Mancomún

agnix

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, informa de que o Concello do Porriño instalou Software Libre na maior parte das computadoras do Centro Cultural Municipal. Con esta medida preténdese difundir o uso entre a mocidade e a cidadanía en xeral de sistemas operativos e programas libres.

A medida realízase en colaboración con AGNIX, nomeadamente grazas a Rafael Ávila e Manuel Hermo. Na actualidade está xa instalado Software Libre en catro computadoras do cíber de acceso público, unha computadora de consulta do fondo da biblioteca e outro na oficina municipal alí situada. O alcalde sinala que en setembro instalarase o sistema operativo Edubuntu, específico para uso educativo, na computadora da sala de lectura infantil.

Raúl Francés sinala que o Concello aposta pola difusión da sociedade do coñecemento a través do uso do software libre. Agardamos que a súa implantación no Centro Cultural Municipal sirva como estímulo para o seu uso pola cidadanía, a través de todas as persoas que o usan alí a diario e teñen a oportunidade de coñecer o seu funcionamento e os programas que se empregan.

Na actualidade o cíber do Centro Cultural ten unha ocupación diaria que se achega ao 100% nas 12 horas que permanece aberto cada xornada. Ao día, pasan por este local arredor de 200 usuarios e usuarias.

O obxectivo é que os cidadáns e cidadás coñezan estas aplicacións informáticas que se ofrecen libremente. O software libre caracterízase por dispoñer dunha licenza que permite usar, mellorar e distribuír os programas con liberdade, polo que ofrece posibilidades moi importantes para toda a sociedade, sen ter que pagar licenzas caras polos programas ou verse avocado a facer copias ilegais, explica Raúl Francés.

O Concello xa desenvolveu outras medidas para dar a coñecer o software libre. O ano pasado desenvolvéronse dúas xornadas de difusión destas ferramentas, unha ao público en xeral e outra destinada aos centros de ensino secundario, tamén en colaboración con AGNIX, neste caso con relatorios a cargo de Roberto Brenlla.

O alcalde destaca o traballo que leva a cabo esta asociación, que conta cun grupo estable de persoas que traballan dende O Porriño.

A nota de prensa do concello do Porriño.

O goberno de Bélxica aprovou unha proposta de uso do Open Document Format (ODF) para os documentos internos do goberno a partir de Setembro do 2008. Bélxica convertese así no primer estado membro en levar a cabo unha medida tan importante hacia os estándares abertos asegurando un formato efectivo para os servizos de eGovernment hacia os cidadáns e as empresas.

Por outro lado, Microsoft sege no seu empeño de desenvolver o seu propio formato aberto baseado en XML criticando o ODF como un formato que se está a desenvolver de xeito lento por parte da comunidade “open source”, o que fai entreveer unha certa incomodidade por parte de Microsoft por unha poible perdida de posición privilexiado no sector.

A proposta do goberno belga está na liña marcada poal políticas de eGobernment da UE en  interpoperavilidade e pode animara outros gobernos da UE a que segan o xogo. Un punto a destacar é que. a elección de ODF non cerra as portas a que Microsoft poda conseguir un formato aberto XML aceptado polo goberno belga sempre e cando cumpra coas probas de interoperavilidade co ODF.

A administración do senado de Berlín estase opoñendo a unha migración completa das computadoras da administración a Linux. O parlamento de Berlín anunciou en datas pasadas unha migracion en dúas fases dos servidores a sistemas de código aberto…

Sen embargo, un informe firmado polo alcalde de Berlín e o seu senador para o interior discute ese proxecto argumentando que o movemento inducido funcionaría opostamentente ao interese de ser “independente dos fabricantes específicos” e “á apertura cara varias solucións”.
 
Fai un ano, a administración do senado para asuntos internos do goberno alemán informou de que unha migración dos sistemas Windows a sistemas abertos tipo Linux sería factible, non obstante, xa desvelaba que a “migración dos datos actuais podrían ser temas críticos”.

Non obstante, un proxecto experimental recente nun distrito de Berlín demostrou a viabilidade de combinar Software Libre con productos Microsoft e Novell. Ademais, o proxecto demostrou en IPV, proFiskal e ProInfo que a migración de datos actuais non representou un obstáculo insuperable.   

Gpul logo O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza a I Xornada sobre Tecnoloxías Web e Software Libre, que terá lugar o día 12 de xullo na Facultade de Informática na Universidade da Coruña. O obxectivo desta xornada é dar unha visión detallada das últimas tendencias en tecnoloxías web (WEB 2.0, AJAX, accesibilidade, CSS, XForms) dende o punto de vista do Software Libre. Nestas xornadas contaremos con relatores de GPUL, da UDC, do [[World Wide Web Consortium]], de Trabe Soluciones e desenvolvedores do proxecto [[Firefox]]. A asistencia é totalmente gratuita, aínda que é preciso preinscribirse na páxina web da xornada, onde tamén se pode atopar o programa completo.

GCstar é unha aplicación para xestionar as túas coleccións persoais. Información detallada de cada obxecto pode ser automaticamente descargada de internet e tamén poder gardar información adicional, como o lugar onde está ou a quen llo tes prestado…

Tamén che permite a busca dentro da colección seleccionando uns filtros ou criterios.

GCstar pode ser usado por calquera sistema operativo onde a librería gtk2-perl estea dispoñible (testeado en Windows e GNU/Linux).

Polo de agora é capaz de manexar coleccións de:

  • Películas
  • Videoxogos

Pero está plantexado que nun futuro poida manexar outro tipo de coleccións.
GCstar é o sucesor de GCfilms e prové para as películas as mesmas características que GCfilms.

 

Logo Inestable O grupo de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable, leva traducindo a tira ecol dende hai un ano e medio. Debido ao paréntese que sufriu a súa Web nos últimos meses non estivo accesible pero está actualizada na súa totalidade coa tira orixinal.

 
A Tira Ecol é unha viñeta cómica que existe dende o ano 2001 e ten como lema “Haciendo Linux divertido desde 979516800”. Dende a súa páxina Web teñen enlaces a traducións en varios idiomas e incluso un foro sobre a tira.

Microsoft está a patrocinar un proxecto open source para crear software que converta documentos de Office a OpenDocument, tralo aumento de aceptación deste formato, particularmente entre os gobernos e administracións…

A decisión de desenvolver este proxecto supón un cambio radical para Microsoft, que ata o de agora defendía que non daría soporte nativamente para OpenDocument en Office por falta de demanda. 

A compañía espera lanzar o proxecto “Open XML Translator” en SourceForge.net

Pode ler máis información sobre esta nova, na súa fonte de orixe: zdnet (en inglés)

A Campus party (http://web6.campus-party.org), un dos encontros de entretemento electrónico en rede máis relevantes no panorama nacional, publicou que celebrará a sua décima edición nas vindeiras datas do 24 ó 30 de xullo na Feira de Valencia.

Este evento inclue talleres prácticos de actividades onde os participantes poderán profundizar no mundo do Software Libre. Estes talleres estarán orientados a distintos niveis de coñecemento (básico, medio o avanzado) e sobre sistemas operativos coma Ubuntu, Suse, RedHat, etc. Tamén os aspectos de seguridade estarán presentes. Outros talleres centraránse nas tareas de ofimática Linux e outras materias como Clustering MySql con Linux, aplicaciones LAMP, redes wireless, etc.

A relación completa dos temas que se van a tratar pódese ver na Web do evento (web6.campus-party.org), sendo os máis destacables:  Eclipse, WIFI, firewalls con GNU/Linux, monitorización de sistemas con Pandora, análise forense, Perl, PHP, LAMP, seguridade en aplicacións, metadistros, seguridade en aplicativos web, SNORT, Python, Ubuntu y FreeBSD.

Durante á presentación da Campus party o científico bitánico Stephen Hawking, quen estará presente a través dunha teleconferencia, saludará ós asistentes a través das pantallas xigantes do complexo. Poñentes de reconocido prestixio internacional farán unha presentación baixo multiples puntos de vista do fenómeno do software libre. A Free Software Foundation, o proxecto GNU, a Fundación Coñecemento Libre, a creación de redes anónimas con Marabunta o a enciclopedia libre Wikipedia tendrán cabida na semana valenciana.

Acaba de aprobarse no Parlamento Europeo unha resolución dirixida á Comisión e ao Consello na que se demanda máis investigación, máis innovación e estándares, así como que a protección da propiedade intelectual non interfira co coñecemento nin co Software Libre. O texto da resolución, en inglés e traducido ao castelán, fai referencia explícita ao Software Libre e a conceptos como a GPL e pódese descargar na páxina de Estándares Abiertos.

A Universidade de Sevilla presentou o seu novo portal Web, no que se optou pola incorporación dun Xestor de Contidos, ou CMS (Content Management System), como medio tecnolóxico para o desenvolvemento en mantemento.

O CMS incorporado é Plone. Este CMS funciona sobre unha plataforma de aplicacións webs de “código aberto” construída na linguaxe Python chamada Zope. Plone permite dun xeito moi potente a creación de novos contidos, instauración de  fluxos de traballo, definición de roles de usuarios, caducidades, versións de documentos, históricos e un largo sen fin de facilidades para un total control sobre a edición do contido do portal Web.

Por outro lado, este portal cumpre coas especificacións de normalización de Accesibilidad do [[W3C]], logrando en todas ó menos un nivel AA.

A intención da Universidade de Sevilla  é  que este portal convértase na porta de entrada a todos os servizos ofertados. O contido do portal está orientado aos diferentes perfiles de usuario involucrados no ámbito universitario destacando a atención prestada aos alumnos, persoal docente, investigador e persoal de administración e servizos, personalizando o contido para cada un destes colectivos.

O conselleiro de Industria e Tecnoloxía, José Manuel Díaz-Salazar, e o presidente da Confederación rexional de empresarios (CECAM), Jesús Bárcenas, presentaron a nova ferramenta informática de Software Libre Gesticam, creada especificamente para os 120.000 pequenos empresarios da rexión…

Tras a presentación aos periodistas do programa informático, Díaz-Salazar resaltou que Gesticam é un dos froitos do “Plan por el Desarrollo y la Competitividad”, impulsado pola Junta en 2005, que «incidía na penetración decidida das novas tecnoloxías no conxunto económico rexional».

Algunhas das características de Gesticam son:

-Módulos dos que consta:

  • Xestión de Compras.
  • Xestión de Vendas.
  • Xestión de Empresas (Clientes/Provedores/Parámetros).
  • Xestión Financieira.
  • Xestión de Inventario.
  • Xestión de Produtos.
  • Xestión de Produción.
  • Administración do Sistema, Copias, Restauracións, etc.
  • Informes.

-GestiCam é flexible e tecnicamente avanzado:

  • Baseado en tecnoloxía de bases de datos [[PostgreSQL]].
  • Operativa de traballo dinámica.
  • Valores por defecto condicionais.
  • Xera arquivos en formato PDF, HTML e OpenOffice .

-GestiCam é código libre:

  • Completamente baseado en produtos de código aberto estándar.
  • Libre distribución.
  • Modificable e adaptable incluso polo usuario final.
  • Gratuíto. Sen coste.

-GestiCam é potente pero non complexo:

  • Multi-Almacén, Stock, Punto de Venda, Pedidos …
  • Permite varias moedas, presentacións, etc. sen unha configuración complexa.
  • Artigos con variantes … aínda que se poden utilizar artigos simples.

-GestiCam é completo:

  • Multilingüe, multi-empresa, multi-departamentos, multiusuario.
  • Variedade de módulos.
  • Total integración na empresa.

Fonte da noticia: www.laflecha.net

Máis información en: www.molinux.info

 A fundación Eclipse anuncia unha nova revisión da súa contorna de programación. Esta versión 3.2 de Esclipse é lanzada baixo un matiz moi singular e é a súa incorporación con Callisto, sendo moito máis transparente e adaptable.
Callisto é o nome en clave dun conxunto de proxectos da Fundación Eclipse e son lanzados nesta nova versión 3.2.

Estes proxectos son:

Esta nova versión de Eclipse Callisto está dispoñible para a descarga dende o sitio Eclipse Callisto.

A xornada centrarase nos aspectos empresariais relacionados co [[Open Source]] e tentará achegar experiencias exitosas aos asistentes e modelos de negocio posibles. A xornada está orientada a empresarios e profesionais das novas tecnoloxías e terá lugar o xoves 13 de xullo ás 17 horas no auditorio da Zona Franca de Vigo.

 
INEO achega ás empresas do sector TIC a visión de tres expertos sobre os retos que trae consigo o Software Libre desde o punto de vista empresarial e de xeración de negocio.

O acto contará coa presenza de José María Olmo, director de operacións e fundador de Andago, empresa madrileña que é unha referencia nacional no emprego do Software Libre, Óscar Sacristán, de Alfa 21, empresa coruñesa especializada no desenvolvemento de redes baseadas en Unix/Linux, e Antonio Pérez Casas, asesor da Consellería de Industria e Innovación para a sociedade da información e experto en software libre, ademais de ser o coordinador da iniciativa galega polo software libre mancomun.org . Moderará Javier García Tobío, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Segundo datos da Asociación Música Internet (AMI), actualmente máis dun millón de músicos independentes promocionan a súa música por sistemas de descarga gratuíta en Internet, ben a través do seu propio website ou a través de sites que publican as súas cancións baixo licenzas [[copyleft]], basadas en [[Creative Commons]].

Trátase, na maioría dos casos, de músicos non asociados a entidades de xestión que queren ter o control da súa música, ofrecendo diferentes opcións ao internauta dependendo da modalidade copyleft que eles mesmos elixen.

En España, son necesarias tres licenzas para poder explotar o negocio de descargas de música copyright por Internet:

1ª.-Licenza da SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores).

2ª.-Licenza de AIE (Artistas, Intérpretes e Executantes).

3ª.-Licencia de AGEDI (Asociación de Xestión de Dereitos Intelectuais).

Todo este trámite non é necesario para a explotación de música en Internet baixo licenzas copyleft, que tan só requiren a licenza do artista ou grupo musical.

Máis información:http://www.asociacionmusica.com/

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal