Mancomún

A Asociación LINUX ESPAÑOL e o avogado José María Lancho xunto coa Asociación de abogados LEGALVENTURE e a revista Linux Magazine veñen de desenvolver un proxecto para vixianza da neutralidade tecnolóxica co fin de acadar que a infraestructura informática da Administración do Estado deixe de ser un monopolio dunha tecnoloxía propietaria…

Dende a súa web, Observatorio de Neutralidad Tecnológica, pódense enviar denuncias de violacións da neutralidade tecnolóxica, como webs só accesibles dende IExplorer, intercambio de documentación en formatos propietarios…

Así mesmo pódense consultar as denuncias feitas por máis xente. 

Durante este mes de Abril, estará dispoñible KOffice 1.5 que dará soporte completo o formato Open Document Format ODF de forma nativa. Hasta agora, KOffice non tiña soporte nativo para ODF ainda que sí permitía a importación dos mesmos

Agora mesmo, está dispoñible a versión estable do KOffice  1.4.2 e a 1.5.rc1 (versión non estable, ou alpha).
 
Open Document Format é un formato de fichero estándar para o almacenamento de documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, memorandos, gráficas e presentacións. O seu desenvolvemento foi encomendado á organización OASIS e está baseado nun esquema XML inicialmente creado por OpenOffice.org. O formato OpenDocument pretende ofrecer unha alternativa aberta aos formatos de documentos propiedade dun fabricante, tales como os extendidos formatos DOC, ou XLS e PPT que son utilizados por Microsoft Office, incluíndo o denominado Microsoft Office Open XML Format cuxos requisitos de licenza impiden o seu emprego a diversos competidores.

Trátase dun cd ou dvd cunha distribución GNU/Linux preparado para arrancar o equipo dende el e traballar co sistema sen necesidade de instalalo no disco duro. Resulta moi axeitado para xente interesada en ver o funcionamento de GNU/Linux sen modificar o seu disco duro.

Ás veces veñen coa opción de realizar a instalación no disco duro, se así o quere o usuario (Knoppix, Galinux) e outros só están pensados para funcionar deste xeito e existe un CD distinto para facer a instalación (Ubuntu).

Para facer uso dun LiveCD cómpre obter un deles e logo configurar o ordenador para que arranque dende a unidade lectora. Reiniciar o equipo co disco na unidade de xeito que o LiveCD se iniciará automaticamente.

Para maior información pódese consultar a definición da wikipedia .

Unha distribución GNU/Linux é, en poucas palabras, o sistema operativo GNU/Linux integrado cun conxunto de aplicativos, de xeito que a súa instalación sexa o máis sinxela posíbel o que permite obter, nuns poucos pasos, un sistema totalmente funcional.

Pódese pensar nunha distribución como nunha pirámide formada polo núcleo Linux, as utilidades GNU do sistema operativo, un contorno de xestión do escritorio e os aplicativos de usuario. Ademais a distribución levará un idioma predeterminado xunto cun aplicativo de instalación do sistema máis ou menos automatizado.

Existen numerosas distribucións, a diferenza entre elas está nas ferrementas de instalación e configuración, os aplicativos que veñen incluídos, o sistema de paquetes para a instalación de novos aplicativos, o contorno de escritorio, etc.

Normalmente as distribucións fanse para un mercado particular ou un tipo de función específica, por exemplo:

  • contornos educativos

  • contorno empresarial

  • universidade

  • usuario final

  • servidores…

Pódense consultar nesta páxina as distintas distribucións existentes.

Si, existe software libre para diversos sistemas operativos, entre os que están Windows, MAC/OS, Unix e todas as distribucións GNU/Linux.

Unha pequena escolma de aplicativos libres para Windows, alternativos aos aplicativos habituais de escritorio é a seguinte:

  Aplicativo
Alternativa libre
Internet Internet Explorer Mozilla Firefox
Outlook Express Thunderbird
Outlook Thunderbird+Calendar
MSN Amsn
 Ofimática Ms Office OpenOffice
Multimedia  Winamp Zinf 
 Windows Media Player VLC
  Utilidades Winzip, winrar  7zip
 Adobe distiller PdfCreator

Pódese atopar unha relación maior na seguinte ligazón .

A Concellería de Ciencia e Tecnoloxía, a través do Centro Municipal de Informática do Concello de Zaragoza comezou o seu Plan de Migración a Software Libre nos postos de escritorio. Todas estas accións, e específicamente aquelas que se desenvolven no ámbito do SL, defínense na liña de acción “Zaragoza Aberta”, dentro do marco recollido no documento de outubro de 2003 “Zaragoza cara á Sociedade do Coñecemento”.

A Concellería planificou a migración a Software Libre en dúas fases. Na primeira abordará a migración das ferramentas ofimáticas coa implantación de OpenOffice 2.0 independientemente do sistema operativo (Microsoft Windows ou GNU/Linux) do posto, mentres que na segunda entrará na migración da plataforma. A motivación desta planificación é o gran impacto que no usuario ten o cambio das ferramentas ofimáticas e, en consecuencia, a necesidade de realizar unha xestión de devandito cambio.

O Concello de Zaragoza, consciente da importancia das tecnoloxías da información, leva desenvolvendo desde principios desta década un conxunto de accións para impulsar tecnolóxicamente a cidade e introducila plenamente na sociedade da información. Nesta ocasión elixiu a Ándago Ingeniería, compañía especializada no desenvolvemento de solucións e servizos globais asociados ás Tecnoloxías da Información, para asesorar na realización da migración.

Fonte.  

Existe unha grande confusión entre ambos termos porque GNU/Linux (moitas veces referido como Linux) é o máximo expoñente do software libre, mais son cousas diferentes.

GNU/Linux é un sistema operativo libre. Linux, creado por Linus Torvalds; constitúe só o núcleo de sistema operativo, á parte do sistema que xestiona en baixo nivel os recursos de hardware proporcionando unha capa de abstracción para un acceso máis sinxelo e seguro desde os aplicativos ao hardware. O resto de compoñentes do sistema operativo (compilador, intérprete de comandos…) foron desenvolvidos polo proxecto GNU , polo que o seu promotor Richard M. Stallman defende o nome GNU/Linux para darlle crédito a ambos proxectos.

O software lbre é calquera software que garante as 4 liberdades definidas por Richard Stallman. Entre os que as cumpren atópase GNU/Linux, pero non é o único. Existen multitude de aplicativos libres. Algúns deles son: OpenOffice, e Firefo, Amsn, etc. Na sección de Ligazóns atópanse sitios web onde buscar estas e outras aplicacións.

Libro electrónico para invidentes Braillebook é un proxecto español de libro electrónico para invidentes. Baseado en celas de 6 puntos móviles, permite transcribir ao braille textos electrónicos…

Entrégase xunto cun CD que contén software libre axeitado para usar con este dispositivo e drivers para Windows, Linux e MacOS X.

Dispón de memoria interna para almacenar os datos, así como conexión Bluetooth para a súa comunicación co PC.

Fonte: Xataca

 

A OSDL, a fundación de apoio ó Open Source, ven de crear un programa de becas para desenvolvedores de proxectos Open Source en áreas que axuden a impulsar a implantación de Linux…

Trátase de proporcionar axuda económica a desenvolvedores que non teñen outro medio de financiación.

Están abertos a recibir donacións para o fondo e tamén solicitude de becas.

Para máis información ver o anuncio na web da OSDL.

Trátase da primeira ferramenta de xestión integrada para Linux, que permitirá aos clientes xestionar e levar a cabo o mantemento do hardware, dos sistemas operativos e aplicacións dende unha única consola intuitiva…

 
A nova solución Novell ZENworks 7 Linux Management -Dell Edition é unha oferta exclusiva que proporciona unha serie de capacidades integradas de xestión de software e hardware para servidores Dell PowerEdge que funcionan con Linux.

Esta ferramenta estará dispoñible o vindeiro mes de Abril, e segundo as palabras do vicepresidente de Dell “O resultado do esforzo de colaboralción entre Dell e Novell é unha solución tecnolóxica de xestión de Linux consolidada que permite aos clientes reducir os costes e a complexidade”.
 
Fonte: Diario TI  
 

O termo copyleft describe un concepto totalmente oposto ao de copyright.

Toda obra realizada baixo copyleft pode ser copiada e/ou distribuída sen ter que pagar un canon ou incumplir unha lei. Así, e nun contorno non legal, o copyleft pode considerarse como oposto ao copyright.

As normas do copyright (dereito de autor), son vistas polos defensores do copyleft como un xeito de restrinxir o dereito de facer e redistribuií copias dun traballo determinado e, deste xeito, parar a libre divulgación do coñecemento.

Un traballo baixo copyleft garántese que se poida usar, modificar e redistribuír, tanto o propio traballo como as versións derivadas del.

Este tipo de licenzas pódense aplicar a unha diversidade de traballos, tales como o software, a literatura, a música e a arte.

Os vocábulos ingleses "right" e "left" significan "dereita" e "esquerda", respectivamente, o que acentúa a diferenza entre ambos termos.

No desenvolvemento de proxectos libres existe unha parte técnica que é, indudablemente, moi importante. Sen embargo, moitas veces esquecemos a parte máis “social” que pode facer que un proxecto libre sexa exitoso ou o máis rotundo fracaso.

Neste libro titulado “How to Run a Successful Free Software Project” explícanse diferentes aspectos relacionados coa parte menos técnica dos proxectos libres. Está publicado coa licencia Creative Commons. O autor, Karl Fogel, fundador do proxecto subversion é toda unha autoridade na materia. Moi recomendable.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal