Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/moodlelogo.gifDende o Observatorio Tecnolóxico do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía están dispoñibles cursos e tutoriais completos: Moodle, Inkscape, Drupal, FreeNX, Iniciación ao sistema operativo GNU/Linux, distros GNU/Linux de Comunidades Autónomas, Utilización de GNU/Linux en contornos seguros (Live CD), Máquinas Virtuais VirtualBox, QEmu (e outras), Introdución a Ubuntu GNU/Linux , GRUB, Compilación do Kernel, Contornos de escritorio GNOME e KDE, estrutura do sistema de ficheiros de GNU/Linux, e moitos máis.

Un gran traballo dos autores, na súa maioría profesores de secundaria, e unha gran iniciativa que xa leva varios anos de andaina.

O Observatorio Tecnolóxico é un espazo de colaboración para o profesorado baseado na observación da tecnoloxía informática, tanto a nivel de hardware como de software, para, mediante a súa análise e estudo, aplicala nos niveis educativos non universitarios.

O grupo de destinatarios está formado por docentes, cun nivel de usuario avanzado e que teñen ou poden ter responsabilidades nos equipamentos dos seus centros, como administradores de aulas, coordinadores de actividades con soporte informático, … ou que simplemente aplican de xeito habitual as novas tecnoloxías nas súas clases e requiren algo máis das mesmas para seguir experimentando con elas.

Fonte: DiarioLinux 

ScummVM (Scumm Virtual Machine) é unha máquina virtual que permite xogar a diferentes aventuras gráficas clásicas tipo point-and-click. Na web oficial podedes consultar a lista completa de xogos compatibles. Foi o gañador que recibiu o premio de Sourceforge por considerarse o mellor proxecto para xogadores.
 
Atópase dispoñible a versión 0.11.0 de ScummVM, baixo licenza [[GPL]] e coa posibilidade de executalo dende diferentes plataformas, a cal se pode descargar en diferentes formatos na web oficial.

 

Estas son as principais novidades:

  • Soporte para o xogo Lure of the Temptress
  • Outros sete novos xogos soportados:I Have non Mouth, and I Must Scream, Elvira 1 e 2, Waxworks, e 3 xogos infantís de Sierra.
  • Agora hai versións de ScummVM para iPhone e Maebo.
  • Soporte da versión para MAC de The Legend of Kyrandia e a versión para Amiga de Nippon Safes.
  • Mellor soporte para os xogos co motor AGI de Sierra.
  • Mellorado o soporte para sistemas de 64 bits.
  • Soporte para música en formato FLAC para Broken Sword 1.
  • Mellor soporte para os xogos dispoñibles en idiomas diferentes do inglés.
  • Compresión de son para os xogos co motor SAGA.

Fonte: Linuxjuegos.com

O Goberno do Principado está traballando nun proxecto de configuración dunha plataforma de Software Libre co obxectivo de transformar a plataforma ‘framework’ do executivo nunha plataforma autonómica na que colaboren e da que se beneficien todos os colectivos e axentes da comunidade. A iniciativa ten, ademais, unha visión expansionista ao pretender facer partícipes do proxecto a outras comunidades autónomas e colectivos interesados co propósito de mellorar e ampliar as posibilidades da plataforma.

É o único proxecto estratéxico de carácter nacional para impulsar o coñecemento e uso do software de fontes abertas ou libre, estando aberto á participación administracións públicas, empresas, universidades, grupos de I+D+i, usuarios e desenvolvedores deste tipo de tecnoloxías.

 

O Executivo conta xa coa colaboración dos axentes sociais do Principado, os sindicatos UXT e CC OO e a Federación Asturiana de Empresarios, a través do Acordo para a Competitividade, o Emprego e o Benestar de Asturias. Ademais, entrou en contacto con organizacións como a asociación de usuarios asturianos do Software Libre AsturLinux e o Cluster TIC.

Fonte: OpenIdeas.info  

Ao equipo de desenvolvemento de Ubuntu ocorréuselles unha idea para promocionar Ubuntu. Liberaron un curso de 10 leccións nas cales se fai un repaso completo de Ubuntu, vai desde a instalación, particionamento, ata uso de Internet e aplicacións multimedia.
Distribúese baixo licenza Creative Commons BY-NC-SA. E está dispoñible en launchpand para que calquera poida colaborar no seu desenvolvemento.

O curso está dispoñible en dúas versións.
  • Guía para o profesor, con anotacións para o docente e respostas aos exercicios.
  • Guía do estudante
Próximamente haberá un libro do curso que se poderá mercar online. O formato será lixeiramente diferente para axeitalo á produción pero o contido manterase.
 
Fonte:  Wiki de Ubuntu
Sun Microsystems vén de anunciar o acordo alcanzado para a adquisición de MySQL AB, empresa desenvolvedora de MySQL, unha das bases de datos open source máis populares.

Sun pagará aproximadamente 800 millóns de dólares en metálico polas valores de MySql e asumirá uns 200 millóns de dólares en opcións. Agardan que a transacción estea pechada no terceiro ou cuarto trimestre do ano fiscal 2008 de Sun.

Este anuncio reafirma a posición de Sun como provedor destacado de plataformas para a web e o seu rol como o maior contribuidor comercial do open source.

Logo de rematar a transacción, MySQL integrarase en Sun’s Software, Sales and Service e Marten Mickos, Ceo de MySQL pasará a formar parte do equipo executivo senior de Sun. Durante o proceso, formarase un equipo con representantes de ambas compañías para desenvolver os plans de integración.

Fonte: Sun

Máis información : MySql  

http://www.mancomun.org/images/stories/spicebird-logo.pngSynovel Techologies vén de publicar a versión 0.4 de Spicebird, a primeira versión dispoñible para o público do seu xestor de información persoal baseado en Mozilla. Spicebird integra Thunderbird, Lightning e XMPP para proporcionar unha solución de correo electrónico, calendario, mensaxería instantánea e outras ferramentas de comunicación nun só produto. Spicebird simplifica a comunicación entre os usuarios ao proporcionar acceso ás diversas ferramentas de colaboración nunha única solución.

A última versión (0.4) engade algunhas características de integración sumadas aos compoñentes principais para converterse nunha ferramenta de comunicación máis eficiente.

Por exemplo, Home é unha vista ao estilo cadro de mandos que se pode personalizar para engadir calquera dos cinco miniprogramas (applets), dispoñibles:

  • Correo, unha pequena vista preliminar de mensaxes no teu cartafol seleccionado.
  • Canles web, unha lista de artigos de canles web (RSS) que mostra o artigo completo cando moves o cursor por riba.
  • Axenda, unha vista de próximos eventos.
  • Calendario, que mostra o mes actual resaltando os días con eventos.
  • Data e Hora, que permite engadir todos os reloxos que queiras, cada un deles mostrando a hora nunha cidade diferente.

 

Pantallazo do Home de SpiceBird

 

Spicebird está dispoñible para descarga dende a seguinte ligazón:

http://www.spicebird.com/download

Fonte: Mozilla Links

Nmap é un programa de código aberto que serve para efectuar rastrexo de portos [[TCP]] e [[UDP]]. Empregase para avaliar a seguridade de sistemas informáticos, así como para descubrir servizos ou servidores nunha rede informática. Está dispoñible para varias plataformas.

Os administradores de sistema poden utilizalo para verificar a presenza de posibles aplicacións non autorizadas executándose no servidor. Pódese usar entón para auditar a seguridade dunha rede, mediante a identificación de todo novo servidor que se conecte

Algunhas das súas características son

  • Descubrimento de servidores
  • Identifica portos abertos nun computador
  • Determina que servizos está executando
  • Determinar que sistema operativo e versión utiliza dita computador
  • Obtén algunhas características do hardware

Descarga: Nmap

A Universidad de Zaragoza presenta oficialmente hoxe a súa recen creada Oficina do Software Libre.

A creación desta oficina responde á declaración institucional sobre o fomento e o desenvolvemento do Software Libre e de fontes abertas na comunidade universitaria, aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza o pasado Xuño. Nesa declaración afirmábase que o Software Libre “respondía a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo colaborativo”.

Esta oficina pretende cubrir a necesidade de coordinar os esforzos que a Universidade viña realizando en materia de Software Libre e estándares abertos nestes últimos anos. As principais apostas neste eido foron as distribucións GLUZ , a posta en marcha de Moodle, a creación de Unizar.es, o desenvolvemento de software para as probas de acceso, o correo electrónico institucional e “Hermes “.

Pretenden ser, ademais, punto de referencia, información e fomento do uso do Software Libre na comunidade universitaria. Consideran que isto axudará a garantir o libre acceso da comunidade á información necesaria, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, onde se demanda, cada día máis, a dispoñibilidade de ferramentas e servizos que faciliten a colaboración e o acceso á información nun contorno dixital.

Fonte: Universidade de Zaragoza

O novo GNOME Slackbuild (GSB), orixinalmente baseado no proxecto Freerock GNOME, ofrece o último escritorio GNOME 2.20.3 para a distribución Slackware. Acaban de lanzar a primeira versión candidata, así que non se trata dun versión estable. GSB tamén inclúe un sistema completo para construír GNOME dende as suas fontes. Ademais soporta e ofrece paquetes binarios para as versión de 64 bits de Slackware, como Slamd64.

A ferramenta de instalación de paquetes empregada por GSB é slapt-get, que intenta emular as funcionalidades do apt-get de Debian.

Os paquetes binarios están dispoñibles para Slackware 12.0 que ademais debe cumprir con estas dependencias:

  • gnome-icon-theme: ( >= 2.20 for gnome-desktop 2.20)
  • glib2: ( > 2.14 required by gtk+2 2.12)
  • pango: ( > 1.18 required by gtk+2 2.12)
  • gtk+2: ( >= 2.12 required for libgnomeui 2.20.0)

Fonte:http://vivalinux.com.ar/desktop/gnome-2.20.3-para-slackware.html

Atopamos na páxina de AGNIX unha referencia a unha aplicación, GmountIso, que permite montar imaxes ISO cunha interface gráfica moi intuitiva prescindindo do terminal.

O paquete atópase nos repositorios de Ubuntu e para instalar basta con executar nun terminal:

sudo aptitude install gmountiso

http://www.mancomun.org/images/stories/gmount-iso.png

Pantallazo de GmountIso

Despois buscas a aplicación en Aplicacións >> Ferramentas do Sistema >> Gmount-Iso

Fonte: AGNIX

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png A Comunidade de KDE vén de anunciar a dispoñibilidade de KDE 4.0.0. Esta significativa versión marca tanto o final do longo e intensivo período de desenvolvemento que leva a KDE 4.0 como o principio dunha nova era.

As bibliotecas de KDE 4 foron obxecto de grandes melloras na maioría de áreas. O framework multimedia Phonon proporciona soporte multimedia independente da plataforma a todas as aplicacións KDE. O framework de integración de hardware Solid fai a interacción con dispositivos (extraíbles) máis fácil e proporciona ferramentas para unha mellor xestión da enerxía. O Escritorio KDE 4 obtivo algunhas novas funcionalidades principais.

O xestor de escritorio Plasma ofrece un novo interface de escritorio, incluíndo panel, menú e compoñentes no escritorio, así como unha función de cadro de mandos. KWin, o xestor de fiestras de KDE, agora permite avanzados efectos gráficos para facilitar a interacción coas fiestras. Moitas das Aplicacións KDE foron melloradas. Melloras visuais mediante o uso de gráficos vectoriais, cambios nas bibliotecas de niveis inferiores, melloras no interface de usuario, nova funcionalidade, ata novas aplicacións. Okular, o novo visor de documentos e Dolphin, o novo xestor de arquivos son só dúas aplicacións que mostran a nova tecnoloxía de KDE 4.0. 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4-efectos.jpg

Efectos de escritorio en KDE 4

 

A Guía Visual de KDE 4.0 proporciona un breve resumo de varias das novas e melloradas tecnoloxías de KDE 4.0. Ilustrada con multitude de capturas de pantalla, lévache a través das distintas partes de KDE 4.0 e mostra algunhas das fascinantes novas tecnoloxías e melloras para o usuario. Comezas coas novas características do escritorio, sendo presentadas despois aplicacións como System Settings, o visor de documentos Okular e o xestor de arquivos Dolphin. Tamén se mostran aplicacións educativas, así como xogos.  

Fonte: KDE

 

Ligazóns con máis información e referencias:

Dalle é unha aplicación capaz de manexar (nos dous sentidos, cortar e empatar) once formatos diferentes de ficheiros (Hacha  incluído), cunha interface “minimalista”. Está formado por un conxunto de bibliotecas e programas para traballar con ficheiros cortados por diversas aplicacións.

Escrito en [[GTK]] e [[C#]], permítenos elixir o número de pezas no que queremos partir o ficheiro, o tamaño de devanditas pezas e o formato de saída destes. Manexa as seguintes extensións:

  • Astrotite
  • Axman 3
  • Easy File Splitter
  • File Splitter
  • ….

  • Genérico
  • Hacha (1, 2 y Pro)
  • KamaleoN (1 y 2)
  • MaxSplitter
  • SplitFile
  • Zip

Atópase dispoñible en tres formatos para a súa instalación (bin, tar, deb), e pódese descargar desde Sourceforge. Dalle pódese instalar tanto en sistemas de 32 bits (x86), como nos de 64 (x86_64).

Descarga: Sourceforge.net  

Fonte: Fentlinux.com

UFO: Alien Invasion é un xogo de estratexia por quendas, inspirado na saga de X-COM, que fai uso dunha versión modificada do motor gráfico de Quake II. Está feito en [[C]], baixo licenza [[GPL]] e dispoñible para diferentes plataformas. Recentemente foi publicada unha nova versión deste xogo, na que se incluíron numerosas novidades. Algunhas delas son:

 Engadidas novas tecnoloxías e novos contidos.

  •  Versións para Solaris e Mac OS X (ppc e intel).
  •  Nova implementación para o sistema de rede e o de render (para SDL).
  •  Agora pódese apuntar a obxectivos a diferentes alturas usando a tecla Shift.
  •  Sistema de correo electrónico
  •  Arranxáronse fallos.

 

Descarga: Sourceforge.net

Fontes: Linuxjuegos.com

             Happypenguin.org

Coverity é unha empresa que crea ferramentas de análise automática do código fonte, anunciou recentemente os 11 proxectos Open Source certificados como libres de defectos de seguridade. Coverity traballou en colaboración coa Universidade de Stanford, baixo un contrato do departamento de Seguridade Nacional.

Os proxectos certificados están escritos en [[C]], [[C++]], e [[Java]]. A lista dos 11 proxectos escollidos é:

  1. Amanda
  2. NTP
  3. OpenPam
  4. OpenVPN
  5. Overdose
  6. Perl
  7. PHP
  8. Postfix
  9. Python
  10. Samba

Este tipo de certificación creouse para que as empresas poidan seleccionar aplicacións “Open Source” con gran confianza. 

Fonte: Logadmin.net  

Nimuh é un xogo subvencionado pola Junta de Andalucía feito en [[C++]], e dispoñible para a súa descarga para diferentes plataformas, Windows, Mac OSX e GNU/Linux. A última versión dispoñible é a 1.0, dende comezos de xaneiro, baixo licenza Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 2.5 Spain License..

Nimuh é un extraterrestre que ten a misión de chegar a Andalucía e levar todos os monumentos. O xogador dirixirá a Nimuh dentro do videoxogo e coñecerá Andalucía dun xeito especial.

 

Descarga: Nimuh.com

                 Sourceforge.net

http://www.mancomun.org/images/stories/prestashop-logo.jpg PrestaShop é unha solución e-Commerce en código aberto que aparece como unha alternativa ao omnipresente osCommerce. Conta cunha interface remozada totalmente configurable e moi do estilo Web 2.0.

A administración da tenda permite a xestión do seu negocio en liña controlando o catálogo de produtos, a xestión de pagamentos e pedidos, o control de clientes e outras características que estarán dispoñibles en breve a través de novos módulos.

A tenda é totalmente personalizable, tendo dende a administración un panel que permite maquetar os módulos nas posicións desexadas. PrestaShop vén acompañada dun módulo de PayPal que permitirá realizar os pagos empregando dita pasarela. No caso de contar cun negocio con varios empregados dende a interface de administración pódese dar de alta perfís personalizados establecendo os permisos que se precisen. Conta cun módulo que permite a localización da tenda ao idioma da nosa elección, actualmente só se atopa traducido ao francés e ao inglés.

PrestaShop está desenvolvido baixo LAMP e vén cun instalador que facilita a súa posta en funcionamento.

Pódense ler todas as características de PrestaShop e descargar os fontes dende a páxina do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal