Mancomún

Un profesor de arte da escola de arte da Maharishi University of Management de Fairfield, Iowa migrou os equipos das súas aulas a GNU/linux e este año comenzou a dar as súas clases de deseño co GIMP, Scribus, Inkscape, e Quanta Plus, no lugar do software privativo como Photoshop, QuarkXpress, FreeHand e Dreamweaver. …

Afirma que a reacción dos estudantes foi moi boa. Quedaron abraiados pola calidade do novo software.

Recoñece que o software privativo que viñan usando dende hai anos ten interfaces máis traballadas e bastantes características avanzadas que o software libre escollido. Pero aínda con iso pode asegurar que o software libre ten caracaterísticas máis que dabondo para o que necesitan nas súas clases e mesmo características moi boas que non teñen no software privativo.

A migración foi un grande éxito así que este semestre planea unha nova migración nas súas clases de video reemplazando o Avid DV Express, Final Cut Express HD, Soundtrack, e iDVD por Kino, Cinelerra, Rosegarden, e DVDstyler .

O ano próximo reemplazará Maya por Blender e quizais algunha combinación de Synfig, OpenLaszlo, or Ktoon por Flash.

Fonte: NewsForge  

 

A OpenDocument Alliance parece ter un gran apoio á iniciativa do formato OpenDocument, según se demostra polo rápido crecemento da alianza, que en apenas un mes pasou de contar con 36 membros ata os 138 cos que conta na actualidade.

O grupo de membros contén agora grandes empresas de venta de software como son: Corel Software, EDS, EMC, IBM, Novell, Opera Software, Optaros, Inc., Oracle,Software AG, e Sun Microsystems (entre moitos) e por outra parte temos a BellCom OpenSource A/S, Free Standards Group, GNOME, Mandriva, OpenOffice.org,  OSDL, e Red Hat (ademáis de moitos outros) no lado do Software Libre….

Máis información (en inglés) na fonte da nova: http://www.usnewswire.com/

A solución proposta por Ándago e a Universidade Politécnica de Madrid (UPM) ten como obxetivo dotar ás entidades locais de ferramentas baseadas en software libre para a prestación de servizos públicos.

Ándago, compañía especializada en solucións e servizos de TI en contornas abertas, desenvolveu en colaboración coa Facultade de Informática da UPM un proxecto denominado Plataforma de Administración electrónica Orientada a Procesos, Documentos e Servizos…

Tamén coñecido como Open Cities, este sistema subvencionado por Profit, ten como obxectivo dotar ás entidades locais dun conxunto de ferramentas baseadas en software libre ou de fonte aberta para a prestación de servizos públicos.

Deste xeito, a solución proporciona unha infraestructura de base unificada para levar a cabo proxectos de administración telemática ou electrónica, facendo uso das novas tecnoloxías de certificación e firma electrónica contempladas na lexislación vigente, preparándose así para o uso do DNI electrónico en España.

Ademais, a plataforma construída presenta características básicas para a estandarización da solución tecnolóxica proposta; flexibilidade, capacidade de ampliación da funcionalidade e escalabilidade para dar soporte á xestión dos procesos propios de cada entidade que a empregue.

Así mesmo, ofrece adaptabilidade á contorna operativo e de organización no que se instale e, finalmente, constitúe unha solución de baixo custo e accesible vía Internet.

En términos de Patricia das Morenas, directora da consultora Ándago, “a expansión de que as novas tecnoloxías foron obxecto en moi curto espazo de tempo, e concretamente a rápida madurez dos sistemas baseados en software libre, esixe suscitar a súa incorporación aos procesos de produción de servizos públicos.

A Administración Local, como entidade prestadora de servizos á sociedade ten agora a oportunidade de modernizar os seus procedementos administrativos con sistemas eficaces que optimizan o uso do orzamento”.

O Concello de Madrid anunciou a renovación do seu acordo con Sun Microsystems para distribuír gratis entre os madrileños o paquete ofimático StarOffice e o sistema Linux de escritorio Java Desktop System. O valor potencial deste acordo é estimado polo Consistorio en máis de 500 millóns de euros.

Así, os centros ‘mar’ do Concello, dedicados a potenciar a educación dixital de cidadáns e empresas, distribuirán gratis a última versión do paquete ofimático e colaborarán con Sun no desenvolvemento dunha nova versión personalinada para a cidade de Madrid de Java Desktop System.
O Concello destacou que os madrileños poderán dispoñer dun sistema operativo “moi sinxelo, estable e libre de virus” co que se trata de “evitar complicaciones innecesarias para os usuarios tan comúns en moitos sistemas informáticos”.
Logo LinExO Plan de Alfabetización Tecnolóxica e Software Libre de Extremadura organiza dúas charlas sobre as posibilidades do programa libre Blender no modelado dixital en 3 dimensións de obxectos de alfarería e cerámica.

Trátase de que os alumnos coñezan a forma básica de traballar con esta ferramenta e que realicen un pequeno exercicio introductorio de modelado dun xarrón. Así, poderán facerse unha idea de como quedará a súa obra final, antes de “tirarse á lama”.

Ademáis, este evento poderase seguir a través da web http://www.nccextremadura.org/eventos/alfareriadigital, que conterá imaxes, vídeos e toda a información destas charlas.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto “Universidades Populares en red y la Red”.

Fonte.- Región Digital  

 

cdlibre.orgAcaba de saír a nova recopilacións de cds/dvds de cdlibre.org con novos programas e actualizacións para moitos outros.
 
A páxina de cdlibre.org ten como principal característica a de recopilar programas que son Software Libre (e tamén algúns que son gratuitos) para a plataforma Windows… 

Dende a súa web podes consultar o amplo catálogo de programas, subscribirte ó boletín de novidades ou descargarte as recopilacións.

As novas recopilacións dispoñibles na web son as seguintes: 

  • DVDLibre 2006.04: Todo o software (pero non o código fonte) incluido nos CDs de este mes.
  • CDLibre 2006.04: Selección de software libre para Windows tamén dispoñible en GNU/Linux
  • CD-Educación 2006.04: Software educativo e científico
  • CD-Internet 2006.04: Software para Internet
  • DVD-Juegos 2006.04: Xogos
  • CD-Multimedia 2006.04: Software para gráficos, sonido e vídeo
  • CD-Ofimáticas 2006.04: Software ofimático
  • CD-Programación 2006.04: Software de programación
  • CD-Python 2006.04: Software e documentación para Python
  • CD-Utilidades 2006.04: Utilidades para o sistema operativo
  • CD-Web 2006.04: Software de desarrollo web e bases de datos
  • CD-CatVal 2006.04: Software en catalán / valenciano
  • DVD-Fuentes 2006.04: Código fonte dos programas incluidos nos CDs anteriores

Máis información na web de cdlibre.org

A multinacional Intel e a Junta de Andalucía veñen de firmar un convenio de colaboración para promocionar a sociedade da información en Andalucía. A través del desenvolveranse actuacións conxuntas en materia de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións (TIC), entre as que se atopan dar soporte ás distribucións Linux. …

Intel aportará a súa experiencia en integración de solucións, análise e optimización do rendemento, metodoloxías, procedementos e ferramentas de validación, ao tempo que colaborará coa Consejería de Innovación, Ciencia e Empresa na execución de novas implantacións e migracións de Linux, e na definición dun proceso de certificación e validación co fin de previr calquera incidencia na implantación de novas versións de Guadalinex.

O convenio recolle, ademais da área soporte ás distribucións Linux, outras catro áreas de actuación como son: Desenvolvemento da Sociedade da Información; Fomento das Cidades Dixitais; Innovación no Ámbito Educativo; Innovación no Ámbito Sanitario.

Fonte  

Ir a OpenOffice35.000. Ese é o número de licencias de MS-Office que inicialmente pretende eliminar a policía francesa mediante un proceso de migración a OpenOffice.org . Este número chegará ás 80.000 licencias a finais de anos.

O aforro estimado en licencias será de dous millóns de euros. Outro dos plans de migración é o do Internet Explorer que será substituido polo Firefox, principalmente, por razóns de estabilidade, seguridade e compatibilidade cos estándares do W3C.
logo moodleMoodle é unha contorna virtual de aprendizaxe que está en boca de cada vez máis profesores españois. Un total de 1.300 institutos e universidades úsano como complemento ás súas clases presenciais. A escala mundial, conta con máis de dous millóns de usuarios. En tres anos, esta plataforma de código aberto púxose á cabeza do mercado de aprendizaxe a distancia, o [[e-learning]].

Un australiano, Martin Dougiamas, iniciaba o proxecto Moodle en 1999. A primeira versión saíu en 2002 e empezou o seu crecemento exponencial. Hoxe vai camiño de converterse nun estándar de plataforma educativa virtual, con usuarios tan prestixiosos como a británica Open University, con 180.000 estudantes. Está presente en máis de 146 países e traduciuse a 70 idiomas.
 
Recentemente, a Oficina de Cooperación Universitaria abandonaba a venda de plataformas educativas de pago para centrar o seu negocio en Moodle.
 
En febreiro creouse nas Palmas de Gran Canaria o Grupo de Universidades Moodle para promover a colaboración tecnolóxica e psicopedagógica entre elas.
 
España aposta forte por Moodle, non en balde o segundo do proxecto, Eloy Lafuente, é de Logroño. “España é unha potencia Moodle no mundo”, afirma o profesor Jordi Adell, da Universidade Jaume I de Castellón (UJI). A UJI empezou a experimentar con Moodle en 2002. Actualmente hai 1.300 centros educativos españois rexistrados na páxina de Moodle, aínda que non é obligatorio facelo, polo que poden ser máis. Destes, o 70% son institutos e o resto universidades.
 
En 2004, a UJI e a Universidade das Palmas de Gran Canaria (ULPGC) adoptaban Moodle institucionalmente. Nun ano, sumáronse as universidades de Málaga, Cádiz, Extremadura, Politécnica de Cataluña e Rovira i Virgili, en Tarragona. Tamén se emprega en departamentos de universidades de Cartagena, Córdoba, Autónomas de Barcelona e Madrid, Granada, A Lagoa, León, País Vasco, Pompeu Fabra, Sevilla, Valencia, Alcalá, Carlos III de Madrid, Castilla-A Mancha, Rei Juan Carlos, Salamanca, Valladolid e algunhas privadas.
 
O groso de centros con Moodle son os institutos. Os cataláns e andaluces foron os primeiros.
 
Hoxe existen tres proxectos institucionais de apoio a institutos que o utilizan: EducaMadrid (Comunidade de Madrid), cuxa aula virtual ten Moodle como ferramenta base; Linex (Extremadura), tamén o inclúe, e o Aula Virtual de teleformación e apoio ao ensino presencial (Canarias), desenvolvida en colaboración coa ULPGC.
 
O que gusta aos profesores de Moodle é que é código aberto e libre. Así, poden modificar, crear e engadir módulos e aplicacións ao seu gusto e compartilos con outros docentes. Máis de mil persoas da comunidade educativa española participan na comunidade Moodle, aportando solucións pedagóxicas, informáticas, de deseño ou detectando erros.
 
É software para profesores feito por profesores. Ademais, ao ser libre pode obterse gratuitamente, o que aforra deceas de miles de euros aos centros educativos.
 
Funciona con Linux, MacOS e Windows e é fácil de usar: “Pode adaptarse ás necesidades de calquera institución, nunha clase cun profesor ou nunha gran universidade, realizar actividades didácticas sofisticadas ou non e, ao usar formatos abertos, os contidos non quedan prisioneiros en formatos propietarios”, afirma Adell.
 
O Moodle serve tamén para a formación a distancia, pero a maioría de universidades úsano como complemento das clases presenciais, explica Adell: “Permite distribuír materiais de aprendizaxe, crear e xestionar debates temáticos e tablóns de anuncios, pasar cuestionarios aos estudantes, avaliar tarefas, integrar recursos de Internet, crear glosarios e dicionarios, xestionar o tempo a través dun calendario global de distintas asignaturas, ofrece ferramentas de comunicación entre os estudantes, como a mensaxería instantánea, permite a tutoría electrónica en privado ou en grupo, calcula estatísticas, xestiona as cualificacións, etcétera”.
 
Adell asegura que tamén lles gusta aos estudantes. “Afórralles tempo: non teñen que desprazarse á universidade para preguntar dúbidas ao profesor ou conseguir fotocopias de apuntes, e poden comunicarse en tempo real con compañeiros para traballos conxuntos. Nas actividades en rede queda constancia da súa participación, cara á avaliación. Así, os que participan pouco nas clases presenciales teñen oportunidade de facer oír a súa voz”.
 
Algúns docentes non se dan por decatados, explica o profesor: “Se non manexan recursos electrónicos, téñeno todo en papel ou empregan a metodoloxía de clase magistral, toma de apuntes e exame final, é difícil que Moodle lles axude”.
 
Outro entusiasta de Moodle é Enrique Castro, investigador en neurociencias e profesor de Bioquímica na ULPGC. Creou diversos módulos e escribiu dous manuais.
 
A Universidade das Palmas usa Moodle de forma exemplar, explica: “É un servizo máis, como a tiza ou o correo electrónico. Ofrecémolo a todos os ámbitos do ensino. Todos os estudantes, profesores e asignaturas están precargados no campus virtual, esperando que libremente decidan usalo. Non é obligatorio. Das 3.000 asignaturas, 1.500 profesores e 23.000 estudantes que temos, a metade emprégao”.
 
A ULPGC é a única universidade pública en España que ten unha facultade de teleformación e usa plataformas virtuais desde 1998. Adoptou Moodle. Úsao tanto para titulaciones a distancia como para apoiar a docencia presencial; tamén se ofrece aos grupos de investigación que queiran un espazo virtual de teletraballo.
 
Castro pon como exemplo da súa utilidade os foros de discusión: “Permiten manter unha discusión viva durante días, para que estudantes e profesores sopesen as súas respostas, non como en 10 minutos no aula. Pode parecer trivial, pero é notable a falta de participación dos alumnos en clase. A dispoñibilidade dun foro asincrónico permite que se susciten dúbidas dunha forma máis frecuente e que queden dispoñibles para todos os estudantes, sen que o profesor teña que responder a mesma dúbida decenas de veces”.
 
Outro exemplo: “Antes, os estudantes entregaban os seus traballos en papel. O profesor debía ter unha lista de quen entregara e cando, e o alumno debía buscar ao profesor para darlle o traballo. Con Moodle, o sistema rexistra a data de envío do traballo, marcando os que se entregan fóra de prazo. O profesor selecciona ao alumno na lista para ver cando entregou o traballo e acceder a el, pinchando nun enlace, corrixilo e poñerlle nota que, automáticamente, pasan ao libro de cualificacións do estudante, que pode consultar. Ademais, envíaselle a nota por correo electrónico. O profesor non ten que facer nada”.
 
O vicerrector da ULPGC, José Juan Castro Sánchez, é outro entusiasta de Moodle, para quen a reticencia dalgúns profesores non é problema: “Impartímoslles periódicamente cursos de formación. Levamos 13 edicións, polas que pasou o 33,66% do noso persoal docente, e estimamos que usan Moodle o 40%, o que demostra que é tan doado de usar que non é imprescindible facer un curso”.
 
Cara a un novo modelo de pedagoxía colaborativa, as plataformes

virtuais de aprendizaxe están aquí para quedarse, opina Jordi Adell: “Son un complemento imprescindible da formación presencial ou semipresencial. Algunhas actividades realízanse mellor nunha plataforma que en clase, por falta de tempo por exemplo, e outras serían imposibles de facer doutro xeito”. “Prácticamente”, engade Adell “todas as universidades usan algún tipo de plataforma de aprendizaxe cos seus alumnos.

 
A reforma da docencia, inherente á armonización europea, que dá gran importancia á tutoría, o traballo en grupo e as actividades autónomas de aprendizaxe potenciará máis o seu uso”. Isto traerá grandes cambios, segundo José Juan Castro: “A medio prazo, deixará descolgados aos profesores que se resisten a unha mínima virtualización das súas materias, como a incorporación á rede de apuntes e documentos, o uso do correo electrónico para comunicarse cos estudantes e a utilización intelixente da tecnoloxía para acceder a fontes de información. A clase será cada vez máis unha contorna de traballo colaborativo e afastarase do auditorio unidireccional. Ao permitir a participación asincrónica, atraerá a profesionais, o que supoñerá unha presión pedagóxica cara ao práctico e a intensificación da tendencia á formación toda a vida”.
 
De todos os xeitos, os entrevistados coinciden no seu rexeitamento cara a unha educación exclusivamente virtual.
 
O Massachusetts Institute of Technology publica na Rede os contidos dos seus cursos, pero Enrique Castro aclara: “O propio MIT indica que simplemente lendo esta información non se obtén unha educación MIT”. O valor engadido é a interacción estudante-profesor. “Malia todos os avances, a relación persoal segue sendo a base e o método máis eficaz. Un docente non é un busto parlante sustituible por un ordenador”. Segundo Castro, Moodle é unha extensión desta interacción: “Permite unha xestión máis eficaz do tempo, con maior comunicación e interactividade, pero en ningún momento susciteime, nin eu nin a universidade, ir cara a un modelo de ensino totalmente a distancia. É un complemento que nos leva a novas formas de docencia, na que o importante non son tanto as horas de clase presencial, senón o traballo particular do alumno”.
 
Fonte: www.elpais.es  

egroupwareO pasado día 12 publicouse, logo de 20 meses de duro desenvolvemento, a esperada versión 1.2 de eGroupWare .

eGroupWare é un Software Libre, de execución en Web, escrito en PHP que permite centralizar información (calendarios, eventos, axenda, noticias, etc.) de grupos de traballo.

Esta nova versión ten importantes melloras, como a sincronización con clientes como Kontact, Evolution ou Outlook así como móbiles e PDA grazas a SyncML. Programas como este, Kolab, OpenGroupware.org ou Citadel poden reemplazar servidores de MS Exchange.

Fonte: www.barrapunto.com

O Centro de Formación e Recursos do Profesorado de A Coruña organiza unhas xornadas sobre software libre na educación no IES As Mariñas de Betanzos.

Desenvolveranse durante os días 24, 25, 26 e 27 de abril. Realizaranse catro sesións de dúas horas cada unha. A primeira sesión será de carácter divulgativo sobre que é o software libre. Na segunda sesión traballarase sobre temas de software libre aplicados á educación.

As dúas últimas sesión terán forma de taller e se realizarán sobre o sistema operativo Guadalinex 3.0. O programa oficial estará dispoñibel en breve.

 

Durante a ‘LinuxWorld Conference’, celebrada en Boston (Massachusetts) a pasada semana, a compañía Novell anunciou o lanzamento de ‘SUSE Linux 10.1’, a última versión da súa distribución para [[GNU/Linux]]. Trátase da primeira versión ‘SUSE Linux’ desenvolvida en completa colaboración coa comunidade de Código Aberto (‘Open Source’), con máis de 1.500 paquetes que conteñen as últimas novidades de Software Libre, tales como a suite ofimática OpenOffice, o navegador web Firefox e outras ferramentas multimedia.

‘SUSE Linux 10.1’ ofrece as últimas versións de [[Firefox]] e de [[OpenOffice]] compatibles con Windows e con soporte para macros en Visual Basic; clientes de correo electrónico e mensajería instantánea; aplicacións de xeración, edición e xestión de gráficos; e importantes ferramentas de seguridade como sistemas de bloqueo de spam, software antivirus e un firewall integrado.

Ata, entre as novas e actualizadas funcións, preséntanse o sistema de procura Beagle totalmente integrado, os reproductores de música mp3 [[amarok]] e Banshe, e a tecnoloxía de rendering Xgl para unha experiencia visual mellorada. ‘SUSE Linux 10.1’ dispón ademais dunha mellor xestión da enerxía e a aplicación de redes Network Manager.

Ademais das funcións para os novos usuarios, ‘SUSE Linux 10.1’ inclúe ferramentas avanzadas de Código Aberto para os desarrolladores máis experimentados de Linux. Incorpora os últimos paquetes de servidores e desenvolvemento, polos que pode ser rápidamente configurado para crear unha rede en casa, web hosting, ou desenvolvemento de aplicacións. Inclúe a contorna de virtualización completamente integrado Xen 3.0, o sistema de administración YaST e a aplicación de seguridade de sinxelo manexo Novell AppArmor.

Para Andreas Jaeger, Chief Mainteiner de SUSE Linux de Novell, “SUSE Linux 10.1 marca un punto de inflexión para Novell e os membros da comunidade openSUSE”, e tamén comenta que “traballando coa comunidade, habemos expandido e mellorado todos os elementos da distribución para facilitar a mellor experiencia posible a aqueles usuarios que empregan Linux por primeira vez, á vez que continuamos estabilizando, integrando e facilitando os mellores paquetes de software de Código Aberto para os enxeñeiros”.

kde_logoAcaba de saír a última e esperada versión da suite ofimática KOffice. Entre as novidades máis importantes desta nova versión, destaca por enrriba de todas, o soporte nativo para OpenDocument File Format o cal asegura unha total compatibilidade co resto de programas que usan este estándar.
 
Asemade, a futura versión 2.0 funcionará tamén sobre MS Windows e Mac OS X.

Para quen non coñeza KOffice, decir que KOffice é un conxunto de aplicacións de oficina para KDE que utiliza estándards abertos e libre para os seus formatos de documentos, compoñentes de comunicación e compoñentes embebidos.

A última versión inclúe:

  • un completo procesador de textos (KWord);
  • unha folla de cálculo (KSpread);
  • unha aplicación de presentacións (KPresenter);
  • unha aplicacións de deseño de organigramas (Kivio);
  • unha aplicación de base de datos integrada (Kexi);
  • un programa de edición de imaxes (Krita);
  • un programa de debuxo vectorial (Karbon14).
  • un programa de xestión de proxectos (KPlato).

Para máis información, visitar a páxina web do proxecto: http://www.koffice.org

Fonte: www.koffice.org

O BNG ven de firmar unha iniciativa na que demanda coñecer os requisitos que deben cumprir as PC’s que Educación subvencionará a partir do mes que ven cunha axuda de 300 euros…

O deputado Carlos Aymerich coida que a orde debería incluir requisitos como que a PC non leve instalado un sistema operativo privativo como o Windows, pois dende a administración pública non se pode fomentar o consumo de material informático con sistemas privativos.

Valoran moi positivamente esta iniciativa de Educación que é unha boa medida para correxir desigualdades, pero confía en que ademais sirva para promover o uso de Sofware Libre, establecendo que as PC’s dispoñan dun sistema operativo de código aberto….

Fonte: BNG  

HP introduciu o pasado 4 de abril, o primeiro ofrecemento en hardware, software e servizos ás empresas, para simplificar a integración do Software Libre e o software comercial.

Deseñado para acelerar a adopción do Software Libre nos centros de procesamentos de datos, o novo HP Open Source Integrated Portfolio (OSIP) prové aos seus clientes cunha maneira máis fácil de despregar un amplo abano de Software Libre, comercial e aplicacións híbridas sobre Linux, Windows e entornos HP-UX 11i…

HP retrasou os seus contratos de software libre con miles de clientes en todo o mundo, para ofrecer solucións baseadas en Software Libre estandarizadas e heteroxeneizadas para un máis amplo mercado, usando unha aproximación baseada nunha arquitectura orientada a servizos.

As solucións inclúen compoñentes de partners das empresas máis punteiras e veñen completos cos servizos de consultoría global e soporte de HP, necesarios para un despregue efectivo.

“Existe unha crecente demanda de solucións integradas de Software Libre e comercial en multiples sistemas operativos, e os clientes queren unha fonte fiable de responsabilidade”, dixo Christine Martino, vicepresidente da Open Source and Linux Organization de HP. “O HP Open Source Integrated Portfolio” prové esa confianza ás compañías facendo que o software libre pase a formar parte da súa estratexia global para ser máis adaptativos no mercado”.

HP OSMS prové aos clientes con tres novas maneiras de integrar o Software Libre nas plataformas HP:
  • HP Open Source Building Blocks
  • HP Open Source Blueprints
  • HP Open Source Services

Os tres compoñentes do HP OSMS están deseñados e testeados para asegurar aos clientes de que poden integrar transparentemente tecnoloxía baseada en Software Libre e privativa na empresa. Están tamén soportados polos máis de 6.500 servizos profesionais de HP arredor do mundo para correr tanto en Linux, Windows e HP-UX 11i.

Máis información sobre o HP Open Source Integrated Portfolio, incluíndo o HP Open Source Middleware Stacks, outras ofertas e servizos de soporte, está dispoñible en www.hp.com/go/opensource.

Fonte: HP

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal