Mancomún
consellería innovación e industriaA Consellería de Innovación e Industria publicou no DOG do 6 de abril de 2006 unha Orde pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a promover actuacións de difusión e formación relacionadas con desenvolvemento da Sociedade da Información.

Os beneficiarios poderán ser fundacións, asociacións ou entidades de carácter público ou privado, sen ánimo de lucro.

As actuacións subvencionables son de tres tipos:

  1. Promoción e difusión da Sociedade da Información
  2. Actuacións formativas especializadas, no ámbito das TIC
  3. Actuacións formativas dirixidas ás PEMES

Dentro dos criterios de valoración puntuarase o emprego e difusión do software libre.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 40 días naturais contados dende o seguinte ó 6 de abril de 2006.

Máis información: DOG 6 abril 2006  

LinuxWorld, referente dentro das comunidades Open Source e Free Software, foi parar a Boston e unha das múltiples conferencias impartidas, foi a cargo de Leon Shiman, o fundador de X.org. Este trouxo consigo a varias persoas importantes dentro destes movementos como son David Wheeler do “Institute for Defense Analyses” e Luis Villa da “Harvard Law School”, o cal admite ser un fanático do Software Libre.

David Wheeler falou sobre a importancia dos estándares abertos na tecnoloxía e como está a influir a dependencia do software privativo. Comparouno como un hipotético caso de “a comida máxica” que aportaría tódolos nutrintes necesarios para o noso corpo e por soamente un dólar pero ao contacto con outra comida sería dañina e tóxica de por vida. ¿Cál será o custo desta o ano seguinte e o seguinte…? É unha cuestión de dependencia.

As palabras de Luis Villa, estiveron dirixidas hacia os Organismos Públicos e Gobernos en xeral dicindo que está moi identificado co movemento de Richard Stallman. Villa dixo: “Lexislar o uso do Open Source é un erro porque conleva a posibilidade de facer unha elección de cambio na licencia no Software creado”. Resaltou tamén que: “O 2006 poida que non sexa o ano de implantación de Linux nas PC de escritorio”, pero alientou aos alí presentes que, cando o Software que fai posible os estándares abertos, tales coma Firefox e Openoffice.Org, empecen a gañar máis forza nos usuarios será cando Linux estea listo para fácer esta migración. E nese momento será cando os usuarios teñan a decisión de facer este cambio pero, non será imposta.

Fonte: business.newsforge.com  

 

O Arquivo Nacional Australiano ven de anunciar que comenzou a migración do seu programa de conservación dixital cara software que soporte ODF….

O coordinador do proxecto de conservación di que o seu interese por este formato débese a que a natureza do seu traballo oblígaos a recibir información en diversos formatos de todas partes do país, e que non poden dicirlle á xente que só aceptan un formato.

O problema é entón cómo garantir a accesibilidade de todos estes formatos ao longo do tempo. Aseguran que o feito de traballar cun formato aberto permite garantir a lonxevidade da información.

Coidan que a pesar de que o proceso de transición a ODF conlevará un gran esforzo, será moito menor que o necesario para manter a accesibilidade dos diferentes formatos actuais. Unha vez feita a transición, só necesitarán traballar cunha única suite ofimática (neste caso {ln: OpenOffice} 2.0 ). Mesmo se este non seguira co seu desenvolvemento sempre terían dispoñible outro software que soportase ODF.

Máis información.

O programa co que a Junta de Extremadura apoia a constitución de novas empresas de base tecnolóxica, Vivernet , xunto co Instituto de Innovación Empresarial de Jaén (IIESA) e a Fundación para el Desarrollado de la Ciencia y la Tecnología en Extremadura (Fundecyt), veñen de por en marcha o proxecto LinExPyme…

Este proxecto ten por obxectivo acadar o desenvolvemento dun paquete integral de ferramentas informáticas para a xestión empresarial, financieira e de comunicación en software libre.

Supón a continuidade da distribución Linex Empresa, enriquecéndoa con novas aplicacións libres para a xestión de nóminas, recibos bancarios, xestión de impostos e comunicación IP entre outras.

Ademais contempla a creación dunha rede de Puntos de Información sobre Software de Código Aberto (PISeLS), e da Plataforma de Apoio Virtual on-line á que se encargarían labores divulgativas, de soporte técnico e resposta ás dúbidas que poidan xurdir en torno ás aplicacións ou á súa implementación.

Fonte: GNU/Linex.net

Este proxecto consiste na realización de diferentes actividades (música en directo, circo, Internet, etc.) a través de dúas carpas itinerantes. Acompañando ás carpas irán dous cibercamións que permitirán achegar a informática á cidadanía, sempre empregando Software Libre.

Arredemo LabAs carpas e os cibercamións, chamados Arredemo Lab, moveranse por diferentes comarcas de Galicia, a partir do mes de maio. As actividades dos cibercamións van dende a creación de páxinas Web ó traballo con ferramentas de ofimática.

A financiación realízase a través das Consellerías de Innovación e Industria, Cultura e Deporte e a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar Social.

Os administradores de ClamAV (coñecido antivirus baseado en Software Libre e multiplataforma) teñen, novamente, traballo pendente. Trátase da segunda actualización do ano, tras publicarse o pasado 9 de xaneiro a última actualización do motor á versión 0.88.

O equipo de analistas de seguridade de Debian en EEUU detectou tres vulnerabilidades no produto, que confiren un carácter de altamente crítico á suma dos fallos detectados, sen embargo, e unha vez máis, demostrando as ventaxas do Software Libre, estas vulnerabilidades xa están correxidas na nova versión.

ClamAV é un motor antivirus de código aberto, empregado con certa frecuencia en servidores de correo derivados de [[UNIX]] a modo de defensa perimetral primaria.
 
O desenvolvedor Damian Put verificou que existe un desbordamento de búfer no parser de cabeceiras PE “libclamav/pe.c” únicamente explotable cando está desactivada a directiva de tamaño máximo de arquivo ArchiveMaxFileSize.
 
Adicionalmente, comprobouse que no código de autenticación presente en “shared/output.c” hai algunhas erratas nas cadeas de formato, que permitiría, en condicións non detalladas, a execución de código arbitrario.
 
Para rematar, David Luyer descubriu que a función cli_bitset_set() ubicada en “libclamav/others.c” permite provocar un acceso non válido a memoria, o que podería ser aproveitado por un atacante para denegar o servizo na máquina vulnerable.
 
Tras unha inspección do “Changelog”, os desenvolvedores paliaron outros problemas. Algúns son, por exemplo, o soporte ao actualizador de ClamAV “freshclam” para LocalIPAddress, modificacións para a detección de Worm.Bagle.CT, cambios en “libclamav/matcher.c” para xestionar adecuadamente lecturas parciais da función cli_scandesk(), un cambio menor no valor de retorno de vsnprintf en “shared/output.c”, así como correccións ante a posibilidade de colapso na función build() de “sigtool/sigtool.c”. Os usuarios FreeBSD ven finalmente atendidas demandas anteriores ao corrixirse un problema en “libclamav/zziplib” que provocaba o colapso do motor baixo certas condicións de operación do servizo.
 
Todos os fallos documentados quedan resoltos coa versión 0.88.1, a cal pode ser obtida, como é habitual, no servidor de descargas de ClamAV.net, que enlaza á páxina do proxecto aloxada en Sourceforge.
 
Fonte: Hispasec  

A organización non lucrativa “Un PC por neno”, encabezada por Nicholas Negroponte, anunciou que utilizará GNU/Linux nas súas computadoras portátiles de baixo costo.

Malia elixir a GNU/Linux como sistema Operativo para as computadoras de baixo costo, que a fundación pretende repartir nalgúns países en vías desenrolo, Nicholas Negroponte, presidente de devandita organización, sinalou que se necesita unha versión de GNU/Linux máis pequena, máis rápida e máis lixeira, isto co fin de optimizar os recursos das portátiles a repartir.

As computadoras están conformadas por un procesador a 500MHz, con 128MB de memoria. Utilizará 512MB de memoria tipo flash, en lugar do disco duro, o que en realidade eleva o costo da pequena computadora é a pantalla, a cal utiliza un modo dual, cun modo en branco e negro, e un modo a cor con menor resolución.

A meta desta organización é vender a un prezo, moi por baixo do costo real, computadoras en paises como India, Brazil, Chinesa, Arxentina, Egipto, Thailandia e Nigeria. Isto en prol da educación da niñez.

As computadoras terán un costo inicial de 135 $dólares para o 2007, e paulatinamente diminuirán o prezo, ata chegar a 50 $dólares para o 2010.

A fundación pretende distribuír de 5 a 10 millóns de pórtatiles, e con isto, contribuír á educación de nenos cuxas posibilidades de educación informática é prácticamente nula.

 Fonte: news.com

debuntu.org é un weblog no que se mostran programas de ubuntu e de debian en forma de paquetes .deb, así como numerosas configuracións de programas destas distribucións tan estendidas.

Este espazo web está creado pola comunidade que é a que manda howtos e é para a comunidade co que se podran ver numerosos comentarios aos items publicados

Outro servizo desta web que nos ofréce, é a posibilidade de estar ao día de todos estes contidos a través do servizo RSS.

Tan só dúas semanas despois do informe realizado polo Departamento Interno de Seguridade Estadounidense que establecía que o software libre tiña menos erros que o privativo, a meirande parte dos erros atopados en programas libres están xa resoltos. …

Os desenvolvedores dos proxectos analizados no anterior estudo puxéronse mans á obra e acadaron en dúas semanas correxir grande parte dos erros atopados. Algúns proxectos solucionaron tódolos erros. Na seguinte táboa vénse algúns datos:

 

Proxecto Erros o 6 de Marzo Erros o 20 de Marzo
 Amanda 108 0
XMMS 6 0
Samba 216 0
Ethereal 143 19
Gcc 140 97
Gaim 113 51

 

Como parte do financiamento do goberno, a universidade de Stanford e a Coverity construiron un sistema que escanea diariamente o código de proxectos open-source populares. Isto crea unha base de datos de erros accesible polos desenvolvedores de xeito que poden ver os detalles necesarios para correxir o código.

Fonte

Fonte orixinal  

A USC adhírese á Declaración de Berlín sobre o acceso aberto ao coñecemento nas Ciencias e nas Humanidades.

A Universidade de Santiago adheriuse recentemente á ‘Declaración de Berlín’ sobre o acceso aberto ao coñecemento nas Ciencias e nas Humanidades aprobada en outubro de 2003 por representantes de varias institucións europeas convocados pola Sociedade Max Planck…

A declaración xurde da obriga das institucións por “considerar os retos da Internet como medio funcional emerxente para a distribución de coñecemento”. Deste xeito, desde Berlín reclámase a promoción da Rede como instrumento funcional “que sirva de base global do coñecemento científico e a reflexión humana” e para especificar medidas “que deben ter en conta as persoas encargadas das políticas de investigación, as institucións científicas, as axencias de financiamento, as bibliotecas, os arquivos e os museos”.

Ao subscribir esta declaración, a USC comprométese a crear e manter repositorios institucionais de acceso electrónico aberto, onde se depositen copias dos traballos científicos producidos polos seus profesores e investigadores. Neste senso, dende as Bibliotecas universitarias estase xa instando á configuración destes repositorios e estudando a posibilidade de que as editoriais universitarias introduzan neles os seus produtos.

Na USC comezouse en 2005 a solicitar a autorización dos autores das teses de doutoramento para colgalas na web da BUSC . Tamén se deposita nese repositorio a Revista de Investigacións Políticas e Sociolóxicas e estase a falar cos responsables das demais para levalo a cabo paulatinamente. Existe así mesmo o proxecto de traballar para situar en acceso aberto as actas de congresos.

Ademais, en setembro de 2005 a USC asinou un convenio de colaboración coa Universidad de La Rioja para a cooperación por parte da BUSC no proxecto Dialnet, que ten como un dos seus principais obxectivos aumentar a difusión e a accesibilidade da literatura científica hispana, potenciando o acceso libre e gratuíto á mesma a través de Internet mediante a constitución dunha base de datos que, na actualidade, conta con máis de 780.000 artigos científicos hispanos, dos que máis de 60.000 son a texto completo.

Por outra banda, a USC fomentará a publicación dos traballos do seu PDI segundo este modelo de acceso electrónico aberto, o que implica un recoñecemento desa producción científica sen establecer diferenzas con respecto á que sigue os modelos tradicionais.

A capacitación de 30 mil funcionarios públicos no uso e aplicación de software libre no 2006 é a meta do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (MCT), a través da Oficina de Tecnoloxías da Información…
 

Así o informou o coordinador especialista en Software Libre da Oficina de Tecnoloxías de Información do despacho tecnolóxico, Felix Dávila, quen asegurou que o MCT estableceu contacto con todos os ministerios do país, pois desde o ano 2004 ofreceron formación na materia para apoiar o proceso de migración.
 
Dávila estima que para levar adiante un proxecto de capacitación de tal envergadura, e segundo asegurou existen 26 ministerios e 272 organismos adscritos, precísase a instalación de aproximadamente 92 aulas ao redor de todo o territorio nacional. Respecto diso, destacou que aquelas institucións públicas que desexen sumarse ao labor de instalar un destes espazos de formación en materia de software libre poden solicitalo ante a Oficina de Tecnoloxías de Información, ubicada na sé do MCT en Caracas, ou través dos Fundacite no interior do país.
 
Félix Dávila precisou que a capacitación para os funcionarios públicos baséase principalmente na administración de software libre, soporte técnico e desenvolvemento deste tipo de sistemas dentro do ámbito institucional. Así mesmo, indicou que o MCT pretende fomentar a investigación en canto á tecnoloxía non propietaria na academia de software libre.
 
Na actualidade están en revisión os contidos para un curso que será dictado entre maio e abril deste ano aos funcionarios públicos. O taller versará sobre temas como a linguaxe de programación, os sistemas operativos e o manexo dun centro de datos con ferramentas libres.
 
Dávila agregou que unha vez sexa aprobada a Lei de Tecnoloxías de Información na Asemblea Nacional (nestes momentos en proceso de consulta pública) as alcaldías e gobernaciones do país terán tamén a obrigación de migrar a tecnoloxía baixo código de fonte aberta.
 
O establecemento do software libre é obligatorio nos sistemas manexados en organismos públicos logo da promulgación, en decembro de 2004, do Decreto 3.390 que asinou o presidente da República, Hugo Chávez Frías, en relación co tema.
 
Á data, o MCT recibiu 50% dos plans institucionais de migración dos organismos públicos do país.
 
Fonte: La Flecha  

Este sistema mostra maiores vantaxes no manexo de arquivos en servidores en cluster.

O martes pasado Oracle anunciou que o seu sistema de arquivos para clustering (Cluster File System 2 for Linux), será distribuído co núcleo de Linux, que é o software base das distribucións de Linux.

O sistema de arquivos para clustering está deseñado para permitir a varios servidores de Linux, utilizar o mesmo arquivo e facilitar o manexo dos servidores de Linux. O lanzamento destacouse por traballar como un sistema de arquivos de uso xeral, en lugar de ser un sistema de arquivos especifico.

 
O software distribúese xa en Novell’s Suse Linux e Red Hat Linux 4. Agora o software será distribuído como parte do núcleo de Linux na súa versión 2.6.16.

Fonte: zdnet

O Linux Professional Institute (LPI), a primeira organización de certificación para Linux , e Canonical Ltd., sponsor do premiado sistema operativo Ubuntu, veñen de anunciar conxuntamente o desenvolvemento dun exame de certificación para a distribución Ubuntu… 

Esta certificación habilitará aos candidatos para demostrar experiencia profesional no uso de  Ubuntu. Consistirá nun exame basado nos existente 101 e 102 do LPIC. Esperase que o exame estea rematado para primeiros de Maio e dispoñible para mediados no LinuxWorld de Johannesburg. A versión electrónica do exame estará dispoñible para Xuño a través dos centros Thomson Prometric e Pearson VUE existentes no mundo. O prezo inicial do exame  será de 100$.

Para máis información ir á seguinte ligazón .

Acaba de saír unha nova versión de Musix. Musix é o resultado do traballo colaborativo de toda unha comunidade de usuarios e programadores.

É un Sistema Operativo 100% Libre destinado a músicos, técnicos sonidistas e usuarios en xeral…

O tipo de distribución é un [[Live CD]], o que quere dicir que é totalmente funcional sin instalar nada no disco duro, aínda que existe a posibilidade de instalar Musix en disco.

Asemade, esta distribución está localizada ó galego.

Máis información na súa páxina web: http://www.musix.org.ar/  

Un dos obxectivos da virtualización é poder executar instancias de Sistemas Operativos diferentes con todas as súas características, de forma completamente funcional na mesma máquina. Actualmente existen tres proxectos importantes de virtualización: O Virtual Server de Microsoft, Xen (proxecto libre de Novell que está sendo incorporado en Suse e Red Hat Linux) e VMware.

A compañía Microsoft ofrecerá soporte para as empresas que desexen executar Linux na súa solución virtual. Microsoft dixo que desenvolverá solucións que faciliten a instalación de Red Hat e Novell Suse en Virtual Server 2005 R2 baixo Windows.

Fonte: DiarioTI  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal