A fundación “One Laptop per Child” (un portátil por neno), que fabrica ordenadores a prezo moi reducido, sobre 100$ a unidade, para nenos de países en vías de desenvolvemento, colaborará coa Junta de Extremadura para incorporar a estes ordenadores o sistema gnuLinEx.
Ademais, segundo informa a Junta, esta fundación sacará proveito da experiencia do sistema educativo extremeño na incorporación do ordenador na aula.
O propósito é que gnuLinEx poida ser empregado nos primeiros ordenadores da cadea de producción e que no verán do 2007 técnicos e profesores extremeños participen nun seminario que terá lugar en Nebraska (EEUU) para crear a rede de coñecemento que se fará ao redor do proxecto.
Fonte da noticia: Junta al día