Mancomún

A Asociación de Jóvenes Empresarios Marineda organiza unha xornada ao redor do Software Libre o día 26 de novembro ás 8 de tarde no ITE de Caixa Galicia na Coruña orientada a promover esta opción tecnolóxica entre a PEME. A xornada dará a coñecer as vantaxes  do Software Libre e amosará casos de éxito. Na xornada está anunciada a presenza da Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, da empresa da Coruña Trabe Soluciones e Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordenador de Mancomun.org. Inaugurarán este evento o presidente de AJE Marineda, Daniel Ramos, e Javier Vázquez, presidente de  AGASOL.

Este evento de difusión está enmarcado dentro das Xornadas Divulgativas da Sociedade da Información nas que colaboran tamén a DXPISI, ITE Caixa Galicia e INEO.

Máis Información: AJE Marineda

CatPL, a asociación que agrupa ás empresas catalanas de Software Libre, acaba de estrear un novo blogue no que publicará as novidades máis salientables ao redor da actividade das súas empresas e do Software Libre en Cataluña. Actualmente forman esta asociación máis de 30 compañías especializadas no Software Libre. É unha proba máis do crecente asociacionismo do sector, cabe lembrar a recente creación de AGASOL, que axuda a xerar negocio e superar dificultades.
 

Web de CatPL.

O día 13 deste mes, a UNESCO presentou a “Guía Práctica sobre Software Libre, su selección y aplicación local en América Latina y el Caribe” no marco da IV Conferencia Latino-Americana de Software Libre 2007.

Fernando da Rosa, un dos autores comenta: “Sen dúbida que son moitas as cousas que van a faltar nesta primeira versión, o universo do Software Libre é moi amplo, sen dúbida que os lectores van atopar que falta algunha ligazón a algún software, ou algunha distribución, o cal non significa que consideremos que dita distribución ou software non merece estar na guía.”

“Gustaríame que descarguen a guía, a lean, a usen para o que consideren necesario, a copien, a distribúan, a enriquezan, etc…”

Prema na seguinte ligazón para descargar a guía:
http://www.mancomun.org/raquo-descargas/documentos/informes/gsl.pdf.html

Fonte da nova e máis información:
http://www.fedaro.info

A área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai participar o venres 23 de novembro no IV congreso internacional sobre o Camiño de Santiago que se celebra no Centro Comarcal A Ulloa, en Palas de Rei, e que nesta edición leva por subtítulo “Coñecemento e  evolución”.

Na conferencia que corre a cargo da área de e-learning do CESGA, englobada nos relatorios sobre os límites do coñecemento humano, e denominada “Sistemas de Xestión da Aprendizaxe 2.0”, vanse dar a coñecer as características e funcionalidades máis relevantes dos Entornos Virtuais de Ensino-Aprendizaxe de Software Libre de última xeración…

Máis información en:
http://weblog.cesga.es

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome.pngNa Fundación GNOME acaban de anunciar os candidatos para entrar a formar parte da súa fundación. Este ano para facer as cousas máis sinxelas aos candidatos, o comité de membros xa formulou as preguntas, as cales serán respostadas na lista da fundación. A lista de candidatos, cun breve resumo da súa candidatura pode atoparse na seguinte ligazón:

http://foundation.gnome.org/elections/2007/candidates.html

As preguntas do comité de membros están na seguinte mensaxe da rolda da fundación:

http://mail.gnome.org/archives/foundation-list/2007-November/msg00153.html

 

Máis información en:
http://gnomedesktop.org/node/3630

Un estudo da compañía KACE, con data 19 de novembro, revela que os usuarios de Windows están preocupados pola migración cara a Vista e que o 44% preferirían a migración a Linux ou Mac para evitar a migración á Vista.

Mentras Microsoft dí que a implantación de Vista vai crecendo, analistas coma Forrester, observan que esta adopción é moi lenta e no entanto Linux está collendo máis pulo.

O estudo tamén revela que só un 13% das empresas se ven migrando completamente a Vista…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.desktoplinux.com/news/NS5118924882.html

Sun Microsystems presentou Sun xVM, a primeira plataforma aberta de virtualización e xestión do CPD da industria. Con este lanzamento Sun abre unha nova era na produtividade das TIC, baseándose nos anos de innovación en virtualización da plataforma Java, o sistema operativo gratuíto e de código aberto Solaris, e no microprocesador UltraSPARC.

 

Fonte: La Flecha  

24 entidades do estado colombiano e moitas empresas privadas xa traballan con programas baseados en software de código aberto. A cifra sorprende a moitos, pero é real: 24 organismos do estado colombiano operan con programas de Software Libre.

Todos os servidores de Emcali, por exemplo, funcionan baixo estes sistemas. E estímase que en Colombia 250 grandes organizacións, públicas e privadas, deron o gran paso cara o Software Libre.

 
Os colombianos estanlle perdendo o medo ao cambio e migran os seus sistemas tradicionais ao Software Libre, baixo a premisa de que hoxe este é totalmente compatible co software propietario.

Algúns coñecedores do tema estiman que unha empresa pode aforrarse entre o 50% e o 75% dos seus custos tecnolóxicos coa migración de software propietario a libre. Outra das vantaxes, é que o software libre é modular e entón pódense escoller só as aplicacións que se necesitan e crear paquetes personalizados.

Aínda que non se coñecen cifras recentes, un estudo realizado fai dous anos pola Asociación Colombiana de Enxeñeiros de Sistemas, Acis, este, proxectaba un rápido crecemento do Software Libre.

Nesa investigación atopouse que o 75% das empresas enquisadas tiveran algún contacto ou aplicación con Software Libre. Deste grupo, o 63% utilizaba GNU/Linux como sistema operativo, sendo sen dúbida o produto máis popular desta tendencia. Así mesmo, atopouse que o 54% usábao como servidor e o 26% en aplicacións de seguridade.

 
Fonte: Software Libre Perú  

AlemañaO sindicato de policías de Berlín quere pasarse a Linux para aforrar tempo e diñeiro. Os axentes da capital xermana teñen que investir entre trinta e noventa minutos con cada cidadán para encher un informe. O sistema propietario POLIKS (Police National System for the Information, Communication and Processing) resulta claramente ineficaz e inestable xa que o tempo malgastado como media por distrito en Berlín é de 50 horas mentres que noutros estados non chega ás dúas horas. 

O sindicato de policías berlineses propón migrar a Software Libre pola confianza que achegan estes sistemas, moitos deles certificados pola Unión Europea, e co diñeiro aforrado dar un bonus navideño aos axentes. 

Fonte: Softpedia

http://www.mancomun.org/images/stories/wiki_logo.png Acabamos de crear un mini manual de como instalar e configurar un servizo de tradución automática para webs baseado en Opentrad Apertium, tal e como o que temos dispoñible na nosa web a través da ligazón “Castelán automático“.
 
Este servizo permitiranos ofrecer traducións automáticas dos contidos da nosa web en distintos idiomas: galego, español, portugués, catalán, inglés,… O documento tamén contempla a modificación do CMS Joomla! para integrar o servizo de tradución. O proceso de integración é moi sinxelo e pódese adaptar moi facilmente a calquera outro CMS ou web.
 
O manual está aberto á vosa colaboración, modificación, rectificación e mellora mediante o Wiki de Mancomun.org .

Máis información:
http://wiki.mancomun.org

http://www.mancomun.org/images/stories/fsf.pngA Free Software Fundation vén de liberar Affero General Public license versión 3. Esencialmente esta licenza é a GPLv3 cunha cláusula engadida que require que o código fonte sexa distribuído aos usuarios que interactuan coa aplicación dende a rede.

A licenza non é máis que unha extensión do copyright ás aplicacións web. Esta liberación engádese ás licenzas estables da FSF e é compatible con GPLv3

Fonte:
http://linux.slashdot.org

Vimos de publicar na sección de Informes do Observatorio de Software Libre o Informe de Observación Tecnolóxica que trimestralmente realiza a Universidade de Santiago de Compostela. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade.

Este documento, que está baixo licenza Creative Commons, fai unha análise das principais novidades tecnolóxicas no eido do Software Libre, tanto a nivel estatal como internacional, do período que vai de agosto de 2007 a outubro de 2007.

 

O Instituto de Ensino Medio Martín Vázquez de Arce instalou GNU/Linux nos ordenadores que lle dera hai uns anos a Junta de Castilla La Mancha co fin de poder seguir traballando neles.

O director do instituto Juan Carlos Goicoechandía, nunha entrevista nun medio local contou os pormenores de esta migración.

Segundo comentou, non foi unha iniciativa da Junta de Castilla La Mancha, senón unha idea que xurdiu no propio instituto, aínda que até agora están a empregar Molinux (distribución creada pola Junta).

Con este cambio, que en principio non requiriu unha formación especial nos docentes polas súas semellanzas co sistema gráfico anterior, preténdese tanto aforrar custos como ter todas as licenzas dos programas e poder dalos aos alumnos.

Ligazón orixinal: el afilador

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.png O autor da aplicación WebSqusr, Frco. Javier T. A., acaba de publicar os primeiros paquetes da aplicación en formato .deb (paquetes autoinstalables para distribucións baseadas en Debian) para unha maior facilidade á hora de instalar, desinstalar e configurar. Ademais, tamén está traballando na paquetización en formato .rpm.

WebSqusr é unha interface web escrita en PHP para a autorización de uso de acceso Web á Internet orientado ao ensino primario/secundario, incluíndo a posibilidade de planificar os accesos semanalmente mediante un horario ou de xeito manual introducindo as horas e días desexados…

Máis información en:
https://forxa.mancomun.org

A editorial O’Reilly comezou a distribución da segunda edición de “Knoppix Hacks”. O libro analiza as últimas características dos Live-CD baseados na distribución Debian, cunha especial atención nas novas características para a remasterización de Live-CD.

Kyle Rankin, o autor do libro, comenta que reeditou o libro para poder ofrecer máis información sobre todas as novas características da última versión de Knoppix. “Knoppix acaba de ofrecer un gran número de avances no mundo dos Live-CD, como a inclusión do sistema de ficheiros UnionFS (AuFS) que permite ao usuario ‘escribir’ no Live-CD como si fora un disco duro mentres o Live-CD está arrancado. Isto só, abriu un novo mundo de posibilidades para Knoppix e facilita moitas dos trucos que xa estaban explicados neste libro.”

O libro inclúe numerosos consellos para a distribución estándar de Knoppix así como para a distribución DVD “Maxi”, que vai incluída co libro.

Algúns dos temas que se tratan son:

 

  • O escritorio KDE e as súas aplicacións de internet.
  • Gardar configuracións e datos entre reinicios.
  • Discos de recuperación para SO, incluíndo sistemas Windows.
  • Detección e configuración automática de hardware.
  • Remasterización de Knoppix para incluír outro software e personalización.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.linuxdevices.com/news/NS6633630541.html

MjrzMjrz é unha ferramenta de xestión financeira para a xestión de gastos e ingresos. O seu deseño é intuitivo e de uso sinxelo pensado para usuarios no seu uso doméstico ou na pequena empresa, que non estean familiarizados cos principios de contabilidade. Mjrz PFM é unha aplicación base dos principios de contabilidade da dobre entrada.

 

As principais características de Mjrz PFM son:

  1. Interface amigable de uso sinxelo e intuitivo.

  2. Multiplataforma, traballa sobre calquer máquina que conte cunha máquina virtual de Java.

  3. Xestión de gastos e seguimento de conta de balances.

  4. Xeración de informes.

  5. Crear e garda filtros complexos para procurar no historial de transaccións.

  6. Gráficos e diagramas para os activos, responsabilidades e valor neto.

  7. Vista de prezos do inventario. Gráficos para o seguimento histórico dos prezos.

  8. Axenda de enderezos, email, números de teléfono, …

  9. Importación datos en formato OFX para interoperabilidade con bancos e tarxetas de crédito. Soporte do último formato Quicken.

  10. Importación de contactos de outlook, Yahoo mail, Gmail, …

  11. Datos cifrados para maior seguridade. Acceso a ferramenta protexido por contrasinal

  12. Soporte multi idioma (inglés, alemán, portugués, turco, castelán)

Mjrz

Pantallazo Mjrz.net

Mjrz PFM está liberado baixo licenza Apache v2.0. Para obter máis información do proxecto consultar a súa web, Mjrz.net.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal