
O
Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software.
O plan de implantación incluiu clientes e servidores (máis de 200 PCs) e, actualmente, o instituto funciona de forma efectiva, cumprindo 100% a legalidade e aforrando nos custes de licenzas. Nos servidores teñen implantado multitude de servizos para uso de profesores e alumnos, tanto dende o propio centro como dende a casa.
Máis información: Nos foros de mancomun.org