Mancomún

A primeira versión alpha de Gnash acaba de saír co número de versión 0.7.1. Gnash é un reproductor [[GPL]] para películas flash e un plug-in para os navegadores [[Firefox]],[[Mozilla]], [[Konqueror]] e [[Opera]].

Gnash soporta a maioría das características da versión 7 de SWF e ActionScript3, o que implica que terá un boa compatibilidade…

Gnash corre en moitas distribucións GNU/Linux, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD, e arquitecturas de 64 bits. Para a próxima versión, están traballando na versión para Windows e Mac.

Como plug-in do Firefox, recomendan que a versión do navegador sexa 1.5 ou máis nova e debería funcionar en calquera navegador baseado en Mozilla. Tamén teñen unha versión executable do mesmo tanto para escritorio [[GNOME]] e [[KDE]].

Podes descargar as fontes de Gnash dende ftp://ftp.gnu.org/pub/gnu/gnash/, ou dende o repositorio CVS de Gnash que ten de identificador “release_0_7_1”.

Ligazón da nova

 

Logo de moita espera, lánzase a distribución OpenSuse 10.1, “Agama Lizard” con moitas novidades que fan de esta “distro” un dos referentes importantes dentro da comunidade.

Está dispoñible para a descarga nas plataformas x86, x86-64, e versións ppc – desde o ftp oficial ou os mirrors de bittorrent. É preferible que se descargue a través de bittorrent e así a comunidade aproveitarase destas descargas.
A destacar de esta nova distro Open Suse 10.1 é a incorporación das revolucionarias gráficas tridimensionais XGL. Aínda que tamén se incluiu NetworkManager, o configurador automático de conexións WiFi.

URLs: OpenSuse

Logo IES Chan do Monte O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software.

O plan de implantación incluiu clientes e servidores (máis de 200 PCs) e, actualmente, o instituto funciona de forma efectiva, cumprindo 100% a legalidade e aforrando nos custes de licenzas. Nos servidores teñen implantado multitude de servizos para uso de profesores e alumnos, tanto dende o propio centro como dende a casa.

Máis información: Nos foros de mancomun.org 

Logo IETF O grupo IETF (Internet Engineering Task Force) e a Open Mobile Alliance (OMA) están traballando conxuntamente nun estándar baseado en protocolos abertos para o correo-e móbil.

Paralelamente á elaboración do estándar, a empresa Isode, especializada en software para e-mail e directorios, ten previsto lanzar unha nova versión do seu software servidor de e-mail que usará a proposta de estándar da IETF coñecida como M-IMAP (unha versión móbil do popular protocolo IMAP).

Fonte: iWorld  

Logo La Farga O Goberno de Aragón e o Concello de Zaragoza incorpóranse á Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Durante o pasado mes de marzo, a Xunta de Galicia xa se incorporara a esta rede, a través da  Consellería de Innovación e Industria.

Esta iniciativa busca compartir as experiencias técnicas no ámbito das políticas públicas das administracións en relación co software libre, o que aparece reflectido no seu lema: “Nuestro desafío es cooperar”.

Neste intre, a iniciativa conta con máis de trinta administracións de rexións autónomas de España, Europa e América Latina: http://www.lafarga.org/xarxa/é/participantes

Actualización: Descarga (odt , pdf) da presentación da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez.

A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”.

Segundo a [[galipedia]] (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns.

Neste sentido, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre” nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria.

   

Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas.

Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de  representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas.

OpenDocumentO día 1 de maio remataba o prazo para a votación sobre a adopción do formato ODF pola ISO. Á medianoite anunciose internamente que o ODF fora aprobado polos membros da ISO. A votación tivo unha ampla participación e ningún voto en contra aínda que si houbo abstencións…

O ODF é agora o ISO/IEC 26300. Faltan aínda algúns pasos internos de procedemento para a saída do estándar oficial, pero son nada máis que formalidades.

Coa adopción do ODF como estándar ISO, o software que o implemente converterase de seguro nunha alternativa máis atractiva para moitos gobernos sensibilizados sobre o tema da adopción de estándares, como pode ser o caso do Europeo.

Fonte

Logo da USC A Universidade de Santiago semella estar apostando por dúas cousas á hora de encargar proxectos tecnolóxicos para si mesma: polos mozos empresarios galegos e máis polo Software Libre…

Iso é, polo menos, o que se desprende da recente adxudicación á firma de enxeñería informática Igalia do desenvolvemento das vindeiras fases do proxecto e-Sicus, ferramenta de xestión de orzamentos da USC. O traballo de Igalia (empresa galega especializada en software libre) está a consistir nunha posta a punto, pero tamén nunha modernización máis ca necesaria dos instrumentos de xestión económica e administrativa da entidade educativa. A iniciativa, que leva consigo un investimento de 120.000 euros, representa en gran medida a gran aposta da USC polas solucións informáticas de código aberto. Segundo Igalia, poderíase dicir que estamos ante o “primeiro proxecto de carácter administrativo desenvolvido con tecnoloxías de software libre no eido universitario”. O traballo da empresa galega nas vindeiras fases do e-Sicus servirá para substituír as ferramentas empregadas ata o de agora na USC, que foron implantadas hai case unha década e que se baseaban no programa Access.

Vantaxes
Igalia fai fincapé nos seguintes puntos, en referencia ó e-Sicus:
· Fará máis doado o acceso dos usuarios, xa que é unha aplicación web, e se pode empregar a través do navegador.
· Amplía funcionalidades como a xestión de multipartidas, a conta de anticipos ou a folla de petición electrónica.
· Reduce custos de mantemento.

Fonte: www.codigocero.com  

Logo da UDC O rector da UDC, José María Barja, anunciou que a UDC ten previsto crear de xeito inminente unha Oficina de Software Libre, un portal web institucional e máis a personalización dunha distribución GNU/Linux adaptada ás necesidades dos alumnos e profesores da UDC no idioma galego. …
O anuncio foi feito durante a presentación oficial do Libro Branco para o uso do software libre nos ámbitos da docencia, investigación e administración da Universidade da Coruña.
 
Ademais, comentou que teñen creado un consorcio coa USC para traballar conxuntamente no desenvolvemento de ferramentas comúns, principalmente para a xestión económica de recursos humanos, baseadas en software libre. É posible que a esta iniciativa se unan en breve a Universidad de Vigo e máis a Consellería de Educación .
 
Fonte: Código Cero 

Durante o pasado mes de marzo, reuníronse na Consellería de Innovación e Industria a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, o responsable da Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre, Marcelo Branco, e representantes da Secretaría de Telecomunicacións i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya…

A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de incorporarse á “Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre”.
 
O obxectivo da Rede é fortalecer as relacións político-institucionais entre aquelas administracións que teñen o compromiso de consolidar o uso do Software Libre, deixando constancia da necesidade de traballar de xeito conxunto para difundir, estimular, desenvolver e promocionar o Software Libre como unha das ferramentas máis importantes das que dispón a sociedade para transmitir o seu coñecemento.
 
A Rede inspírase na lóxica do principal motivo de éxito da comunidade do Software Libre: a cooperación entre as diferentes administración públicas.

Dende a Fundación OpenDocument de EEUU acábanllo de poñer moi facil aos usuarios de Microsoft Office para poder usar o novo estandard ISO de documentos (ODF) creando un plug-in que permite ler, escribir e modificar documentos en formato OpenDocument…

Pero as funcionalidades non soamente esas, senón que tamén permite migrar documentos en formatos cerrados de MS Office a OpenDocument.

O desenrolo do plug-in veu pola necesidade de migración a OpenDocument do Estado de Massachusetts. A fundación comentou que xa tiñan completada unha fase exhaustiva de testeo do plug-in e parece ser que funciona correctamente.

Web de descarga do plug-in: http://sourceforge.net/projects/ooo-word-filter 

Fonte

Logo do Ministerio de Desenvolvemento Agrario de Brasil O Ministerio de Desenvolvemento Agrario (MDA) do Brasil acaba de licenciar baixo [[GPL]] o código de tres aplicacións informáticas.

Os programas liberados son: O control de accesos e configuración de sistemas, CONTRA (Sistema de Control de Accesos); o control de atencións a servizos prestados polos sectores de informática e Recursos Humanos, o SISAU (Sistema de Atención ao Usuario); un sistema de xestión de contidos Web, o SACI LIBRE (Sistema de Administración de Contido Institucional).

Isto é só o comezo pois teñen máis aplicacións en proceso de liberación: Patrimonio, Licitación e Contratos, etc. Os sistemas foron desenvolvidos pola Coordinación-Xeral de Modernización e Informática (CGMI) co obxectivo de alcanzar maior eficiencia nas súas actividades administrativas e reducir gastos con licenzas e adquisición de tecnoloxía.

Máis información sobre os programas, soporte e descargas na Web do MDA: http://softwarelivre.mda.gov.br/tele/

VMware , o líder en software de virtualización, ven de anunciar que a especificación do seu formato de disco para máquinas virtuais está agora dispoñible de xeito aberto, descargable e gratuito. Esto permitirá que sexa empregado por todos os desenvolvedorer, vendedores de software ou proxectos, xa que inclúe unha licenza aberta compatible coas licenzas libres como a [[GPL]]. …

Ademáis, afirman que tamén darán soporte a outros formatos de discos virtuais adoptados polos clientes e traballarán para conquerir un estándar aberto nesta área. 

O vicepresidente de VMware dixo que “estamos a ofrecer o noso formato de disco virtual abertamente á industria da virtualización porque cremos que as especificacións abertas e libres farán aumentar a dispoñiblidade de productos complementarios, proporcionarán alternativas aos clientes, incrementan a interoperabilidade nos entornos de virtualización e a futura expanción do mercado  de virtualización, o que é bo para VMware”.

Fonte: VMware 

Un dos acordos importantes do Forum Internacional de Software Libre de Porto Alegre foi a creación dun consorcio de cooperación internacional, Latinux, por parte de 6 empresas de Brasil, Porto Rico e Estados Unidos, para atender a América Latina en solucións de Software Libre. Este acordo dá continuidade ás negociacións iniciadas no Linux World Expo 2006, en Boston, EUA, e en Lacfree 2005, en Recife, Brasil.

Seis PEMES de solucións TIC baseadas en Software Libre de Brasil (Propus e Solis), Venezuela (Corvus Latinoamérica e Iseit), Porto Rico (Rede Boricua) e os EEUU (Alacos) anunciaron a creación deste consorcio que se empezou a fraguar no Linux World Expo de Boston.

“O Consorcio prevé a creación dunha entidade independente que impulse o desenvolvemento de solucións baseadas en Software Libre”, dixo o director da firma brasileira Propus, Carlos Eurico Pittas do Canto.

As empresas firmantes “compartirán coñecementos e experiencias para promover o Software Libre, ademais de dar soporte comercial e técnico ás ferramentas desenvolvidas por cada unha delas”.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal