Mancomún
No seguinte enderezo web http://www.linuxhaxor.net atópanse dispoñibles as ligazóns a un total de 68 e-books con documentación e cursos, enfocados todos eles ao mundo de GNU/Linux.
Nas ligazóns podemos topar e-books desde temas básicos de aprendizaxe de Linux até cuestións máis avanzadas como guías de programación de módulos para o kernel de Linux, administración de sistemas, desenvolvemento de aplicacións con distintas linguaxes de programación…

 

Fonte da nova:
http://www.linuxhaxor.net/2007/09/05/68-linux-related-free-e-books/

AntiX MEPIS 7.01 é a versión actualizada de antix derivada de SimplyMEPIS 7.0. Esta nova versión conta co novo Kernel 2.6.22.14 que dispón dos últimos parches de seguridade, tódalas novas actualizacións de seguridade de Debian dende antiX 7.0, novos scripts para LiveCD e versións renovadas das utilidades de MEPIS. antiX MEPIS 7.01 chamada “Lysistrata” inclúe tamén X.org 7.2 dos repositorios de Debian Testing e un novo tema para Grub.

Xunto a esta nova versión tamén se presenta antiX-M7.01 base, un LiveCD inestable de tan só 178 MB que inclúe Fluxbox e tódalas utilidades de Mepis.

CADEMIA é unha aplicación [[CAD]] de Software Libre, feita en Java. Hai dúas versións, unha baixo licenza [[GPL]] e outra profesional, que aínda está en fase de desenvolvemento, e que vai traer algunha funcionalidade a maiores da versión libre (comunity). Foi desenvolvido con propósitos académicos e de investigación pola universidade alemá de Bauhaus University Weimar.

 

Algunhas das súas características son:

  • Fácil uso, é menos complexo que outras aplicacións similares
  • Programación sinxela
  • Xestión de macros
  • Vistas ampliables
  • Atributos de debuxo seguen os estándares
  • Edición de diferentes extensións de ficheiros
  • ….

Descarga: Sourceforge.net

Pantallazos: CADEMIA  

O Laboratorio de Software Libre da Universidade de Córdoba celebrou un curso de [[Ruby]] durante o mes de Novembro. Ruby é unha linguaxe de programación de gran potencia e múltiples posibilidades que van desde o desenvolvemento de videoxogos, hasta aplicacións webs, pasando polo scripting.

O curso tivo unha duración de 6 semanas, durante as cales se levou a cabo a creación dun CMS (sistema de xestión de contidos). Agora publican os materiais do curso desde a súa páxina web:

Descarga de materiais do curso de Ruby

O Laboratorio de Software Libre da Universidad de Córdoba é un punto de reunión para alumnos e persoas en xeral que desexen coñecer e perfeccionar os seus coñecementos informáticos desde o punto de vista da  distribución de código e coñecemento libre.

Roberto Galoppini, un dos grandes expertos en Software Libre e da súa aplicación aos negocios na veciña Italia, preséntanos unha Guía, dividida en dous tomos que podemos considerar como fundamentais.

A guía (desenvolvida no contexto dos proxectos FLOSSMETRICS e OpenTTT) presenta unha serie de directrices e suxestións para a adopción do Software Libre dentro das PEME, empregando un modelo que guiará as empresas desde a selección inicial e a adopción de FLOSS dentro da infraestrutura TIC ata a creación de modelos de negocio baseados en software de código aberto.

Divídese en dous documentos, nun deles explícase o modelo de Software Libre e como pode ser seleccionado, valorado e utilizado polas pequenas e medianas empresas (aínda que, de feito, pode aplicar a calquera organización, incluíndo as públicas). O segundo é unha recompilación realmente impresionante, incluíndo descrición das principais solucións Open Source en áreas tan diversas como: software de xestión de redes, sistemas de xestión da seguridade, ERP e CRM, groupware, xestión documental, sistemas de xestión de contidos (CMS), VoIP, CAD/SIG, aplicacións de escritorio, loxística e facturación, comercio electrónico e tele-ensino.

A guía distribúese baixo licenza Creative Commons e o autor é Carlo Daffara. Pódense descargar os documentos dende o apartado de â??Informes doutros estudosâ? dende os Informes do Observatorio Galego de Software Libre.

Fonte: TodoBI

http://www.mancomun.org/images/stories/osl-udc-es.pngA “Oficina de Software Libre” da Universidade da Coruña ten dispoñible na súa páxina web o artigo “Estudo da alternativa a SPSS: R-project“:

“Dentro das actuacións previstas para a OSL, está a coordinación do estudo de alternativas do paquete estatístico SPSS á solución libre R xunto cunha interface gráfica amigable para o usuario final.

Dentro das diferentes iniciativas neste marco de actuación, levamos a cabo as tarefas seguintes:

  • Estudo de viabilidade de R como alternativa libre de SPSS.
  • Avaliación das interfaces gráficas desenvolvidas para R.
  • Elaboración dos informes de avaliación de R e as diferentes interfaces gráficas de usuario dispoñibles.” 

Esta actuación deu como resultado o “informe de R-Project como alternativa para SPSS”, estudo comparativo de R enfocado á análise das distintas interfaces gráficas dispoñíbeis en que se centra no seu nivel de madurez como nas prestacións que ofrecen actualmente…

 

O estudo está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons  

Firefox Wonder Edition é unha versión especial de Firefox construída cuns extras para ter unha navegación rápida e que non consuma moita memoria. Firefox Wonder Edition está baseado na versión portable de Firefox para Windows, inda que é posible executalo con Wine en sistemas GNU/Linux.

Non é necesario mudar a versión actual de Firefox, xa que esta versión permite a execución dende unha unidade USB ou outro soporte, sen necesidade de instalación. A parte de facer un uso máis eficiente de CPU e memoria, ten instalado algúns complementos que melloran o rendemento de Firefox como son Fasterfox, Flashblock e NoScript

Pódese descargar Firefox Wonder Edition dende aquí.   

Fonte: Techdo.com

GNU Octave é un programa que permite realizar cálculos numéricos e como o seu nome indica forma parte do proxecto GNU. O seu equivalente comercial é o Matlab.

A última versión de Octave é a 3.0.0 que saiu o 21 de decembro do 2007. Nesta última versión inclúense un montón de melloras orientadas a mellorar a compatibilidade cos formatos propietarios de Matlab.

Para máis información sobre este programa visite a seguinte ligazón: http://www.gnu.org/software/octave/about.html  

Páxina de descargas:
http://www.gnu.org/software/octave/download.html

Está dispoñible a nova versión de Flickr Uploadr 3.0 que trae como gran novidade a liberación do seu código mediante a licenza GPLv2.

Ademais esta nova versión tamén inclúe un completo redeseño, moi optimizado para ser máis eficiente coa xestión das nosas imaxes, permitíndonos dun xeito doado engadir e/ou cambiar nomes a imaxes, descricións, etiquetas e niveis de acceso. Tamén nos permite organizar as nosas imaxes ordenándoas desde a propia aplicación, podendo crear carpetas de imaxes sen estar conectados a internet (nun primeiro momento). Unha vez que teñamos conexión a internet, o programa  rematará todas as tarefas pendentes.

Fonte da nova:
http://www.genbeta.com/2007/12/13-flickr-uploadr-30-ya-listo-para-su-descarga
 
Ligazóns de interese:
http://www.flickr.com/help/tools/
 

Urban Terror é un mod para [[Quake 3]] que permite meterse na pel dun marine ou dun terrorista, ambos cun completo arsenal de novas e realistas armas. Este mod cambia todo o xogo por completo, non soamente introduce armas, se non que tamén engade novos skins, novos mapas, voces, etc…

A última versión é a 4.1 de Urban Terror e pode ser xogada en GNU/Linux, Mac OS e Windows. Agora pódese utilizar o cliente ioUrbanTerror, baseado no proxecto [[GPL]] ioquake3, co que non é necesario dispoñer dunha copia do Quake 3.

 

A lista de novidades nesta versión é a seguinte:

  •  Sistema de baneo por IP.
  •  Protección contra nomes duplicados, agora dous xogadores non poden ter o mesmo nome, aínda que para iso, agora non pode haber espazos no nome.
  •  Elimináronse os skins brancos.
  •  Actualizáronse os mapas e engadíronse algúns novos.
  •  Actualizada a interface de usuario e as opcións por defecto.
  •  Non se poden realizar votacións nos primeiros 60 segundos de cada mapa.
  •  Realizáronse diversos axustes na xogabilidade
  •  Corrixíronse varios erros.

É necesario descargar o xogo completo desde a páxina oficial, non hai parches de actualización e requírese desinstalar as versións previas para un correcto funcionamento.

Descarga: Urban Terror  

O novo proxecto de Mozilla Labs chámase “Weave” e permitirá aos usuarios gardar todas as súas configuracións (marcadores, sesións, contrasinais, etc…) nos servidores de Mozilla para despois permitir cargalos desde calquera outro navegador.

Polo de agora están traballando nos servidores para gardar estes datos tendo como gran obxectivo manter a privacidade dos mesmos. Ademais permitirán que calquera poida crear o seu propio servidor de Weave, tanto de carácter persoal como profesional.

Aínda está nunha primeira fase de desenvolvemento polo que non é aconsellable o seu uso se co noso perfil de Mozilla se temos datos importantes almacenados no mesmo…

Para usalo temos que crear unha conta na web https://services.mozilla.com e despois descargar a extensión Weave. A extensión pedirache que escribas o teu enderezo de correo e un contrasinal para cifrar os teus datos. Despois a extensión sincronizará automaticamente os teus datos cada 30 minutos.

 

Fonte da nova e máis información:
http://labs.mozilla.com/2007/12/introducing-weave/
 

http://www.mancomun.org/images/stories/acid_test.pngDesde hai uns días podemos descargar a nova versión beta do Firefox 3.

Nesta nova versión podemos atopar diversas melloras e novas características. Unha das novas e máis importantes melloras é que Firefox 3 xa cumpre perfectamente o Acid Test, test que dunha forma gráfica analiza se o noso navegador cumpre cos estándares web. No caso de cumprir correctamente os estándares a imaxe que se visualizará será a cara sorrinte da dereita desta nova.

Ademais tamén se mellorou a súa estabilidade, rendimento e seguridade e inclúe xa algunha características da versión final que sairá ao longo deste ano, como temas de iconas personalizados para cada sistema operativo.

Como ocorre con todas as betas, segue sendo unha versión só recomendada a desenvolvedores e/ou colaboradores…

Descargar Mozilla Firefox 3 beta 2

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngUn artigo de The Economist no que se prevén as tendencias para o 2008 fai fincapé no mundo Linux e na importancia que Ubuntu está tendo neste mercado.

O artigo deste prestixioso diario de economía destaca o feito de que moitas empresas que tradicionalmente adoptaron unha filosofía propietaria abrirán as súas portas pouco a pouco ao Software Libre.  Segundo o seu autor, nin Apple nin Microsoft poden competir co prezo gratuíto destas solucións, un argumento moi importante para empresas que desexan reducir custes. Segundo algunhas opinións, dí o artigo, os usuarios de Linux pronto superarán aos de Mac OS.

Pero o máis interesante é o que se di de Ubuntu, unha distribución Linux que fixo máis doado o camiño ao resto de solucións neste segmento. “Non hai dúbida, Gutsy Gibbon é actualmente a distribución Linux máis elegante, mellor integradas e máis amigable para o usuario. Actualmente é máis doado de instalar e configurar que calquera Windows….

.. Fíxose un gran traballo tamén no apartado gráfico e especialmente nas fontes tipográficas, tan intuitivas e atractivas como nos Macs”.

Máis información e fonte completa da nova:
http://www.theinquirer.es/2007/12/28/ubuntu_clave_para_el_crecimiento_de_linux_.html

Os usuarios da Softpedia establecen o ranking das dez mellores aplicacións de escritorio baixo licenzas de código aberto en 2007. As aplicacións escolléronse en función da utilidade e número de descargas por parte dos usuarios durante o pasado ano.

A clasificación quedou da seguinte maneira:

  1. GIMP, GNU Image Manipulation Program, software de retoque fotográfico.
  2. Mplayer, reprodutor de vídeos.
  3. Amarok, reprodutor de sons ao estilo de iTunes.
  4. Pidgin, cliente de mensaxería multiplataforma (AIM, IRC, Yahoo, Google Talk, MSN, …).
  5. OpenOffice.org, suite ofimática (procesador de textos, follas de cálculo, base de datos, …).
  6. Wine, implementación da API de Windows para sistemas baseados en Unix.
  7. K3B, aplicación para grabación de CD e DVD en sistemas GNU/Linux.
  8. Firefox, navegador web personalizable, rápido e seguro.
  9. Thunderbird, cliente de correo electrónico, lector de novas RSS, grupos de novas (newsgroup), …
  10. Filezilla, un cliente FTP, FTPS e SFTP multiplataforma con moitas características útiles e interface intuitiva. 

Fonte: Softpedia

http://www.mancomun.org/images/stories/ez_for_ob.pngJordi Massaguer Pla vén de publicar un conector, EZforOb, que permite a comunicación entre eZ Publish e Openbravo ERP. A integración de Openbravo cun sistema de comercio electrónico era unha das peticións que a comunidade estaba demandando e que agora se pode facer por medio de eZ Publish.

EZforOb permite conectarse coa instancia Openbravo ERP e descarga o catálogo de produtos da mesma. Todos os catálogos descárganse nunha carpeta invisible, de modo que o administrador da tenda pode publicar estes produtos onde desexe.

Na páxina do proxecto eZforOb está o ficheiro para descargar é todos os detalles técnicos e instrucións explicando o proceso de instalación. A integración implementouse facendo uso da biblioteca de Servizos Web en Openbravo (concretamente Apache AXIS).

A empresa que levou a cabo o desenvolvemento da aplicación foi Opentrends.

Fonte: Blogue de Jordi Mas

A compañía de Internet AOL, filial do xigante mediático estadounidense Time Warner, decidiu suspender o desenvolvemento do navegador Netscape.

Tom Drapeau, director de Netscape dentro de AOL, anunciou no blogue de Netscape que desde a última versión número 9 do navegador até a 1.0, deixarán de estar dispoñibles a partir do 1 de febreiro de 2008. En opinión de Drapeau, AOL decidiu suspender o desenvolvemento de Netscape xa que foi “incapaz de gañar cuota de mercado e o número de usuarios diminuiu”.

Por outra banda o mencionado directivo sinala que, tamén, polo “éxito de Mozilla Firefox á hora de desenvolver produtos moi louvados polo público, cremos que é o momento apropiado para suspender o desenvolvemento de Netscape e pasarlle a testemuña a Mozilla e instar aos usuarios de Netscape a que adopten o navegador Firefox”…

 

Extraído da Wikipedia Galega:
“Netscape Navigator
foi un navegador web, o primeiro comercial, que foi o produto estrela de Netscape Communications Corporation, que dominou o mercado entre entre 1996 e 1999.
Desenvolveuno o equipo dirixido por Marc Andreesen que creou o Mosaic, ao que substituiu rapidamente. Saíu ao mercado o 13 de outubro de 1994 co nome de Mosaic Netscape 0.9.
Netscape Navigator creou novos estándares para a presentación de páxinas web, como táboas e marcos, e foi tamén o primeiro en incluír unha linguaxe de script, ao introducir na súa versión 2.0 JavaScript.
En marzo de 1988 Netscape liberou a maioría do código fonte do navegador e o colocou baixo a licenza de software libre.

 

Máis información en:
http://www.hispamp3.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal