Mancomún

O día 25 de outubro terá lugar no concello coruñés de Culleredo unha charla sobre Software Libre para a súa difusión entre a mocidade e a súa importancia para o galego na sociedade da información. Contará cos seguintes participantes:

  • Roberto Brenlla, promotor do Linux/GNU
  • Suso Baleato, coordinador técnico de Mancomun.org
  • Un representante de AGASOL (Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre)
  • Un representante de GPUL (grupo de usuarios da Coruña)

O evento celebrarase no Pazo de Vilaboa a partires das 5 da tarde. 

Está organizado por Galiza Nova de Culleredo.

As 1200 tendas da Asociación Española de Pequenas e Medianas Empresas de Informática e Novas Tecnoloxías (APEMIT) informarán aos clientes da existencia de Software Libre, os ordenadores máis compatibles con este e como reclamar os cartos do sistema operativo de pago que ven preinstalado na maioría dos equipos.

APEMIT dispón dun sitio web interno chamado El Rincón del Software Libre, con información sobre as dúbidas máis habituais que expoñen os clientes. Configuración de programas, compatibilidade, etc.

Fonte:http://www.mancomun.org/index.php?option=com_content&Itemid=0&sectionid=1&task=new

 

O equipo de TYPO3 vén de anunciar a versión 4.1.3 que xa está lista para descarga. Trátase dun versión de mantemento da liña 4.x que contén correccións de bugs. Para actualizarse a esta nova versión hai unha guía detallada no wiki de Typo3.

Noutra liña, os principais desenvolvedores do equipo, dentro da T3CON, decidiron mellorar os procesos de comunidade abrindo a lista de correo de desenvolvemento. Deste xeito calquera pode participar dun xeito máis sinxelo no desenvolvemento de TYPO3 aportando as súas ideas e melloras.

Para garantir que esta iniciativa non entorpece a alta calidade do código establecéronse unhas directrices a seguir para o traballo nesta lista.

Hai uns meses, Sun e Pentaho anunciaron un acordo de colaboración, de xeito que a partir do OpenOffice.org 2.3 integraríase a xestión de informes de Pentaho , compañía cunha ampla experiencia en desenvolvemento de ferramentas de Business Intelligence e de xeración de informes.

Como primeiro resultado desta colaboración, acaba de saír a primeira versión dunha extensión para OpenOffice.org 2.3, nomeadamente Sun Report Builder .

Esta primeira extensión non ten a potencia das ferramentas de xeración de informes propias de Pentaho pero é unha gran mellora sobre a xeración de informes previa de OpenOffice.org. Un pequeno inconveniente é que non está dispoñible para versións anteriores á 2.3.

A instalación da extensión Sun Report Builder no OpenOffice.org faise como calquera outra, a través do menú Ferramentas – Xestor de extensións. Unha vez instalada, intégrase directamente no OpenOffice.org Base e accedendo á sección de Informes, na ventá principal de Base, abrirase o novo xerador de informes.

Un punto feble desta extensión é que carece polo momento de axuda en liña ou calquera outro tipo de documentación. Hai un wiki que contén unhas notas iniciais, pero que non se poden considerar documentación.

De todos xeitos é un bo traballo para unha primeira versión aínda que será preciso que desenvolvan esta documentación para poder tirar proveito de todas as súas funcionalidades avanzadas.

Fonte: Linux.com 

Recentemente saíu á rede unha nova versión do Secret Maryo Chronicles, un xogo de plataformas do estilo dos clásicos do xénero, en parte inspirado no Super Mario de Nintendo. Está baixo licenza [[GPL]] e está dispoñible para varios sistemas operativos, entre eles GNU/Linux e Windows.

 

Algunhas das súas novidades son:

  •      Engadíronse novos obxectos do tipo Jungla (árbores, pontes, etc).
  •      Engadidos botóns de acceso rápido para crear, editar e eliminar niveis.
  •      Novos sons.
  •      Mellora do sistema de scroll en niveis.
  •      Novos niveis.
  •      Corrección de erros.

Fonte: linuxjuegos

http://www.mancomun.org/images/stories/mysql_network_130x94-64.gifEsta empresa, dedicada a temas de seguranza que conta con máis de 150 provedores e/ou socios que venden os seus produtos, asinou un contrato con MySQL AB para empregar a popular base de datos MySQL para almacenar as súas ofertas e o resto de datos.

Segundo declaracións na nota de prensa da empresa «MySQL AB», a base de datos debe estar dispoñible para entregar produtos a millóns de persoas diariamente. Até o de agora, MySQL obtivo un rendemento e un uso de recursos excelente para estes fins…

Ligazón á nota de prensa:
http://www.mysql.com

Recentemente Nokia sacou unha nota de prensa na que anuncia o seu novo dispositivo de peto cuxo funcionamento está supeditado a un sistema GNU/Linux.

O Nokia N810 está baseado en Maemo Linux OS2008, actualizable tamén no N800, a xeración tablet pc anterior a esta. Algunhas das características do Nokia N810 son unha interface de usuario personalizable, e contén varios novidades como o navegador Mozilla con soporte para Ajax e Adobe Flash 9, melloras tanto no son como no vídeo, a parte dos auriculares por Bluetooth.

 

Fonte: Nokia  

O recordMyDesktop é unha aplicación que permite gravar en vídeo o que estás facendo actualmente no teu escritorio GNU/Linux. recordMyDesktop só produce formatos de saída abertos, que son “theora” para o vídeo e “vorbis” para o son, usando o contedor ogg.

O programa está composto de dúas partes, unha simple ferramenta en liña de comandos que fai as operacións básicas de captura e codificación e unha interface que mostra toda a funcionalidade do programa dunha forma moito máis atractiva…

A ferramenta de liña de comandos está escrita en C, e a interface ten dúas versións, unha escrita en pyGtk e outra en pyQt4 .

A captura de son ben se pode facer a través de ALSA, OSS ou usando o JACK AUDIO SERVER.

 

Páxina oficial do proxecto:

http://recordmydesktop.iovar.org
OpenbravoDo 26 ao 28 de outubro terá lugar en Barcelona o primeiro encontro (Get Together) de Openbravo. Este evento constará de talleres e conferencias, restrinxidas a partners, e de presentacións orientadas á comunidade de acceso libre. A intención da compañía navarra é reforzar a súa importante comunidade desenvolvedora e intercambiar ideas así como desenvolver colaboracións.
 

Fonte: Openbravo

VenezuelaCantv, a maior operadora de telecomunicacións de Venezuela, migrará a Software Libre dentro das directrices sinaladas polo Decreto 3390, folla de ruta para o cambio de paradigma tecnolóxico por parte deste goberno latinoamericano.  O 3390  foi presentado no ano 2005 e prevía a migración dos sistemas públicos en dous anos.
 

A migración de Cantv beneficiará a máis de 21 millóns de usuarios de teléfonos móbiles venezolanos. Os responsables desta política calificaron o Software Libre como “un modelo máis sano” e que permitirá o desenvolvemento dunha industria nacional de desenvolvemento de aplicacións informáticas.
 
Fonte: La Red  
O director xeral das TIC do goberno balear expuxo o estado de implantación do Software Libre nas Baleares e as iniciativas que o goberno balear ten previsto desenvolver durante os próximos catro anos para axudar á súa difusión na reunión do grupo de traballo de Software Libre, integrado por representantes das comunidades autónomas e do Ministerio de Administracións Públicas que tivo lugar en Palma.
 
Outras das iniciativas do goberno balear serán incorporar clientes de uso exclusivo de Software Libre e promover o intercambio de Software Libre na administración pública do estado. Tamén fomentará ouso de Software Libre nas PEME e difundirá as vantaxes da súa implantación a través de conferencias, xornadas especializadas e a promoción dunha feira…

 

Para ler a nova completa visite a fonte orixinal:
http://www.laflecha.net

A Fundación Mozilla vén de lanzar un novo software, Instantbird, un programa de mensaxería, que aínda está en fase moi inestable e con mínimas funcionalidades. Instantbird está baseado en XULRunner e Pidgin e é multiplataforma.

Ademais, a semana pasada tamén lanzou actualizacións do Firefox e SeaMonkey.

A versión que saíu do Firefox foi a 2.0.0.8 que corrixe algúns erros de seguridade detectados (notas da versión)…

Mentres, SeaMonkey, o proxecto comunitario que xurdiu cando a Mozilla Foundation deixou de desenvolver a Mozilla Suite, alcanzou a versión 1.1.5. SeaMonkey é navegador web, cliente de correo electrónico e novas, cliente de IRC e editor HTML todo en unha soa aplicación.

A semana pasada, o xoves 18 de outubro de 2007, os rexistros históricos de tráfico de rede da Universidade da Coruña superáronse amplamente. Desde as dúas da tarde, rexistráronse unhas taxas de transferencia de datos superiores ao terzo da capacidade total da rede da Universidade da Coruña.

Esta demanda de transmisión da rede da universidade debeuse á publicación da versión 7.10 do sistema operativo Ubuntu, do cal o servizo de FTP da universidade (ftp.udc.es) é réplica oficial desde o 7 de xuño deste ano


Durante a publicación desta distribución, o servizo de FTP da Universidade da Coruña tivo unhas taxas de transferencia sostidas superiores aos 350 MB por segundo durante a maior parte do día de onte e de hoxe, o que equivale a aproximadamente 100 veces a velocidade dunha liña de ADSL doméstica. Ademais, estes datos permitiron que máis de 8 500 persoas usuarias descargasen a nova versión da distribución de Ubuntu.

A maioría destas descargas foron derivadas dos servidores principais do proxecto Ubuntu, un feito que confirma a importancia do servizo de FTP da nosa universidade a nivel internacional.

O servidor de FTP da Universidade da Coruña é un dos servizos que implantou e mantén a Oficina de Software Libre (OSL) durante o presente ano. Este servidor de FTP é réplica oficial de case 15 proxectos de software libre recoñecidos en todo o mundo.

Actualmente, este servizo aloxa unha cifra próxima aos 2 000 GB de datos, en feito que o converte nunha das maiores réplicas europeas canto ao espazo de almacenamento e ao contido que ofrece (http://softwarelibre.udc.es/Services/Mirror). A este servizo pode accederse desde múltiplos protocolos de rede, como HTTP, FTP ou RSYNC.

O servizo de FTP da nosa universidade é réplica oficial, en concreto, dos proxectos internacionais que a seguir relacionamos CPAN, CRAN, CTAN, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD, OpenOffice, Fundación Apache, Debian, Gentoo, OpenOffice, Trustix e o propio Ubuntu. Para alén dos anteriores, cómpre salientarmos os datos seguintes que falan da transcendencia do servizo:

  • É a segunda réplica oficial de Gentoo en España.

  • É o único servizo que ofrece unha réplica de Gentoo por RSYNC en España.

  • É a segunda réplica oficial de Apache en España.

  • É o primeiro en España en ser réplica oficial de OpenOffice estendido.

  • É a terceira réplica de FreeBSD en España e a único que ofrece o servizo por RSYNC.

  • É a segunda réplica de OpenBSD en España e a única que ofrece o servizo por RSYNC.

  • É a sexta réplica de Ubuntu en España e a segunda que ofrece o servizo por RSYNC.

 

Outros proxectos de la Oficina de Software Libre

A OSL tamén ten outros proxectos en marcha de menor impacto, mais non por iso menos importantes. que teñen sempre como obxectivo principal mellorar os recursos tecnolóxicos con que a comunidade universitaria conta:

  • Elaboración do catálogo de software libre na UDC.

  • Coordinación na adaptación dunha distribución GNU/Linux, quer Live-CD quer instalable para o seu uso na docencia, na investigación e na administración da UDC.

  • Servizo de mensaxería instantánea para a comunidade universitaria da UDC a se basear na plataforma Jabber (http://softwarelibre.udc.es/Services/Jabber), a mesma que se emprega no servizo de mensaxería do Google.

  • Servizo de repositorio de proxectos aberto para toda a comunidade universitaria co fin de contribuír ao desenvolvemento de proxectos de código aberto que se desenvolvan dentro da UDC (http://softwarelibre.udc.es/Services/Repository).

  • Overlay de paquetes para o sistema operativo Gentoo GNU/Linux aberto publicamente e sen restricións (http://softwarelibre.udc.es/Services/Overlay).

  • A OSL mantén tamén un grupo de traballo destinado non só á tradución de programas informáticos ao galego senón tamén á realización de materiais de axuda e á dinamización do uso do galego nas novas tecnoloxías. Esta área nace co obxectivo de dotar a nosa lingua dos recursos técnicos e informáticos necesarios. Entre os proxectos que se levaron a cabo, para alén dos materias de axuda que se ofrecen na nosa páxina web, cómpre salientar a tradución ao galego de programas como o Gajim (que se emprega na mensaxaría instantánea), o Gforge, o Mailman (para a xestión de roldas de correo), o Moinmoin (para a realización de wikis) así como se está a completar a tradución de programas como o R e R-Comander, Opina, Brasero…

  • Finalmente, durante este ano, unha grande parte dos esforzos do equipo da OSL centráronse na posta en marcha da Forxa do proxecto Mancomun.org en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellaría de Innovación de Industria da Xunta de Galiza e o Centro de Supercomputación de Galiza (CESGA). Este proxecto persegue extremar os esforzos no desenvolvemento e na tradución ao galego de diversos programas de software libre, enfocados aos distintos colectivos de interese da propia sociedade galega.

Fonte:
Oficina de Software Libre da Universidade Da Coruña

Meses atrás, o servizo público de televisión británico anunciou que lle daría a posibilidade aos usuarios que empregan software libre de veren os seus programas desde a Internet. Con este fin, comezará a empregar a tecnoloxía Flash de Adobe para permitirlles aos usuarios de GNU/Linux e Mac OS «ver, mais non descargar» programas de TV.

Mentres que o iPlayer permite descargar os programas, a aplicación en Flash non. Porén, a BBC formulou a idea de crear un iPlayer para GNU/Linux e Mac…

Cando a BBC publicou o seu software iPlayer en xullo, foi moi criticada polo Open Source Consortium por facer esta aplicación dispoñible só para os usuarios de Windows.

Nova anterior en mancomun co anuncio da BBC
Ligazón á noticia orixinal: idabc

UltimateStunts é un “remake” do xogo de DOS “stunts”. Este xogo, foi lanzado ao comezo da década dos 90. É un xogo de carreiras en 3 D, con gráficos simples CGA/EGA/VGA, sen texturas nin degradados suaves, pero o seu éxito é debido as súas espectaculares características (rizos, pontes sobre as que saltar, etc).

Unha das mellores opcións deste xogo é que tiña un editor de pistas. Xa que ás pistas estaban baseadas en pezas, cada xogador podía elaborar os seus propios circuítos.

 
Execútase en sistemas compatibles con UNIX (como GNU/Linux) e en Windows, e está dispoñible en varios idiomas. Nun futuro terá características máis modernas, como gráficos openGL, son en 3D e capacidade de multixogador a través de Internet.

 Descarga: Sourceforge.net

Fonte: LinuxGames.com  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal