Próximo lanzamento de OpenBravo para PostgreSQL

Openbravo é un sistema de xestión empresarial integrado (tamén coñecido como ERP) en software libre e baseado en web, enfocado a empresas de mediano e pequeno tamaño (pemes).

O equipo de desenvolvemento de Openbravo encóntrase xa na fase final de probas preparatorias para o lanzamento de Openbravo 2.11 para PostgreSQL, unha recoñecida base de datos relacional en código aberto. Esta nova capacidade espérase que estea dispoñible para principios de agosto de 2006.

Tras numerosas peticións por parte da comunidade para dotar a Openbravo de soporte a unha base de datos en código aberto, a xente de Openbravo decidiu incluíla.

Coa recén engadida capacidade, os usuarios que busquen un ERP con tódolos compoñentes en código aberto poderán encontralo en Openbravo.

Ademais, estarán presentes na LinuxWorld de San Francisco, a feira máis importante dedicada ao Open Source, onde presentarán Openbravo aos medios de comunicación e posibles socios.

Dende que foi lanzado, Openbravo foi descargado máis de 10.000 veces, convertíndoo no terceiro programa en actividade na categoría ERP de SourceForge e chegando ao top 100 dunha lista global na que hai máis de 200.000 proxectos (ver estatísticas de SourceForge).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal