Un profesor de arte da escola de arte da Maharishi University of Management de Fairfield, Iowa migrou os equipos das súas aulas a GNU/linux e este año comenzou a dar as súas clases de deseño co GIMP, Scribus, Inkscape, e Quanta Plus, no lugar do software privativo como Photoshop, QuarkXpress, FreeHand e Dreamweaver. …
Afirma que a reacción dos estudantes foi moi boa. Quedaron abraiados pola calidade do novo software.
Recoñece que o software privativo que viñan usando dende hai anos ten interfaces máis traballadas e bastantes características avanzadas que o software libre escollido. Pero aínda con iso pode asegurar que o software libre ten caracaterísticas máis que dabondo para o que necesitan nas súas clases e mesmo características moi boas que non teñen no software privativo.
A migración foi un grande éxito así que este semestre planea unha nova migración nas súas clases de video reemplazando o Avid DV Express, Final Cut Express HD, Soundtrack, e iDVD por Kino, Cinelerra, Rosegarden, e DVDstyler .
O ano próximo reemplazará Maya por Blender e quizais algunha combinación de Synfig, OpenLaszlo, or Ktoon por Flash.
Fonte: NewsForge