Mancomún

O “Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ” porá en marcha o “Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y Comunicación basadas en fuentes abiertas” (CENATIC).

O CENATIC terá a súa sede en Almendralejo, e ten como obxectivo o de promover o coñecemento das tecnoloxías baseadas en Software Libre…

O CENATIC desenvolverá proxectos innovadores baseados na colaboración das institucións nacionais, europeas e iberoamericanas.

Contribuirá a colocar a España como referencia no ámbito do Software Libre.

Para a súa posta en funcionamento constitúese a Fundación CENATIC que integrará a participación dos diversos estamentos da administración pública, a empresa privada e a universidade.

A inversión prevista para o desenvolvemento das actividades para o período 2006-2007 alcanzará un total de 3.500.000 euros aportados polo “Ministerio de Industria, Turismo y Comercio “, Red.es e a Junta de Extremadura.

 

Enlace á nota de prensa do Ministerio con toda a información: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

 

A fundación  “One Laptop per Child” (un portátil por neno), que fabrica ordenadores a prezo moi reducido, sobre 100$ a unidade, para nenos de países en vías de desenvolvemento, colaborará coa Junta de Extremadura para incorporar a estes ordenadores o sistema gnuLinEx.

Ademais, segundo informa a Junta, esta fundación sacará proveito da experiencia do sistema educativo extremeño na incorporación do ordenador na aula.

O propósito é que gnuLinEx poida ser empregado nos primeiros ordenadores da cadea de producción e que no verán do 2007 técnicos e profesores extremeños participen nun seminario que terá lugar en Nebraska (EEUU)  para crear a rede de coñecemento que se fará ao redor do proxecto.

Fonte da noticia: Junta al día  

O Venres 28 a Junta de Extremadura anunciou publicamente na súa web o que xa viña sendo publicado durante toda a semana en diversos medios na Internet: a súa migración cara a suites ofimáticas libres que soporten nativamente o formato estándar OpenDocument.

O día 25 de xullo o consello de goberno da “Junta de Extremadura” aprobou que a información electrónica xerada e de intercambio nos distintos órganos que estruturan a “Junta de Extremadura” empregará obrigatoriamente formatos estándar.

Do mismo xeito aprobouse que de forma inmediata, as ferramentas informáticas de productividade persoal para todos os empregados públicos da Junta serán as implementacións ofimáticas libres que soporten obrigatoriamente en modo nativo os estándares establecidos.

Tamén se establece como sistema operativo de uso obrigatorio nos postos de traballo dos empregados públicos da Junta de Extremadura, gnuLinEx.

O prazo máximo para materializar esta iniciativa é dun ano comezando a contar a partir da aprobación do acordo.

Fonte: Junta al día

logo google [[Google]] lanza o seu propio servizo de aloxamento de Software Libre . Este novo servizo do xigante Google foi presentado na OSCON’06 (O’Reilly Open Source Convention) por Greg Stein, enxeñeiro de Google e o presidente da Apache Foundation .

Este servizo permite a creación dun proxecto en menos dun minuto. Destácase o uso de Subversion, as licenzas permitidas na alta dun novo proxecto e o sistema de notificación e control de erros.

Según unha entrevista realizada a Greg Stein e Chris DiBona sobre esta nova forxa de proxectos dise que o producto é moi similar aos sitios como SourceForge pero non se pensa competir con eles. En troques, Stein dixo que “a meta é ver o que pode facer Google coa súa infraestrutura, para proporcionar unha alternativa para os proxectos de fonte aberta”.
 
Ligazón ao servizo de google: http://code.google.com/hosting/  
Eco da entrevista a Greig Stein: http://developers.slashdot.org/article.pl?sid=06/07/27/2015248

Google vén de se unir á ODF Alliance

Google, propietaria do procesador online writely xa ofrece soporte ao formato odf. A recente folla de cálculo online, lanzada por Google hai un par de meses, aínda non da soporte a este formato, pero logo desta unión á alianza, semella que Google vai apostar polo estándar odf.

Will Rodger, director de políticas públicas na Computer and Communications Industry Association (CCIA) dixo que “cando unha compañía coma Google pon o seu nome detrás dun esforzo para promover o formato OpenDocument é sinal de que non se trata dunha tecnoloxía de paso, senón dunha que avanza firme e rapidamente”.

Por outra banda, Stephen O’Grady, analista de RedMonk, dixo que o apoio de Google pode traer consigo unha ampla base de usuarios. “Se Google inclúe soporte para odf na folla de cálculo, e mesmo en Gmail, estaremos a falar dun gran número de usuarios que estarán a usar e crear documentos nese formato”.
 
Fonte: ZDNet 

O número dos Sistemas de Xestión de Contidos (CMS) dispoñibles baixo Software Libre segue aumentando. Unha breve visita a cmsmatrix ou a opensourcecms, que son recursos excelentes para comparar as distintas opcións, indica a existencia de máis duns cantos centos deles. ¿Cal é o mellor?

Packt, unha compañía do Reino Unido decidiu contestar a  esta pregunta coa concesión do premio ao mellor Sistema de Xestión de Contidos baseado en Software Libre

O concurso constará de dúas fases:

O gañador recibirá un premio de $5.000, mentras que o segundo e o terceiro finalista recibirán $3.000 e $2.000 respectivamente.

Pódese ler a nova completa, xunto cunha entrevista ao creador do premio (Damian Carvill) na fonte orixinal da nova (en inglés):

Fonte da nova: NewsForge

http://www.mancomun.org/images/stories/gambas.png Gambas é unha contorna de desenvolvemento libre baseada nun intérprete de Basic con extensións para obxectos, semellante ao Visual Basic; pero que non ten como fin o de ser compatible con Visual Basic…

O autor non pretende a compatibilidade con Visual Basic, senón facer unha contorna parecida pero sen todos os fallos de seguridade e inconsistencias que fixeron que Visual Basic tivera que ser rapidamente remprazado por .net.

As novas versións de Gambas saíron hai uns días, e tanto a versión estable como a de desenvolvemento corrixen certos erros detectados nas anteriores versións.

Destacar que a versión de desenvolvemento é a que se usa para mellorar a versión estable, xa que todos os erros corrixidos nesa versión son incorporados á versión estable. 

 

Páxina do proxecto Gambas: http://gambas.sourceforge.net/

Ligazóns para a descarga das últimas versións: 

Firefox 2 beta 1 está dispoñible agora para a súa descarga directa. Éste é o cuarto hito liberado co obxecto de probar as funcionalidades principais das novas características e o cambio na plataforma de programación para Firefox 2.

Algunha das novas características e cambios nesta versión que precisan comentarios (feedback) son:

    * Phishing Protection integrada.
    * As suxerencias da búsqueda agora aparecen no historico da caixa de búsqueda para Google, Yahoo! y Answers.com.
    * Cambios no comportamento da navegación por pestañas.
    * Capacidade de abrir de novo pestañas pechadas accidentalmente.
    * Mellor axuda para ver de anteman e suscribirse ás fontes de noticias da rede.
    * Comprobación de ortografía en caixas de texto.
    * Xestor para engadir, quitar e reordenar os motores de búsqueda.
    * Nova característica de microresumos para os “bookmarks”.
    * Restauración automática da sesión ao detectar unha caida da rede.
    * Novo xestor mellorado para as extensións e os temas.
    * Novo instalador de Windows baseado en Nullsoft Scriptable.poio
    * Soporte para Javascript 1.7
    * …
  
Esta versión é de recomendada descarga para os probadores e densenvolvedores deste navegador co obxecto da súa proba e envío de comentarios sobre estas novas funcionalidades ou detección de erros …

Máis información: Anuncio na web de Mozilla

OpenOffice logoAs autoridades de Gronigen, cidade Holandesa, decidiron non renovar o seu contrato con Microsoft para o uso da suite ofimática MS Office. En troques, van optar polo uso de OpenOffice coma suite ofimática xa que esta permite traballar co formato ‘OpenDocument’, o que lle está facendo gañar moito peso no seu uso nas administracións públicas debido á súa natureza OpenSource e ao uso de estándares.

Groningen convertirase na cidade máis grande dos Países Baixos que usará Sotfware Libre na súa administración pública. O primeiro efecto desa decisión é o económico xa que permitirá aforrar o primeiro ano a metade do que se viña gastando en licenzas de software propietario.

O presuposto da Administración Local de Groningen para ‘MS Office’ é de 330.000 euros e a migración a ‘OpenOffice’ de todos os seus ordenadores costará unha cantidade sensiblemente menor, da orde duns 160.000 euros, e sen verse na necesidade de renovar a licenza anualmente.

A máis largo prazo, cando a ferramenta esté probada e consolidada, as intencións de Groningen tenderán á ruptura da dependencia dos programas propietarios é a adopción do sistema operativo GNU/Linux, que ao tratarse de Software Libre é renovado e actualizado permanentemente por unha ampla comunidade de desenvolvedores en todo o mundo.

Un dos principais problemas que se prantexa o usuario de Windows que pretende instalar GNU/Linux no seu PC é como facer as particións necesarias no disco duro sen estragar o Windows, dispoñendo así dun sistema con arranque dual Windows/Linux.

Nestes 4 vídeos en linux.com explican paso a paso e moi polo miúdo como facer estas particións utilizando o LiveCD do Gnome Partition Editor

Aínda que os videos están en inglés, poden ser de gran axuda para aqueles novatos que non se atreven a instalar GNU/Linux no seu PC por medo a estragar o seu Windows. Tamén hai un quinto vídeo que explica como desinstalar Linux se é o caso (aínda que o mesmo proceso podería servir para desinstalar o Windows).

A empresa  Aldebaran Robotics , con sede en París, espera vender a principios do 2007 o seu primeiro robot para servizo doméstico, que operará baixo o sistema operativo GNU/Linux.

O principal obxectivo desta empresa é crear “androides” autónomos, robustos e de fácil programación. Este produto, coñecido como “Nao”, “competirá con outros modelos en termos de funcionalidade” segundo afirma a compañía.

Este robot  andará, falará, terá un sistema WiFi para ser comandado a distancia e medirá 55 cm. de alto. Ademais, terá 23 “niveis de liberdade” de movementos e posuirá brazos en forma de pinzas.

Fonte: linuxdevices 

Os luns e mércores do mes de agosto, ao serán, celebraranse a partires das 21:15 unha serie de relatorios-conferencia no Salón de Actos da Casa de Cultura de [[Rianxo]].

Son relatorios básicos, dirixidos ao público en xeral; é dicir, non fai falla ter coñecemento algún, e que axudarán a entender un pouco en que consiste o Software Libre, coñecer alternativas aos programas máis usados…

e descubrir novas tecnoloxías e as posibilidades que nos brindan.

Estes relatorios serán impartidos por persoas das tres asociacións das novas tecnoloxías que hai no Concello: Rianxo Sen Cabos, Taragoña Wifi e A Torre Wireless.

A asistencia é libre e gratuíta, e os relatorios terán lugar dende o 31 de xullo ao 30 de agosto, os luns e mércores de cada semana a partires das 21:15

Máis información chamando aos teléfonos 981 86 66 63/ 981 86 63 91 ou por correo electrónico a: informatica@rianxo.com ou na web do Concello de Rianxo

O pasado 19 de xullo o coordinador da Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre, Marcelo Branco, reuniuse con Tricas Lamana, responsable do proxecto PISTA-local. A xuntanza tivo como resultado a apertura dunha colaboración permanente entre os dous proxectos. Participaron tamén na reunión, que aconteceu na sede do Concello de Lleida, o Sr. Josep Clotet, Xerente  do Institut Municipal d’Informàtica (IMI) do Concello de Lleida e Andreu Ibàñez da asociación Hispalinux.

O proxecto PISTA-local pretende dotar de presenza en Internet aos pequenos e medianos municipios e prover de e-administración aos seus habitantes. PISTA-local é unha iniciativa da “Federación Española de Municipios e Provincias ” (FEMP) e conta co apoio do Ministerio de Industria Turismo e Comercío e do Ministerio de Administracións Públicas de España. A partir deste momento o Proxecto PISTA-Local intégrase na rede internacional de cooperación.

Logo Inestable O grupo de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable, organiza unhas xornadas de introdución ao Software Libre. O acceso ás mesmas é gratuíto. As datas de celebración son o 28 e 29 de xullo. Entre os temas que se tratarán hai unha introdución ao paquete ofimático OpenOffice.org, os escritorios de GNU/Linux e unha introdución ás licenzas. Os contidos son todos divulgativos. Máis información na súa Web.

GALPon estará por terceiro ano consecutivo no Festigal participando con outras asociacións para promocionar o Software Libre. As xornadas, co motivo do día da nación, serán os días 24 e 25 de xullo no Campus Sur da Universidade da capital.

A organización do Festigal 2006 [1] habilitou o caixón expositor “Galería do software libre” que compartirán GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), AGNIX (Usuarios de Gnix), Compostela Wireless e Mancomun.org. Ofrecerase información relacionada co software libre en xeral, e particularmente, das actividades que as asociacións galegas están a desenrolar nas catro provincias.

Por outra banda, a xuntanza das asociación permite o intercambio de ideas e relación no ámbito galego. En día tan sinalado, compártense sensacións para normalizar o uso do software libre ós niveis particular, empresarial e administración. Neste último, cabe destacar o impulso que a Xunta quere darlle o software libre na administración, tra-lo éxito que veñen tendo outras comunidades como a extremeña [2] ou andaluza [3], que xa dispoñen dende hai tempo das súas propias distribucións de GNU/Linux.

* [1] Festigal 2006
* [2] gnuLinEx (GNU/Linux de la Junta de Extremadura)
* [3] Guadalinex (GNU/Linux de la Junta de Andalucía)

O paquete ofimático OpenOffice.org ten a posibilidade de engadir novas funcións a través de extensións, ao estilo do navegador [[Firefox]]. Aínda que todavía non hai moitas, unha delas, moi interesante, é a da [[Wikipedia]]. Esta extensión integra unha pequena barra de ferramentas para facer buscas en diferentes enciclopedias, entre elas a galipedia, mentres se está a editar un texto.

 
Podes descargar esta extensión da nosa sección de “Descargas->Software Libre->OpenOffice“. Para instalala só tes que ir ao menú “Ferramentas->Xestor de paquetes->Engadir” do OpenOffice.org, e seleccionala do teu disco duro onde previamente a gardaches. Existe, asemade, un repositorio destas extensións na dirección http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Extensions.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal