Mancomún

Acábase de anunciar que Movable Type xa é Software Libre. Six Apart acaba de facer pública a primeira versión libre de Movable Type, unha das plataformas de blogues máis populares fai uns anos pero que se volveu de pago, o que fixo que WordPress o superara ao optar por unha licenza GPL desde os seus inicios. 

Movable Type Open Source (MTOS) publícase baixo a licenza GPL2. Ademais esta versión libre inclúe todas as características de Movable Type 4.0 (MT4), e todas as extensións, temas, modelos, deseños e API funcionan tanto con MT4 como coa versión libre.

De momento pódese obter o código fonte desde o repositorio público de Subversion ou nos paquetes diarios. Cando estean listos os paquetes estables, publicaranse en movabletype.org…

 

 

Fontes da nova:
http://www.maestrosdelweb.com
http://rvr.typepad.com/linotipo/2007/12/movable-type-ya.html

O Ministerio de Economía e Finanzas recomenda o uso de formatos de datos abertos, sobre todo no intercambio de documentos con institucións públicas como a Facenda. O ministerio aprobou o mes pasado exemplos de formatos de documentos electrónicos para impostos e que son legalmente válidos como substitución dos seus correspondentes en papel.

Facenda aceptará recibos escaneados e outros documentos electrónicos mentres non poidan ser verificados e validados convenientemente. O ministerio tamén publicou un anexo en que fai diversas recomendacións para aqueles desenvolvedores que queiran estandarizar a dixitalización dos diversos documentos…

Até o de agora están a considerar documentos estándares ISO ou similares a ISO PDF/A, PNG ou JPEG2000.

Alberto Barrionuevo, o vicepresidente da Fundación para unha Infraestrutura de Información Libre (FFII), comenta que o anexo “remedia a ambigüidade de recomendacións anteriores publicadas por Facenda que so facían referencias a «formatos de documentos usuais»”

Ligazón orixinal: idabc

http://www.mancomun.org/images/stories/igalia.gifNokia acaba de liberar a primeira versión de “Modest”, un novo cliente de correo electrónico para dispositivos móbiles e Internet Tablets que funcionan con GNU/Linux. Ao mesmo tempo Igalia anuncia que estivo traballando no desenvolvemento de Modest a da tecnoloxía sobre a que se basea durante máis dun ano.

Modest é lixeiro, con todas as características dun cliente de correo e optimizado para hardware con limitados recursos como dispositivos móbiles como as Internet Tablets Nokia N800/N810, aínda que se pode usar en calquera PC executando GNU/Linux grazas a que foi deseñado sobre Maemo e a plataforma GNOME Mobile

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.igalia.com

Sun Microsystems anuncióu en Bangalore, India, un programa de incentivos económicos chamado “Open Source Community Innovation Awards Program” orientado a premiar a aqueles desenvolvedores de código aberto que descubran tecnoloxías innovadoras e aplicables á súa estrutura.

A idea do fabricante é proverse de novas tecnoloxías a través dos aportes de comunidades como GlassFish, NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSolarisOpenSPARC. O programa permite que cada comunidade determine as súas propias pautas de selección e avaliación de proxectos. Os gañadores anunciaranse en agosto de 2008 e Sun pagará, ao redor de 1 millón de dólares anuais a cada desenvolvemento…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.laflecha.net
 

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_agasol.jpgEn “Barrapunto.com” atopamos a seguinte nova:
“Daniel Armendáriz, presidente de Esle, cóntanos vía email:
Na pasada III Conferencia de Software Libre de Badajoz reuníronse as asociacións empresariais de Software Libre de Canarias, Cataluña e Euskadi; ESLIC, CatPL e ESLE respectivamente para poñer en marcha a iniciativa de crear unha Federación (Confederación) de asociacións empresariais de Software Libre…”
 
Tamén debemos mencionar que AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) xa se engadiu a esta iniciativa. Tamén están pendentes de crear as asociacións de Madrid, Aragón e Andalucía…

Fontes da nova:
Barrapunto.com
AGASOL

http://www.mancomun.org/images/stories/galite.pngNa páxina web de GALITE anuncian que van celebrar unha cea o sábado día 22 de decembro, cea que aproveitarán para achegar impresións e na que intentarán facer un estudo actual de GALITE ademais de presentar algunhas ideas para o 2008 e confirmar algúns temas co concello.

Para aqueles que queiran asistir cea e ver que é o que fai a xente de GALITE, só tendes que mandar un correo a galite@gmail.com pedindo a asistencia á mesma.

Fonte da nova:
http://galite.dvrdns.org/drupal/node/219

Mancomun.org ten presenza no VIII Informe da Sociedade da Información elaborado por Telefónica e que recolle a integración social das TIC en España. Mancomun.org aparece citado no apartado dedicado a Galicia describíndose as súas principais liñas de actuación e actividades. Tamén está presente o compromiso da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información coa interoperabilidade e os estándares abertos descrito no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.

Fonte: Código Cero

Hero of Allacrost é un xogo de rol en 2D ao máis puro estilo dos RPGs dos 90 para consolas. Está dispoñible para varios sistemas operativos (GNU/Linux, MacOS X, Windows) e ten licenza [[GPL]]. a última versión publicada é a 0.2.1, incluíndose as seguintes novidades:
  • Agora pódense ter varios personaxes.
  • Soporte para gardar e cargar a partida.
  • As opcións do xogo (pantalla, son, configuración de teclado e joystick) son gardadas e recuperadas automaticamente.
  • Engadíronse cofres con tesouros nos mapas.
  • Agora pódese correr no modo mapa, mostrándose unha barra indicadora da enerxía.
  • A interface de compras foi mellorada.
  • Soporte para diálogos interactivos nos mapas.
  • A reprodución de son foi mellorada considerablemente.

 

Fonte: LinuxJuegos.com  

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifA extensión OpenOffice.org2GoogleDocs permíteche importar os teus documentos e follas de cálculo desde Google Docs a OpenOffice.org e viceversa, de maneira que podes traballar cos teus documentos independentemente de se estás conectado a Internet.

Pode sincronizar os seguintes tipos de ficheiros:

  • Documentos de texto: OpenDocument text (.odt), StarOffice (.sxw), Microsoft Word (.doc, pero non MS XML) e formato de texto enriquecido (.rtf)
  • Follas de cálculo:OpenDocument Spreadsheet (.ods), Microsoft Excel (.xls), e ficheiros separados por comas (.csv)
  • Presentacións de Microsoft PowerPoint (.ppt, .pps)

Con esta aplicación terás sempre os teus documentos dispoñibles ademais de poder usala para facer unha copia de seguridade dos teus documentos en Internet.

A extensión é Software Libre e funciona en calquera sistema operativo onde teñas instalado o OpenOffice.org co único requisito de ter instalado Java 6…

Esta extensión atópase na páxina oficial de extensións do OpenOffice.org:
http://extensions.services.openoffice.org/

 

Fonte da nova:
http://lifehacker.com/

LliurexLliurex é a distribución GNU/Linux da Comunidade Valenciana orientada á educación que apoia á formación dos rapaces do ensino non universitario da comunidade levantina. A partir de agora Lliurex será actualizada puntualmente cada seis meses e contará con localizacións a outros 12 idiomas entre os que se inclúe o ruso, árabe ou o romanés para facilitar a integración dos inmigrantes.

Cabe salientar que nos dous anos de existencia deste proxecto de innovación educativa máis de 70.000 docentes asistiron a algún dos 3.700 cursos que a administración pública valenciana organizou para formar aos profesores no emprego desta ferramenta. Lliurex está presente en todos os centros educativos valencianos e úsase en exclusiva no 40% dos centros (uns 626). Dos 68.000 computadores do sistema educativo desta comunidade máis do 58% usan Lliurex.  

Outra das novidades de Lliurex é a presentación dunha versión Live CD e a celebración do III Congrés de Programari Lliure en Alacante o vindeiro ano. Lliurex contén máis de 120 aplicacións educativas orientadas a facilitar e completar a actividade docente.

Acaba de ser liberada a versión 2.0 da aplicación KEME-Contabilidad que permite levar contabilidades de forma autónoma, sen depender de ningún programa de facturación ou anexo. Entre as principais novidades destacamos a adaptación ao novo Plan Xeral Contable español de 2007, que entrará en vigor nos exercicios que comecen no ano 2008 (incorpóranse os estados contables e o plan para PEME aprobados polo RD-1515 de 2007).

Segundo o seu autor: “KEME-Contabilidad inclúe prestacións só presentes en aplicacións avanzadas de contabilidade tales como un editor de estados contables de libre configuración no que poderemos empregar magnitudes referentes a saldos medios de contas, saldos iniciais, do período, etc.. A posibilidade de confeccionar asentos automáticos permite simplificar as tarefas de rexistrar información contable repetitiva ou de certa complexidade. A isto se lle suma unha serie de características que abarcan aspectos fiscais (libros oficiais e liquidacións do IVA, axustes en amortizacións,…) e utilidades para procesar a información contable…” 

Na web oficial comentan que a aplicación reescribiuse por completo utilizando as novas librerías Q4 que abrirán novas posibilidades de desenvolvemento e permitirá as achegas ao proxecto por parte da comunidade de Software Libre.

Na seguinte ligazón atópanse dispoñibles capturas de pantalla da aplicación:
http://keme.sourceforge.net/pantallas.html

Podes atopar máis información sobre esta nova versión na seguinte ligazón:
Notas da versión 2.0

No diario “A nosa Terra” vemos publicada a seguinte nova sobre a colaboración do GRUVI, GALPON, GULO e a Universidade de Vigo para a recuperación de computadores vellos empregando Software Libre:

“Hai unha alternativa galega para que os computadores obsoletos non acaben no vertedoiro. Funciona na Universidade de Vigo grazas ao altruísmo de dous grupos a prol do software libre de Pontevedra e Ourense.

Montar computadores con pezas de aparatos vellos condenados ao lixo. Isto é o que fan no Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo (GRUVI), unha iniciativa única no país para regalar ordenadores a organizacións sen ánimo de lucro.

No GRUVI colabora a Universidade co Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON) e de Ourense (GULO). E é que o Software Libre, os programas que calquera pode copiar e mellorar, xogan un rol clave neste pioneiro proxecto…

Carlos Rodríguez, presidente de GALPON, explica que “neste dous anos recollemos uns 200 equipos obsoletos e coas pezas conseguirmos montar uns 50 computadores plenamente funcionais”. Unha vez montados, os activistas instálanlle programas libres “moi lixeiros”, que permiten realizar as tarefas básicas -como escribir textos ou navegar pola rede.

O destino das máquinas son organizacións sen ánimo de lucro -asociacións culturais, por exemplo- que se poden apuntar a unha convocatoria pública anual da Universidade.

 

Podes ver a nova completa na súa fonte orixinal:
http://encomprobacion.com

A Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya presentou a tradución ao catalán do informe da OCDE Giving Knwodlege for Free: The Emergence of Open Educational Projects(Ofrecendo Coñecemento Gratuíto: O Auxe dos Proxectos Educativos Abertos). Neste estudo un grupo de expertos da OCDE recolle as conclusións de varios grupos de expertos despois de dous encontros celebrados en Malmö (Suecia) e Barcelona e analiza a importancia do coñecemento e do Software Libre aplicados á educación.

Noticia orixinal: La Farga

http://www.mancomun.org/images/stories/lips.gifMentres que a plataforma de telefonía móbil baixo Linux de Google, Android, acaparaba o centro de atención pública, o xa coñecido Mobile Linux Group empeza a reclamar a atención. 

O Linux Phone Standards Forum (LiPS), formado polas compañías Orange, France Telecom, MontaVista e Access, completaron a primeira versión da súa especificación de Linux móbil. O grupo xa liberara a metade da especificación no mes de xuño e agora engadiron compoñentes entre os que se inclúen APIs para telefonía, envío de mensaxes, axenda, mensaxería instantánea e funcións de presencia, así como novos compoñentes do contorno de usuario…

Fonte:
http://developers.slashdot.org
A finais do mes pasado A Cátedra Telefónica da Universidade de Estremadura publicou un informe sobre a Penetración do Software Libre na Administración Pública Estremeña.

O informe elaborouse en dúas fases, unha primeira de recompilación de documentación da situación do Software Libre nas administracións europeas, nacionais e estremeñas, na que se perseguiu poñer de manifesto as distintas iniciativas relacionadas co Software Libre postas en marcha por cada administración.

A segunda fase consistiu nun estudo cuantitativo da penetración real de solucións libres nos sistemas das distintas administracións públicas rexionais e municipais estremeñas. Para esta fase elaborouse unha enquisa completa que, segundo indican no informe, baseouse en parte na empregada no noso estudo “O software libre nas entidades de galiza” do 2006.

Este informe xa está incluído no apartado Informes da nosa sección do Observatorio .

Fonte: Foro telefónica  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal