GNOME lanza un programa para financiar proxectos para mellorar a accesibilidade

GNOME lanza un programa para financiar proxectos para mellorar a accesibilidade

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome_accessibility.png A Fundación GNOME acaba de lanzar un programa de financiamento, ofrecendo 50.000$ a repartir entre as persoas que promovan a accesibilidade do software a través da comunidade GNOME ademais de mellorar a calidade xeral da accesibilidade GNOME.

O programa está financiado pola Fundación GNOME, a Fundación Mozilla, Google, Canonical e Novell. Este é o segundo programa de financiamento coordinando e executado pola Fundación GNOME.

O programa comezará a aceptar proxectos o 1 de marzo e rematará a finais de ano. Haberá dúas categorías no programa:

  • Nunha delas, os participantes do programa terán que conseguir algún dos obxectivos principais elixidos para o programa, gañando 6.000$ pola tarefa e tendo até 6 meses para rematala.
  • A outra categoría será de corrección de erros en accesibilidade: os participantes deberán arranxar cinco bugs dunha lista que darán os xuíces do evento para poder gañar 1.000$

Para participar:

  1. Ler con atención as regras do programa
  2. Escoller unha das tarefas de desenvolvemento dispoñibles

Datas importantes:

  • 2008
    • 27 de febreiro: programa anunciado á comunidade.

    • 1 de marzo: tarefas oficialmente anunciadas e publicadas na web e prazo de aceptación de propostas aberto.

    • 1 de outubro: non se aceptarán máis tarefas de longa duración.

    • 15 de decembro: non se aceptarán máis propostas.

  • 2009
    • 1 de xaneiro: fin do prazo de desenvolvemento dos proxectos aceptados.

    • 15 de xaneiro: data límite para a publicación da lista de gañadores.

Máis información en:

http://www.gnome.org/projects/outreach/a11y/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal