Mancomún
A empresa Cidadania, Sociedade Cooperativa Galega, vén de localizar ao galego e poñer a disposición da comunidade o sistema profesional de enquisas electrónicas libre LimeSurvey. A ferramenta será usada pola propia empresa para desenvolver a súa actividade. Cidadanía  defínese na súa web como unha cooperativa constituída por un equipo interdisciplinario de profesionais do ámbito das ciencias sociais, pioneira en Galicia na integración de investigación, participación cidadá, planificación pública e xeración de capital social.

Lime Survey é unha aplicación web accesible desde calquera navegador de internet formada por un xestor interno e unha interface pública. O sistema permite realizar enquisas abertas, baixo invitación ou mediante autorrexistro, ás cales pódese acceder desde unha páxina web ou a través dun correo electrónico e mediante contrasinal. Como características avanzadas do sistema destacan a posibilidade de realizar enquisas multilingües nas que o destinatario pode escoller o idioma no que quere interactuar co sistema, o que permite a internacionalización da enquisa, e a inclusión de contidos de son e vídeo dentro do cuestionario, o que a converte nunha ferramenta idónea para o sector da publicidade e do audiovisual.

Cidadania habilitou unha enquisa de demostración que mostra de forma sinxela as principais funcionalidades do sistema e que pode accederse  publicamente .  

http://www.mancomun.org/images/stories/qtiplot_logo.png Os científicos necesitan frecuentemente unha ferramenta de análise e representación de datos. QtiPlot é unha alternativa en Software Libre a este tipo de programas, sendo unha moi boa alternativa a software privativo, como o Origin. Ademais, e ao contrario que o software privativo deste tipo, QtiPlot é multiplataforma (GNU/Linux, Windows e Mac OS X).

QtiPlot pode ser usado no ensino, como ferramenta de análise e visualización de datos complexos e o seu uso estase espallando entre empresas, universidades e institutos de investigación ao mesmo tempo que se continúa activamente no seu desenvolvemento…

 

Máis información na páxina web do proxecto:
http://soft.proindependent.com/qtiplot.html

Xa está dispoñible o SDK para teléfonos móbiles de Google, Android. Android é unha contorna de desenvolvemento, gratuíta e de código aberto, na que colaboran empresas tecnolóxicas e compañías de telefonía móbil.

Entre as características de este SDK destacan:

  • Está baseado no Kernel de Linux.

  • Máquina virtual Dalvik optimizada para dispositivos móbiles.

  • Gráficos optimizados polas librerías habituais de gráficos 2D. Os gráficos 3D están baseados na especificación OpenGL ES 1.0.

  • SQLT para almacenamento estruturado de datos.

  • Soporte multimedia para son, vídeo e formatos de imaxe (MPEG4, H.264, MP3, AAC, AMR, JPG, PNG, GIF).

  • Telefonía GSM.

  • Bluetooth, EDGE, 3G e WIFI.

  • Cámara, GPS, compás e acelerómetro.

  • Un completo contorno de desenvolvemento que inclúe un emulador de dispositivos, ferramentas de depuración, análise de memoria e rendemento, e un complemento para o IDE de Eclipse.

Fonte: http://mobile.slashdot.org

Mancomun.org participou nas xornadas  celebradas o pasado martes 13 de novembro ao redor do Software Libre que a Confederación Empresarial de Ourense está a celebrar baixo o título “Xornadas de promoción e difusión do Software Libre entre as empresas da provincia de Ourense”. Baixo o relatorio “Mancomun.org tecido empresarial galego no eido do Software Libre” presentouse a situación do Software Libre entre a PEME galega. A xornada completouse coa participación de Javier Rodeiro, profesor da ESEI de Ourense e integrante do grupo de investigación sobre ferramentas de libres de xestión empresarial para a PEME  promovido por Mancomun.org que falou sobre alternativas libres a aplicacións propietarias.

Máis información: Web da CEO.

{mosimage}

A «polémica» decisión da Open Document Foundation – que non era

responsable do formato ODF, aínda que o nome confunda – era que abandonaban o formato ODF a prol do CDF

(Compound Document Format) da W3C (World Wide Consortium).

Este organismo, que non tiña un estatus oficial, era tan só un grupo de persoas interesadas nestes temas. Porén e segundo semella, o único que querían era montar algo de desconcerto na comunidade coa crítica ao formato ODF con argumentos tan dispares como «pór demasiadas trabas coa compatibilidade proposta por Microsoft».

O peche foi bastante repentin, e agora, no seu web, non aparece nada.

Nova orixinal en: The

Inquirer

http://www.mancomun.org/images/stories/open_xchange.jpgOpen-Xchange e Pavone desenvolveron unha ferramenta chamada Domino20x para facer máis sinxela a conversión dos datos de IBM Lotus/Domino ao sistema groupware de Software Libre Open-Xchange. A ferramenta, que foi desenvolvida como parte dunha colaboración técnica entre as dúas compañías, permite extraer datos de usuario, correos electrónicos, contactos, entradas de calendario e tarefas de servidores Domino (desde a versión 7) e gardalos dentro do servidor Open-Xchange Server 5.

Domino20X tamén estará dispoñible en breve para os clientes Pavone para a migración de proxectos. As dúas compañías de software teñen a intención de ofrecer a ferramenta para poder integrar outros sistemas groupware, ademais de documentación, axuda en liña e un programa de instalación…

 

Fonte:
http://www.heise.de/english/newsticker/news/98901/from/rss09

O Sauerbraten é un xogo de primeira persoa, que permite  varios xogadores. Ten unha gran variedade de modos de xogo: clásico , obxectivos en equipo, etc…  cunha gran cantidade de mapas aos que o xogador terá que enfrontarse.

Tamén dispón de edición de niveis: cunha tecla permítese modificar a xeometría, as texturas ou entidades no xogo, sobre a marcha. E o que é máis novidoso,  a posibilidade de facer novos emprazamentos para   o xogo, incluso empregando outros mapas en liña, no modo “coop edit”.

Está dispoñible para as diferentes plataformas GNU/Linux, Windows e Mac OS X, debido a que foi programado na linguaxe de programación C++.

Máis información: cubeengine.com

Descarga: Sourceforge.net

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo celebrou o pasado luns 12 de novembro unha xornada ao redor das TIC dentro das súas Xornadas de Alta Formación na que o Software Libre tivo gran importancia. O evento contou coa presenza de Javier Vázquez, presidente de AGASOL (Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre) e xerente da empresa coruñesa Igalia, que explicou o caso de éxito que representa a súa empresa no eido do Software Libre. Tamén participou un dos blogueiros máis reputados de España no terreo das TIC: Enrique Dans.

 

Fonte: Código Cero

Miro é unha ferramenta, libre de código aberto (GPL), de agregación de noticias RSS e reprodutor de vídeo con soporte para BitTorrent e unha guía integrada de feeds de vídeo.

Foi creado pola Participatory Culture Foundation que ten por obxectivo facer dos vídeos online un sistema máis aberto. Conta entre outros coa aprobación de Mozilla e de Mitch Kapor, membro da Open Source Applications Foundation.

En contraste cos sistemas propietarios Miro adopta os formatos estándar e a tecnoloxía DRM-free video.

Entre as utilidades dispoñibles nesta nova versión están:

  • A capacidade de reprodución de calquera arquivo de vídeo.

  • Acceso gratuito a contido HD.

  • Descarga os vídeos de YouTube.

  • Descarga rápida de arquivos de BitTorrent.

Fonte:http://slashdot.org/article.pl?sid=07/07/18/1323206&tid=188

A empresa Inforede precisa un programador PHP cunha formación mínima de titulado en formación profesional e amplos coñecementos en PHP, MySql, JavaScript e CSS. Valorarase ademais o coñecemento en AJAX, Linux e a presentación de traballos previos en PHP.

Ofrécese un contrato de tres meses prorrogable segundo a valía e un bo ambiente de traballo en Santiago ou Pontecesures. Os interesados terán que mandar os seus curriculums ao enderezo de Inforede.

Viafirma acaba de anunciar o lanzamento da versión 1.2 da plataforma de validación e firma electrónica baseada en Software Libre compatible co DNI electrónico da Dirección General de la Policía e da Guardia Civil.

Co uso desta plataforma pódese conseguir que outras aplicacións fagan uso do eDNI para autenticar aos usuarios ou solicitarlles que autoricen ou firmen documentos e transaccións.
 
As plataformas soportadas son:

  • Linux (Epiphany 1.6.5, Galeon v1.3.21, Mozilla v1.7.12, Firefox 1.0.7-1.5-2.0, Konqueror )
  • MacOS X (Safari v1.3.1 e 2.0, Firefox 1.5-2.0, Camino 1.0)
  • Microsoft Windows XP(IE 6.0,Mozilla v1.6, Firefox 1.5-2.0 ,Opera 7.23)

Ligazón para probas do eDNI na aplicación de demostración de Viafirma

 

Fonte da nova:
http://xnoccio.com/196-viafirma-ya-soporta-el-edni/

TYPO3, un dos xestores de contidos máis completos , contará cunha versión en galego integrada a partir da súa versión 4.2.  A extensión static_info_tables_gl para a tradución das táboas estáticas ao galego xa foi publicada. Manuel Rego, desenvolvedor da empresa Igalia, faise eco da noticia e foi un dos principais artífices desta adaptación.

Máis información: Blogue de Rego

O MIT liberou o código fonte de MULTICS , un dos primeiros sistemas operativos de tempo compartido e sen dúbida un dos máis influíntes. Multics forma parte da historia da informática, algúns dos seus hackers de Bell Labs foron os que logo crearían Unix ao cal influíu nalgúns aspectos (desde o sistema xerárquico de ficheiros até o nome “Unics”, un hack de “Multics”).

Pode atoparse información adicional, a documentación e o código fonte no sitio web do MIT

 

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com

Por segundo ano consecutivo preséntase o Concurso Universitario de Software Libre, unha iniciativa máis á beira das correntes de Software Libre que se están creando e consolidando nas universidades.Un ano máis o obxectivo principal do concurso é seguir estimulando aos estudantes universitarios a que se involucren na participación e creación de proxectos de Software Libre.

Nesta edición a participación galega é extensa e conta con varios proxectos que se poden facer con algún galardón. A lista de participantes aparece publicada na web do concurso. 

Os proxectos rexistrados na web do concurso son:

cyberHotel

Aplicación que consiste nun programa núcleo que se encargará de realizar a xestión, tanto administrativa (clientes, reservas, tarificación,…) como estrutural (habitacións, persoal,…), das actividades dun hotel de modo altamente configurable.

David Ferreiro Nieto-A Coruña 

Ecumenix 

Inclusión de GNU/Linux nun Directorio Activo de Microsoft.

José Jorge Lorenzo Vila-A Coruña

Dariem Pérez Herrera-A Coruña

Xestor de vendas (TPV) 

Xestor de vendas para tendas de moda (TPV). Módulo local e análise e deseño dun módulo online. Control de stock, compras, vendas, administración de provedores e clientes, visión de estatísticas…

Elena Sobredo Rodríguez-A Coruña

SAX:Sistema de Autenticación Extensible con Acceso Dinámico a Restriccións 

Sistema de logon multiplataforma con autenticación contra un servidor que poderá controlar penalizacións de acceso a equipos, horarios de acceso…

Jorge Breogán López Costa-Vigo 

World-climbing-db

Wiki sobre escalada para crear un espazo común onde crear e manter a información acerca dos lugares de escalada en todo o mundo.

Esteban Paz Freire-Vigo 

 

 

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifAcabamos de actualizar o corrector ortográfico de galego para o OpenOffice.org. Esta nova versión, a 2.1, corrixe os erros detectados polos usuarios e que foron notificados a través do Wiki de Mancomun.org na páxina adicada ao corrector.
 
A versión 2.1 xa se pode descargar desde a páxina do OpenOffice.org en galego en Mancomun.org e tamén empregando o asistente de instalación que trae o OpenOffice.org xa que foi enviado para a súa distribución polos réplicas oficiais.
 
Para a instalación do corrector podedes seguir as instrucións que atoparedes no Wiki e/ou facendo uso do seguinte vídeo do proceso de instalación do corrector…

A partir do próximo ano a Compañía Anónima Nacional Teléfonos de Venezuela (Cantv) e as súas empresas filiais comezarán a súa migración tecnolóxica a Software Libre.
En nota de prensa coñeceuse que esta medida dará cumprimento do decreto de lei 3390 que dispón o uso obrigatorio do Software Libre en todas as dependencias do Estado venezolano.

De acordo coa misiva, a adopción do Software Libre promete reducións nos custos de adquisición, operación e tenencia das solucións de tecnoloxía de Cantv, á vez que lle ofrece independencia e soberanía tecnolóxica nas súas operacións.

Coa implantación do Software Libre, Cantv terá unha maior liberdade no trazado da estratexia en tecnoloxía de información.

Non é a primeira vez que Cantv traballa con Software Libre. A empresa, en busca do desenvolvemento de solucións internas, explorou con este tipo de programas hai dous anos, dándolle bos resultados.

Desde os inicios da operación de Cantv.net no ano 1997, o Software Libre desempeñou funcións vitais na prestación de servizos aos clientes.

Cantv comezará a implantación do Software Libre nas aplicacións e sistemas instalados nos equipos de escritorio (PC e Laptop) previa análise e avaliación dos impactos operativos, que puidese causar a migración.

 
Fonte:  Laflecha.net
Máis información: Abn
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal