceso á información dixital, como software, música, películas, etc.

Coincidindo coa campaña Defective By Design promovida pola Free Software Foundation en defensa das liberdades dixitais, o articulista da revista Linux Journal,

Fonte.- Linux Journal

A Open Source Geospatial Foundation (OSGeo) anunciou a semana pasada que Mapbender, un portal baseado no software de desenvolvemento e mantemento de geodatos e baseado nos estándares da Open Geospatial Consortium (OGC), sexa o primeiro produto oficial soportado por OSGeo.
Mapbender é unha plataforma cliente-servidor usando os servizos de mapas Web. Está desenvolvido en PHP e JavaScript.
 
Fonte: geospatial-online.com  

A vicelehendakari Idoia Zenarruzabeitia aposta polo sistema operativo GNU/Linux para impulsar a administración electrónica. O Departamento de Facenda e Administración Pública que dirixe puxo en marcha o proxecto de e-Administración, que se desenvolverá sobre Software Libre.

 
Con este fin, o Executivo adquiriu 22 equipos informáticos nos que se instalou o sistema operativo GNU/Linux e o servidor Web Apache. Esta solución “implica o traspaso paulatino da infraestrutura actual de servidores Web, baseada en software propietario á nova infraestrutura implantada con software libre”.
 
Existen ademais outras iniciativas no ámbito da comunidade autónoma. Entre elas atópase a plataforma e-learning da Viceconsellería de Formación e a infraestrutura de servidores para o Servizo da Axencia Vasca de Meteoroloxía. O Executivo autonómico tamén organizou, dentro do Plan Euskadi na Sociedade da Información, distintos cursos e xornadas para empresas sobre Linux.
 
Fonte.- Gobiernoelectronico.org  

No mes de xullo presentouse o informe de investigación “O software libre en Catalunya e en España” realizado pola UOC (Universitat Oberta de Catalunya) que trata de dar unha versión global sobre o uso do Software Libre na administración, no ámbito empresarial e no tecido asociativo.

Este informe, escrito en castelán, está dispoñible na páxina web: portal.uoc 

O Observatorio galego de Software Libre acaba de publicar o resumo sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre, correspondente ao período maio-xullo, feito pola Universidade de Santiago. Este informe é froito do traballo desenvolvido  dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicado en maio.
 
O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.

Logo KDEAcaba de saír a última revisión de KDE na que se introduciron algunhas melloras aparte das habituais correccións de  erros. 

Xa están dispoñibles paquetes para as distribucións ArkLinux, Fedora, Kubuntu, Pardus Linux, SuSE Linux, Slamd64 e Debian.

Pódense destacar as melloras no soporte de CSS3 en KHTML, soporte para WEP en Knetworkconf, poder ver a información do CD-ROM no panel de control ou as melloras en velocidade de Konsole.

Más información en KDE News e no anuncio oficial.

As primeiras empresas que xurdiron ao redor do Software Libre, como LinuxCare, TurboLinux ou incluso Red Hat, baseaban o seu modelo de negocio nos servizos. Actualmente, moitas empresas están a empregar un sistema de licenzas dual no seu software creando así dúas vías de entrada de ingresos: unha delas baseada en servizos, como “antigamente”,  e outra a través de licenzas comerciais tradicionais para produtos que están baseados na versión libre.

 
A revista Linux Journal ofrécenos unha interesante columna titulada “Does dual licensing threaten free software?” (As licenzas duais ameazan ao Software Libre?), na que se explican as implicacións que poden ter as licenzas duais de software, que usan empresas tan importantes como mySQL , ou SugarCRM.

Openbravo é un sistema de xestión empresarial integrado (tamén coñecido como ERP) en software libre e baseado en web, enfocado a empresas de mediano e pequeno tamaño (pemes).

O equipo de desenvolvemento de Openbravo encóntrase xa na fase final de probas preparatorias para o lanzamento de Openbravo 2.11 para PostgreSQL, unha recoñecida base de datos relacional en código aberto. Esta nova capacidade espérase que estea dispoñible para principios de agosto de 2006.

Tras numerosas peticións por parte da comunidade para dotar a Openbravo de soporte a unha base de datos en código aberto, a xente de Openbravo decidiu incluíla.

Coa recén engadida capacidade, os usuarios que busquen un ERP con tódolos compoñentes en código aberto poderán encontralo en Openbravo.

Ademais, estarán presentes na LinuxWorld de San Francisco, a feira máis importante dedicada ao Open Source, onde presentarán Openbravo aos medios de comunicación e posibles socios.

Dende que foi lanzado, Openbravo foi descargado máis de 10.000 veces, convertíndoo no terceiro programa en actividade na categoría ERP de SourceForge e chegando ao top 100 dunha lista global na que hai máis de 200.000 proxectos (ver estatísticas de SourceForge).

O formato OpenDocument  (ODF) continúa obtendo apoios de gobernos locais e nacionais. A Alianza ODF ven de anunciar que ten máis  de 280 membros, entre organizacións, gobernos e compañías.

Un dos últimos adeptos é Malasia, onde se acaba de aprobar que o seu sector público comece a usar o formato ODF desde finais deste ano.

Outro exemplo é o concello da cidade inglesa de Bristol que tamén se uniu á alianza co obxectivo de simplificar o proceso de compartición da información.
 
Fonte: www.prnewswire.com  

Boeing acaba de firmar un acordo coa compañía Wind River Systems para introducir o sistema operativo GNU/Linux no seu novo avión militar, así como outros produtos creados baixo código aberto.

A distribución Wind River encargarase da vixilancia e doutro tipo de tarefas informáticas no novo avión P-8A Multi-Mission Maritime…

No entanto, a compañía informou que GNU/Linux non será empregado como sistema de navegación ou para os sistemas de control do avión.
 

Fonte: laflecha

CompostelaWireless anuncia que motivados pola aceptación do público do Festigal os pasados 24 e 25 de este mes, adicará as próximas 4 edicións do Obradoiro Aberto á instalación e uso do OpenOffice.org e da distribución do sistema GNU/Linux Ubuntu.

Os obradoiros terán lugar os días 1, 8, 15 e 22 de Agosto, de 19:00 a 21:00. A entrada é libre e pódese acudir calquera día en calquera momento e durante o tempo que se precise para resolver as dúbidas e recibir axuda na instalación e uso do software mencionado.

Quen queira un CD da última versión de Ubuntu (Dapper 6.06 LTS) ou do OpenOffice.org traducido ao galego poderá levar unha copia se se achegan polo obradoiro.

Fonte: CompostelaWireless  

O grupo de usuarios Ciberirmandade da Fala acaba de facer un chamamento para convidar a participar nas traducións de software, así como para involucrar a persoas cun dominio aceptable de inglés que validen as traducións dos demais. Se queres colaborar podes visitar os seus foros:
http://www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?t=1198

 
Entre outros proxectos están a traducir o phpBB3 (http://www.ciberirmandade.org/traduCIF/main.php), unha ferramenta libre para a creación de foros.
 
Podedes usar o corpus lingüístico xerado a partir do traballo de localización do OpenOffice.org ao galego, para gardar unha coherencia na localización de novo software. É importante salientar que toda a terminoloxía ofimática deste corpus foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza.

Xa se coñecen cales serán os premios para os gañadores do I Concurso universitario de Software Libre. Serán catro premios de 1000 euros para os proxectos gañadores en cada unha das 4 categorías e catro premios de 400 euros para os finalistas.

En xuño xa saíran as bases deste primeiro concurso, co que se pretende fomentar a creación de proxectos  Software Libre entre os estudantes universitarios.

Polo momento só está aberta a fase de inscrición de patrocinadores do concurso entre os que se atopan a Junta de Andalucía, a Junta de Extremadura, Fidetia e Islanda, polo de agora.

A partir do 1 de setembro ábrese o prazo para a inscrición de concursantes. As novas bases pódense consultar na web do concurso.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal