Mancomún

Logo KDE A posición do OpenDocument Format (ODF) acaba de ser reforzada, aínda máis, por “K Desktop Environment “, ao unirse á ODF Alliance .

KDE únese así, xunto con outras grandes compañías e institucións como Oracle, SUN Microsystems, Mandriva, IBM e a Junta de Andalucía na promoción do OpenDocument Format como o lider de mercado en intercambio de ficheiros…

O OpenDocument Format para aplicacións ofimáticas mellora a transparencia e compatibilidade de rexistros críticos asegurando o uso dun formato de ficheiro aberto, e de sistema operativo neutral, non dependente dunha única compañía, polo cal o acceso a información que contén poderase facer sempre que se queira dende Software Libre.

Texto completo da nova: www.kde.org  

Elephants Dream“, a primeira película feita integramente en software libre xa está dispoñible para a súa descarga dende a web dos creadores do proxecto. Ademais distribúese baixo unha licenza [[creative commons]].
Se se quere contribuir ao proxecto, pódese encargar un DVD cun coste de 35 €  que inclúe a película en alta calidade, os subtítulos en 34 idiomas, o “making of” da  película, onde mostran o proceso de creación, e todos os arquivos fonte da mesma.

Xa se poden pedir os CDs da vindeira Ubuntu 6.06 (Dapper Drake) para recibilos gratis no enderezo que se indique. É preciso dispor dunha conta en Launchpad para facer as solicitudes.
Nesta ocasión, pódense pedir CDs de Ubuntu, Kubuntu e Edubuntu. Polo momento a cantidade limítana a 10 pero probablemente máis adiante eliminarán este límite como aconteceu en anteriores ocasións. 

Fonte: Agnix 

A Universidade de Estremadura oferta un curso de verán co título de “CONOCIMIENTO LIBRE – FLOK (Free/Libre & Open Knowledge) “. Desenvolverase en Cáceres entre os días 10 e 13 de Xullo. É válido por 3 créditos de libre configuración. Está aberto tanto a estudantes da Universidade de Estremadura como de fora.
Entre os seus obxectivos atópanse a difusión do coñecemento libre, fomentar a colaboración en contornos libres ou a aplicación de licenzas libres ás diferentes expresións da cultura. …

Aínda que o título e os obxectivos refírense ao coñecemento libre en xeral, varias das súas ponencias son sobre software libre:
  • “Administracións públicas e Software Libre”
  • “Software Libre e coñecemento libre”
  • “Contribución do software libre ao desenvolvemento do sector TIC en Estremadura”
  • “Modelos e oportunidades de negocio no eido do Software Libre. Nichos, tendencias e análisis do mercado español. ¿Como e por que o software libre é MÁIS rentable?”
  • “O mercado do software libre en Portugal”
  • “Software Libre vs Software Comercial en empresas tecnolóxicas”
  • “Software libre na educación”
  • “Impacto do software libre na produción e distribución da obra intelectual”

Ver programa completo.

Logo AgnixO sábado 27 de maio a partires das 10 hs e ata as 14 hs, na asociación veciñal de Valladares (Estrada Xeral de  Valladares, 233 -36315 Vigo), AGNIX dará un relatorio de ‘Achegamento ao Software Libre’ e un obradoiro de instalación do GNIX cun percorrido polas principais aplicacións dun escirtorio GNU/Linux. Nos vindeiros dias darase máis información na web de AGNIX (www.agnix.org).

mandrivaMandriva One é a primeira distribución completa de Mandriva Linux nun CD. Pódese usar en modo LiveCD, sen instalar nada no equipo, ou ben pode instalarse cun click nun icono do escritorio. O instalador incluso transferirá calquera ficheiro creado co OpenOffice.org cando estaba funcionando en modo Live…

Mandriva One xa fai tempo que estaba dispoñible para os membros do club Mandriva, no que pagando unha cuota tes acceso a servicios de mantemento e axuda de Mandriva, e as novas versións antes de que se fagan dispoñibles para todo o público. Mais é agora cando esta distribución se lanza para o público en xeral.

A convocatoria 1/2006 de axudas do PROFIT na área de Tecnoloxías da Sociedade da Información destinaba 12 millóns de euros a proxectos de software de código abierto, 3 para subvencións e 9 para préstamos. Ao peche da convocatoria presentáronse 38 proxectos de Software Libre, o que supón un 3% do total de proxectos presentados, por un total de 10 millóns de euros. …

Estes datos foron aportador por David Cierco, “Director General para el Desarrollo de la Sociedad de la Información”, durante a súa intervención, o pasado 5 de maio, na reunión en Madrid da ‘Coordination Action for Libre Software’ (CALIBRE), celebrada no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.Na súa intervención destacou tamén que coa maior utilización deste tipo de software acadarase un menor coste de implantación e unha menor dependencia da tecnoloxía extranxeira.

Fonte: CDT Internet Madrid  

Logo de MotorolaMotorola lanza o portal http://opensource.motorola.com, un novo recurso para a compartición de código fonte, novos proxectos e intercambio de información e ideas entre desenvolvedores de código open source.

O seu principal obxectivo e animar a aqueles desenvolvedores interesados en contribuír cos teléfonos Motorola baseados en GNU/Linux (como o novo A1200), ben directamente no firmware como no desenvolvemento de aplicacións (nativas ou Java) para eses teléfonos.

Este tipo de compromisos de grandes compañías como Motorola co mundo do software libre pode ser un bo paso, e un exemplo a seguir por parte doutras empresas.

Visto en Slashdot  [slashdot.org]

Na reunión anual do grupo de usuarios de Lotus Notes en Alemaña, IBM afirma que os usuarios da próxima versión de Notes poderán crear, editar e salvar documentos nativamente no formato OpenDocument, recentemente aprobado pola ISO. A nova versión entrará en beta pública este outono.

 Máis detalles en http://news.yahoo.com/s/cmp/20060516/tc_cmp/187203318

Sun Microsystems está planeando liberar o código da linguaxe de programación Java, segundo anunciou o director executivo da compañía Jonathan Schwartz, na conferencia JavaOne que se está a celebrar en San Francisco.

Schwartz afirmou “A cuestión non é se faremos Java open source, senón que agora a cuestión é como”. Coa liberación do código fonte, Sun espera atraer a un novo grupo de desenvolvedores que rexeitaron o uso deste linguaxe a causa da licenza do software.

IBM promove esta liberación dende fai tempo, pero poden ser a presión de Mono, versión libre de .NET, e as dificultades de incorporar Java nos sistemas operativos libres, as que obriguen finalmente a Sun a dar o paso final.

 A maior preocupación de Sun é controlar a fragmentación de Java que se produciría se grupos de desenvolvedores se separaran da comunidade principal de Java e formaran grupos independentes con diferentes rumbos.

 

Open Source Web Design é unha ampla colección de deseños WEB subidos pola comunidade. Así, calquera persoa pode facer uso destes adaptándoos ás súas necesidades de programación WEB. Todos teñen licenzas open source. A licenza concreta de cada un é escollida polo seu autor polo que para empregar un destes deseños haberá que ler a súa licenza particular. …

Este é un proxecto fundado en setembro do ano 2000 por Francis J. Skettino. Na web de OSWD pódense atopar deseños para Blogs persoais, para content managements systems (CMS) e ata portais corporativos. Coa axuda da comunidade, este proxecto continuará para axudar ao deseño web.

Fonte: oswd

O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou esta mañá en Santiago as novas aplicacións informáticas en software libre que se poderán descargar de balde dende o noso portal. En concreto, Fernando Blanco presentou a tradución ao galego do paquete ofimático Open Office 2.0, así como dun corrector ortográfico baseado na normativa oficial da lingua galega actualmente vixente. …

Este paquete pódese actualizar a través da propia rede e agora preséntase por primeira vez traducido ao galego. Estará dispoñible, de maneira gratuíta por suposto, para todos os usuarios. Asemade, na tarde de mañá repartiranse os primeiros 500 Cd’s con Open Office 2.0 en galego na Alameda de Santiago de Compostela, nos cibercamións do Arredemo Lab de A Cultura Circula.
O conselleiro de Innovación e Industria, asinou tamén un convenio de colaboración co presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, para a presenza na rede de materiais lingüísticos de grande utilidade e alta caliadade, para o uso xeneralizado dos galegos e galegas.
No mesmo acto asinouse outro convenio coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, representada polo seu presidente, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, para o seguimento da extensión da banda larga no noso país.
 
Fonte: Xunta de Galicia 
Mañá, 16 de maio, celébrase na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña unha xornada sobre software libre na docencia, na investigación e na universidade. Este evento, coordinado pola Consellería de Innovación e Industria, conta coa participación das tres universidades galegas e se  enmarca dentro da campaña “Máis Internet, máis galego, máis futuro ” que comezou a o pasado 2 de maio.

A Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, inaugurará o acto ás 9:30, xunto co Reitor da Universidade de A Coruña, José María Barja. O programa é o seguinte:

09:30-10:30 Inauguración da Xornada de Software Libre no Dia de Internet
D. Jose María Barja Perez
Reitor da Universidade da Coruña
Dña. Elena Veiguela Martínez
Dir. Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
Información

10:30-11:15 Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software
Libre
D. Marcelo D’Elia Branco

11:15-12:00 Filesystem Name Spaces
D. Christopher Hellwig
Linux Kernel Developer

12:00-14:00 Mesa Redonda: O Software Libre nas Universidades Galegas
Representante da Universidade de Santiago de Compostela
Representante da Universidade de Vigo
Representante da Universidade da Coruña

16:30-17:30 Reflexións sobre o Software Libre
D. Ernst Leiss
University of Houston

17:30-18:30 Software Libre: en defensa do proceso creativo e intelectual
D. Jaime Villate Matiz
Universidad de Porto

18:30 Clausura das Xornadas

A partir do mes de xuño dará comezo en Ferrol o curso Programación de aplicacións informáticas en plataformas de fonte aberta. Con carácter experimental, será o primeiro curso destas características que se realiza en todo o estado…

A actividade formativa, cunha duración de máis de 500 horas, vai dirixida a persoas desempregadas e está promovida pola Consellería de Traballo e cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O programa enmárcase dentro das iniciativas que se veñen tomando pola Xunta para potenciar o Software Libre coa intención de adaptar a oferta formativa á demanda existente para este tipo de plataformas abertas.

 

Fonte: GLUG  

A Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a empresa de Software Libre Ándago traballan conxuntamente en Open Cities, unha iniciativa subvencionada polo programa Profit para crear unha plataforma telemática de e-Administración dirixida a entidades locales. Open Cities está orientada a procesos, documentos e servizos.

A Deputación de Toledo converterase na primeira administración que adoptará un
modelo de e-administración coa plataforma Open Cities.

Segundo Ándago, as vantaxes de desenvolver software seguindo o modelo do Software Libre son múltiples: flexibilidade da plataforma, custo compartido e inferior ao de solucións comerciais, facilidade de ampliación das funcionalidades e escalabilidade do sistema para futuras ampliacións e novos servizos e usuarios. A plataforma será licenciada baixo [[GPL]].

Fonte: Europa Press

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal