Cantv e as súas filiais migrarán a Software Libre no 2008

A partir do próximo ano a Compañía Anónima Nacional Teléfonos de Venezuela (Cantv) e as súas empresas filiais comezarán a súa migración tecnolóxica a Software Libre.
En nota de prensa coñeceuse que esta medida dará cumprimento do decreto de lei 3390 que dispón o uso obrigatorio do Software Libre en todas as dependencias do Estado venezolano.

De acordo coa misiva, a adopción do Software Libre promete reducións nos custos de adquisición, operación e tenencia das solucións de tecnoloxía de Cantv, á vez que lle ofrece independencia e soberanía tecnolóxica nas súas operacións.

Coa implantación do Software Libre, Cantv terá unha maior liberdade no trazado da estratexia en tecnoloxía de información.

Non é a primeira vez que Cantv traballa con Software Libre. A empresa, en busca do desenvolvemento de solucións internas, explorou con este tipo de programas hai dous anos, dándolle bos resultados.

Desde os inicios da operación de Cantv.net no ano 1997, o Software Libre desempeñou funcións vitais na prestación de servizos aos clientes.

Cantv comezará a implantación do Software Libre nas aplicacións e sistemas instalados nos equipos de escritorio (PC e Laptop) previa análise e avaliación dos impactos operativos, que puidese causar a migración.

 
Fonte:  Laflecha.net
Máis información: Abn
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal