Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/owasp-logo.gifOWASP LiveCD é unha distribución que se centra en ofrecer os recursos do OWASP dende un CD autoarrincable, tanto aplicacións coma documentos.

OWASP, acrónimo de Open Web Application Security Project, é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro.

A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e particulares de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.

A versión beta 2.1 de OWASP LiveCD, denominada “LabRat”, está dispoñible para a súa descarga dende a páxina do proxecto. O obxectivo desta distribución portable é ter unha solución para que os profesionais que fan probas, administradores de seguridade, estudiantes ou calquera outra persoa interesada na seguridade informática poidan realizar o seu traballo dun xeito máis sinxelo e estandarizado.

Entre os proxectos incluídos no CD están:

O obxectivo da DudesConf é similar ao do evento internacional chamado DebConf: reunir aos contribuíntes do proxecto Debian GNU/Linux e porque non, das súas distribucións derivadas para colaborar xuntos no desenvolvemento da distribución, así como de ter a oportunidade de intercambiar opinións, etc…

O evento terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña e levarase a cabo durante os días 2, 3 e 4 de maio de 2008…

 

Na web hai dispoñible unha sección de “aloxamento e viaxe“. Na web teñen dispoñible unha rolda de correo para resolver calquera dúbida sobre o evento en:
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/dudesconf-asistentes

Para rexistrarse hai que completar o seguinte formulario:
http://www.dudesconf.org/2008/inscripcion.html

O evento conta xa con dous patrocinadores: a empresa galega Igalia e a Asociación de Usuarios Asturianos de LiNUX (AsturLinux).

Evento engadido á “Axenda de Eventos“.

Un proxecto internacional liderado pola Unión Europea, incluída España, pretende avanzar na aplicación do Software Libre en rexións en vías de desenvolvemento para contribuír á súa riqueza económica e social.

Este proxecto, financiado pola Unión Europea con 703.000 euros, continuou a liña de investigación dun traballo anterior sobre Software Libre, pero centrado no estudo en países desenvolvidos.

 No consorcio (FLOSSInclude) tamén participan centros de investigación, empresas, axencias gobernamentais e ONGs de India, China, Arxentina, Suráfrica e Bulgaria.

‘Cada país ten unha función determinada’ e unha información diferente e complementaria que pode ser útil para outros, explicou a EFE unha das directoras da Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía (Fundecyt), Maika Díaz, que intervén na iniciativa.

Os países desenvolvidos, -a xuízo do experto- tamén poden obter grandes resultados cun investimento mínimo grazas ao Software Libre: ‘as empresas poden estudar como funciona un programa, adaptalo ás súas necesidades concretas ou ata melloralo’.

Fonte: Softwarelibre.org.pe

O venres pasado naceu oficialmente a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federas, que instalou a súa sede física en Almendralejo, Badajoz. O obxectivo desta asociación é fomentar a colaboración entre as distintas empresas de Software Libre e converterse nun “vehículo importante” para que todos os seus membros traballen en rede.

Asolif quere que todas aquelas asociacións empresariais que teñan dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión ou a promoción do uso do Software Libre formen parte desta asociación. Por este motivo, Asolif firmou un acordo co “CENATIC” para contribuír ao asociacionismo das empresas de Software Libre…

A directora xerente do Cenatic, Carolina Grau, subliñou as traxectorias comúns de ambas institucións, e como Asolif encaixa dentro da política de fomentos de redes de cooperación. Grau destacou que Asolif suporá unha “suma” de forzas “dispersas” e se converterá nun interlocutor “moi válido” para o sector nacional de empresarios de Software Libre.

O presidente de Asolif, Daniel Armendáriz, gabou a decisión “pioneira” de la Junta de adoptar o Software Libre  na súa versión LinEx, feito que provocou que moitos gobernos autonómicos e entidades nacionais e internacionais tomaran a Extremadura como referente dun “modelo diferente de facer as cousas”. Da mesma maneira, indicou que o ánimo co que nace Asolif é intentar crear unha voz para que o sector das empresas de Software Libre teñan cada vez “máis forza”.

A vicepresidenta da Junta e conselleira de Economía, Comercio e Innovación, María Dolores Aguilar, considerou que a constitución de Asolif evidencia e reafirma a aposta da Junta de Extremadura polo Software Libre.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.elpais.com

http://www.mancomun.org/images/stories/tpc-logo.jpgTransProCalc (TPC) é un software, distribuído baixo licenza GNU/GPL, para a xestión de documentos, asignacións de traballos e datos financeiros en proxectos de tradución. Permite o control das unidades de tradución (cadeas, palabras, …) para obter informes que sirvan para ter estimacións do traballo, custes, …

TransProCalc ten catro compoñentes na súa interface:

  • Estimación do proxecto (ProjectEstimate): para cálculo de custes e proxección de ingresos

  • Documentos do proxecto (ProjectDocs): para organización de todos os documentos do proxecto (polo de agora, TPC só permite xestionar oito documentos por proxecto), incluíndo as unidades que se contabilizan (cadeas, palabras, …), número de traducións obxectivo, …
  • Asignación do proxecto (ProjectAssign): seguimento de cales documentos e traducións foron asignadas a provedores , canto son os custes por unidade e provedor e calcula os gastos do proxecto (TPC actualmente soamente 5 provedores por proxecto).
  • Peche do proxecto (ProjectOut): Unha vez feito o traballo, e entregado do proxecto, recupéranse os datos financeiros e faise un informe para facturación e libros de contabilidade.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/tpc-screenshot.png 

Pantallazo de TransProCalc en funcionamento 

TransProCalc está desenvolvido en ActiveTcl8.5/Tcl.Tk, polo tanto é multiplataforma e pódese executar en GNU/Linux, Mac e MS Windows.

Páxina do proxecto:

http://www.transprocalc.org/

OpenkmOpenKM é unha aplicación de código aberto (feita en [[Java]] e baixo GNU/[[GPL]]) para a xestión electrónica de documentos, que debido as súas características pode ser utilizado por grandes empresas, así como polas peme, como unha ferramenta útil no tratamento da xestión do coñecemento, proporcionando unha forma máis flexible e rentable alternativa a outras aplicacións propietarias.  Nesta semana publicouse a versión 2.0, a cal conta coa tradución ao galego, feita pola comunidade.

A utilización dun sistema de xestión documental nunha empresa axuda a xestionar, de maneira máis eficiente, a intelixencia dos recursos dispoñibles da empresa, o que redunda nun aumento da produtividade, a medio prazo.

ONE, é outro portátil de baixo custo (ronda os 133 euros), con GNU/Linux e enfocado ao sistema educativo, será posto á venda polo provedor británico Elonex no mes de xuño.

As especificaciones da máquina que confirmou Elonex inclúe un procesador LNX 8 a 300 MHz. 128 Mbytes DDR2, unha unidade de estado sólido con 1 Gbyte de capacidade, dous portos USB, Wi-Fi 802.11b/g, Ethernet 10/100Mb/s, batería de tres celas para 4 horas de uso e unha pantalla de 7 polgadas con 800 x 480 píxeles de resolución.

 

Os compoñentes son do mesmo nivel que o seu axustado prezo e  virá co sistema operativo Linos, que levará preinstalado.

Fonte: Theinquirer.es

http://www.mancomun.org/images/stories/poparty08.jpgHoxe celébrase a po.party08 que dentro das súas actividades conta cun relatorio ás 18:00 horas de Manuel Hermo e Javier Alonso, membros de AGNIX, que tentarán chegar aos máis novos as vantaxes do Software Libre.

Ademais, Mancomun.org colaborou na party levando até a mesma CD de OpenOffice.org en galego para todas as plataformas, co instalador do corrector ortográfico…

A party está organizada pola Deputación de Pontevedra e ten capacidade para 200 persoas e terá actividades durante toda a fin de semana con multitude de premios e sorteos, incluíndo portátiles.
 
Máis información en:
http://www.agnix.org
po.party08

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgSegundo podemos ler na páxina de GPUL, están buscando una nova imaxe para o seu aniversario, baseada ou non nos logos de GPUL existentes, deseñados na súa maioría por Ana Sáiz e Adrián Perez. O logo clásico é obra de Rafa Sánchez.

Actualmente manifestan estar moi contentos co actual, xa que o que buscan é un logo especial de aniversario para usar ao longo deste ano tan especial, e que sirva ademais para facer algún tipo de camiseta ou outro merchandising.

O concurso está dotado cun premio de 60€ para o gañador e pódese outorgar un accésit de 30€, non coincidente co gañador. Os premios non serán en metálico, senón que teñen que ser invertidos en material informático ou relacionado…

O logotipo deberá entregarse nun formato vectorial aberto, preferiblemente SVG e non se aceptarán ficheiros maiores de 6Mb. Ademais, os concursantes autorizarán a GPUL a utilizar o logotipo cunha licencia libre.

O traballo gañador e o gañador do accésit (si o houbese) faranse públicos entre os días 12 e 14 de marzo de 2008, a través do weblog de GPUL (www.gpul.org) e á lista de correos gpul-list.

 

Máis información  sobre as bases do concurso na fonte orixinal:
http://www.gpul.org/?q=es/node/27

Odfsvn é un conxunto de ferramentas que permiten almacenar os documentos en formato ODF en desenvolvemento nun repositorio de subversion. Ao gardar os documentos nun repositorio de subversion é posible aproveitarse de todas as vantaxes do sistema de control de versións: todos os cambios quedan arquivados xuntos coas notas dos cambios, voltar a versións anteriores, ver quen fixo os cambios, examinar as diferenzas entre versións, …

Odfsvn fai máis sinxelo o almacenamento dos metadatos dos documentos no repositorio sen necesidade de configurar ningún sistema adicional xa que vai todo contido no documento. 

Polo de agora odfsvn é unha ferramenta por liña de comandos pero é facilmente adaptable para empregar como un complemento de OpenOffice.org.
 
Páxina do proxecto:

O equipo de QA de Ubuntu vén de anunciar a creación dunha páxina de brainstorming. Dende esta páxina pódese propor novas funcionalidades que nos gustaría que tiveran as novas versións de Ubuntu, ou características que deberían mellorarse e votar sobre propostas feitas por outra xente.

As votacións poden ser tanto positivas como negativas e é preciso rexistrarse primeiro no sitio para poder facelo. Deste xeito o equipo de desenvolvemento de Ubuntu poderá ter unha idea da prioridade e da popularidade que poderían ter as propostas recibidas e atendelas por orde.

 

Unha idea no brainstorming pode enlazarse cun blueprint do Launchpad e cun bug ou un fío nos foros de discusión. Deste modo esperan enlazar as localizacións onde se envían as ideas agora, como comentarios nos foros ou nos informes de erros, co formato blueprint que é o que deberían ter para ser implementadas.

A inspiración para esta páxina recoñecen que vén da que fixeron anteriormente os de Dell: IdeaStorm.

Fonte: Planet Ubuntu

 

Openbravo POSEsta semana publicouse a versión 2.00 do Openbravo POS, a cal é a primeira dende que Openbravo comprou esta aplicación de terminal de punto de venda. Destacar que a tradución ao galego foi feita por Mancomun.org.

O  Openbravo POS ou anteriormente coñecido coma Libre POS é un terminal de vendas deseñado para pantallas táctiles. Soporta impresoras ESC/POS, visores de cliente e lectores de códigos de barras. É multiusuario e dispón de opcións de xestión cun formulario de edición de produtos, informes e gráficos. É multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido por Adrián Romero e por unha gran comunidade de voluntarios.

http://www.mancomun.org/images/stories/leliadoura.pngOs ciclos superiores de informática do IES Leliadoura de Ribeira están a organizar as III Xornadas Tecnolóxicas do centro, un conxunto de actividades formativas e lúdicas, relacionadas coas novas tecnoloxías e que terán lugar no IES entre os días 10 e 13 de marzo.

Durante as xornadas haberá diversas actividades como cursos e talleres, charlas, presentacións e concursos. Entre estas actividades haberá un curso/taller de iniciación ao Software Libre con Ubuntu, unha charla sobre o sistema gráfico dun PC e os novos escritorios Compiz e material didáctico na rede para clases de inglés con Moodle, entre outras moitas actividades

Esta ano, como novidade, convidan a participar a todos os institutos de bacharelato do Barbanza, desde Noia á Padrón.

Podes atopar información sobre anteriores edicións descargando a seguinte presentación

E a pesar de que aínda quedan unas semanas para o evento, algunhas actividades xa deron comezo, coma un primeiro concurso para deseñar a camiseta que se regalará a tódolos participantes das xornadas.

Para máis información podes consultar: http://leliadoura.com.es

http://www.mancomun.org/images/stories/google_code.gifO “Google Summer of Code 2008” xa está en marcha, ou polo menos así o anuncia Google no seu blogue http://code.google.com/soc/2008. Durante os últimos tres anos, o programa xuntou a uns 1500 estudantes e 2000 titores duns 90 países ao redor do mundo, e agora xa están buscando novos estudantes e proxectos para a edición deste ano.

O prazo de aceptación de solicitudes para os titores e os seus proxectos comeza o 3 de marzo, e para os estudantes comeza o 24 de marzo.

Segundo o blogue, non hai motivos para esperar a que comece o período de rexistro para comezar, tanto na comunidade de Google Summer of Code como no desenvolvemento en Software Libre. Para ir comezando a informarte podes botar un ollo ás FAQ do programa e ás condicións do servizo, e visitar as páxinas das edicións anteriores (edición 2005, 2006 e 2007), e se tes algunha boa idea para mellorar algún dos proxectos listados, xa poderías comezar a traballar nela.

Contacto:
A través do canle #gsoc en Freenode e na rolda de discusión do programa.

Fonte:
http://code.google.com/soc/2008

SupertuxkartSuperTuxKart é un xogo arcade de coches ao estilo de Super Mario Kart e similares. Xa está a disposición para a descarga a última versión 0.4 de SuperTuxKart. O cambio máis importante é o uso da biblioteca Bullet para realizar toda a detección de colisións dentro do xogo.

Entre o resto de novidades, podemos destacar a mellora da IA dos personaxes controlados polo computador, a inclusión dun novo Kart conducido polo personaxe Wilber, nova música, melloras nos circuítos “Shifting Sands” e “Lighthouse”, e agora hai teclas que nos permiten cambiar as vistas (mirar atrás e saltar). Por último resaltar que está feito en [[C++]] e podemos gozar del nas diferentes plataformas maioritarias.

 

Fonte: Linuxjuegos.com

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome_accessibility.png A Fundación GNOME acaba de lanzar un programa de financiamento, ofrecendo 50.000$ a repartir entre as persoas que promovan a accesibilidade do software a través da comunidade GNOME ademais de mellorar a calidade xeral da accesibilidade GNOME.

O programa está financiado pola Fundación GNOME, a Fundación Mozilla, Google, Canonical e Novell. Este é o segundo programa de financiamento coordinando e executado pola Fundación GNOME.

O programa comezará a aceptar proxectos o 1 de marzo e rematará a finais de ano. Haberá dúas categorías no programa:

  • Nunha delas, os participantes do programa terán que conseguir algún dos obxectivos principais elixidos para o programa, gañando 6.000$ pola tarefa e tendo até 6 meses para rematala.
  • A outra categoría será de corrección de erros en accesibilidade: os participantes deberán arranxar cinco bugs dunha lista que darán os xuíces do evento para poder gañar 1.000$

Para participar:

  1. Ler con atención as regras do programa
  2. Escoller unha das tarefas de desenvolvemento dispoñibles

Datas importantes:

  • 2008
    • 27 de febreiro: programa anunciado á comunidade.

    • 1 de marzo: tarefas oficialmente anunciadas e publicadas na web e prazo de aceptación de propostas aberto.

    • 1 de outubro: non se aceptarán máis tarefas de longa duración.

    • 15 de decembro: non se aceptarán máis propostas.

  • 2009
    • 1 de xaneiro: fin do prazo de desenvolvemento dos proxectos aceptados.

    • 15 de xaneiro: data límite para a publicación da lista de gañadores.

Máis información en:

http://www.gnome.org/projects/outreach/a11y/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal