A editorial O’Reilly comezou a distribución da segunda edición de “Knoppix Hacks”. O libro analiza as últimas características dos Live-CD baseados na distribución Debian, cunha especial atención nas novas características para a remasterización de Live-CD.
Kyle Rankin, o autor do libro, comenta que reeditou o libro para poder ofrecer máis información sobre todas as novas características da última versión de Knoppix. “Knoppix acaba de ofrecer un gran número de avances no mundo dos Live-CD, como a inclusión do sistema de ficheiros UnionFS (AuFS) que permite ao usuario ‘escribir’ no Live-CD como si fora un disco duro mentres o Live-CD está arrancado. Isto só, abriu un novo mundo de posibilidades para Knoppix e facilita moitas dos trucos que xa estaban explicados neste libro.”
O libro inclúe numerosos consellos para a distribución estándar de Knoppix así como para a distribución DVD “Maxi”, que vai incluída co libro.
Algúns dos temas que se tratan son:
- O escritorio KDE e as súas aplicacións de internet.
- Gardar configuracións e datos entre reinicios.
- Discos de recuperación para SO, incluíndo sistemas Windows.
- Detección e configuración automática de hardware.
- Remasterización de Knoppix para incluír outro software e personalización.
- …
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.linuxdevices.com/news/NS6633630541.html