Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/traducindote.gifVemos no portal de GLUG a seguinte nova:

“Óscar Hermida, ex alumno do IES Chan do Monte, segue extendendo as funcionalidades do tradutor “Traducíndote” que conserva a estrutura dos documentos intacta, á vez que traduce o seu contido.

Ademais da nova anterior, acaban de lanzar unha nova aplicación web chamada gootrad, que agora tamén traduce multitude de novos idiomas, emprega nas súas bases o servizo de Google translate, entre os que destaca un traductor inglés-español. Como ven relata nas roldas de Lugs de galiza a aplicación todavía está en probas polo que recibirán calquera suxerencia ou incidencia de bo agrado, co gallo de arranxalas.

O enlace á aplicación está en http://www.traducindote.com

 

Fonte:
http://www.glug.es

O desenvolvedor Ben Nolan vén de liberar baixo licenza Affero o seu software GroupsWiki. Este wiki facilita a edición de contidos por parte dos usuarios sen ter que aprender marcas especiais do wiki.

A ferramenta ten un deseño minimalista pensado para o traballo por usuarios noveis, unha mostra do seu funcionamento está dispoñible dende a páxina do proxecto aloxada en Google Code.

GroupsWiki conta cun editor de texto WYSIWYG moi sinxelo chamado protoedit. Ben Nolan fixo unha presentación na Railsconf sobre as características máis avanzadas de Javascript que empregou no desenvolvemento de GroupsWiki. O software está implementado empregando Ruby on Rails, un framework de pila completa para o desenvolvemento de aplicacións web.

No próximo SIMO 2007 que terá lugar entre os días 6 e 11 de novembro no IFEMA de Madrid haberá un simposio sobre Asterisk, unha centralita telefónica baseada en Software Libre.
Neste simposio haberá máis de 30 conferencias sobre Asterisk, o que da unha idea clara do negocio que se está a xerar en torno a esta aplicación libre, do que xa temos falado con anterioridade (caso de éxito de negocio con Software Libre).
 

As conferencias distribúense en 4 días con diferente temática e diferente público obxectivo.
  • Martes 6 de novembro: Día do Call Center baseado en Asterisk
  • Mércores 7 de novembro: Día das administracións públicas como potenciales clientes especialmente interesados no valor engadido do Software Libre (Universidades, Concellos, Comunidades autónomas…)
  • Xoves 8 de novembro: Día “Conéctate á VoIP” dirixido a todos os integradores ou clientes que aínda non teñen dado o salto da telefonía tradicional á tecnoloxía VoIP.
  • Venres 9 de novembro: Día “Comunidade Asterisk España” na que se darán cita algunhas das persoas máis representativas da cada día máis grande comunidade desenvolvedora.

Programa completo do simposio na web de Irontec

GanttProject é unha iniciativa de código aberto (escrita en [[Java]]) que ten como propósito lograr unha aplicación capaz de realizar representacións esquemáticas da distribución das tarefas dun proxecto a curto, medio ou longo prazo.

O esquema non ten por que estar relacionado co mundo empresarial. Pode ser un diagrama no que se distribua o tempo necesario para preparar un exame, para construír unha casa ou para realizar unha tarefa determinada. Permite distribuír as actividades por persoas ou recursos, así que tamén pode utilizarse para xestionar proxectos nos que haxa máis dunha persoa, comprobar o desenvolvemento das tarefas ou gardar unha copia do estado de execución.

 

Algunhas das súas características:

  • Importar e exportar arquivos de MS Project
  • Soporta engadir e quitar columnas personalizadas.
  • Exportar os proxectos a páxinas HTML (web), GanttProject usa conversión XSL.
  • Permite traballar con proxectos almacenados en servidores web. Se o servidor soporta WebDAV, pode gardar/publicar o proxecto nel.
  • Inclúe funcións personalizables.
  • É posible organizar tarefas de forma xerárquica.
  • Publicar un informe en formato PDF.

 Decarga: Sourceforge.net

Mancomun.org organiza unha xornada dirixida a analizar as principais cuestións derivadas da liberación de aplicacións informáticas. O evento estará dividido en dúas sesións: unha primeira orientada a xerentes e directores empresariais para analizar a cuestión desde o punto de vista empresarial e outra pensada para técnicos e as dificultades técnicas que poden xurdir no proceso.

Este encontro enmárcase dentro dunha acción de Mancomun.org para elaborar unha Guía de Liberación que responda de xeito claro e sinxelo ás principais interrogantes que poden xurdir antes, durante e despois do proceso de liberación. Coa elaboración desta guía calquera persoa interesada poderá solucionar as dúbidas máis comúns relacionadas e poderá ser reaproveitada pola comunidade para facer difusión. 

O encontro ten lugar na Escola Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago desde as 10 da mañá ata as dúas da tarde. Servirá ademais  como punto de encontro entre as diferentes iniciativas empresariais relacionadas co Software Libre.

http://www.mancomun.org/images/OpenOffice/gl.openoffice.org.pngXa está dispoñible a nova tradución ao galego do OpenOffice.org. A versión actual é a 2.3.0 e atópase traducida ao 99% tanto na parte da interface como na de axuda.

Desta vez, poderemos descargar esta nova versión desde a web Mancomun.org, gl.openoffice.org (sitio web oficial da comunidade galega de OpenOffice.org) ou desde o sistema de descargas oficial do OpenOffice.org (non están dispoñibles todas as versións).

Entre as novas funcionalidades destacan:

  • Inclúe un novo módulo de diagramas
  • Maior compatibilidade con extensións
  • Melloras en usabilidade
  • Actualización en liña desde a propia aplicación
  • Instalación simplificada baixo GNU/Linux
  • Melloras en seguridade

 

A continuación preséntase unha listaxe de cambios por aplicación máis completa:

XERAL:

  • Melloras en usabilidade
  • Actualización en liña desde a aplicación
  • Instalación simplificada baixo GNU/Linux
  • Ligazón directa para descargar extensións desde a aplicación
  • Previsualización en HTML desde o menú “Ficheiro” 
  • As macros contan agora con niveis de seguridade para execución e camiños de confianza
  • Máis información e outras propiedades dos ficheiros dende o separador “Propiedades-Xerais”
  • Mellores gráficas 3D con máis características, un uso máis sinxelo e melloras nas escalas a usar por defecto

WRITER

  • Exportación de documentos a páxinas Wiki
  • Corrección ortográfica en distintas linguas para distintos parágrafos
  • Melloras ao mostrar imaxes nos documentos
  • Implementación completa de Smart-Tags
  • Melloras na exportación a PDF

CALC

  • Melloras na impresión
  • Atallo directo de teclado a formatado de cela
  • Melloras de importación de táboas dinámicas desde formato de Excel
  • Melloras na suma automática
  • Soporte para matrices e vectores importados de Excel
  • Inicial en maiúsculas desactivada por defecto
  • Cambio de botóns entre a barra de  “Obxectos de formulario” e “Deseño de formularios”

IMPRESS

  • Exportación a HTML con soporte para imaxes .png
  • Reproducir música durante toda a presentación
  • Animacións máis personalizables

BASE

  • Tamaño axustable e independente de formularios e informes
  • Maior accesibilidade por teclado
  • Report Builder:: permite xerar os informes de forma dinámica e áxil. Instálase como unha extensión máis do OpenOffice.org

DRAW

  • Texto alternativo para imaxes e capas de debuxos para mellorar a accesibilidade.

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngO Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra organiza o Ciclo de conferencias – taller “GALPon 2007 na UVigo” dende o próximo 18 de Outubro ata o 6 de Novembro. Máis de 30 horas repartidas en diferentes días para falar de temas coma a sinatura dixital, media center feito con GNU/Linux, escritorios lixeiros para recuperar computadoras obsoletas, home station para ter na casa, seguridade en redes WiFi e mesmo desenvolvemento en PHP con patTemplate.

Non é preciso facer inscrición algunha, todas as conferencias son gratuítas e de libre acceso grazas ao apoio da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes e á E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo…

Máis información…

Mandriva liberou a súa nova versión estable das edicións “free”, que non inclúe software privativo, e “One” que inclúe drivers e software propietarios de Mandriva 2008.0.

Ademais desta liberación en Mandriva fixeron un novo deseño do sitio web Mandriva.com, máis atractivo, sinxelo e directo.

Mandriva “One” Gnome inclúe a última versión de GNOME 2.20 e Mandriva 2008.0 “One” KDE o escritorio KDE 3.5.7.

As novas versións “One” son as únicas que dispoñen de formato Live CD…

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar/distros/mandriva-2008.0.html

http://www.mancomun.org/images/stories/docvert-logo.gifDocvert é un software, vía servizo web, que permite mudar os ficheiros en formato MS Word (con extensión .doc) a formato OpenDocument ou ficheiros HTML/XML.

Docvert ten unha interface amigable e de fácil integración con outro software xa que está baseado en servizos web estilo REST. O XML producido é moi sinxelo de entender e máis estruturado que o formato propietario Word.

Está implementado empregando XML Pipelines un método que soporta XSLT, no cal o contido das cabeceiras e das seccións é gardado en múltiples ficheiros (capítulo1.html, capítulo2.html, …) devolvendo o resultado nun formato ZIP.

http://www.mancomun.org/images/stories/docvert.png

 

Docvert ten os seguintes requirimentos:

  • PHP 5.0 ou superior coas extensións ZLIB e XSL habilitadas.

  • Polo menos un procesador de textos:

O software está baixo licenza GPL 3 e pódese descargar dende a web do proxecto.

Silver Tree é un xogo de rol en 3D desenvolvido por parte do equipo de Battle for Wesnoth, está dispoñible para diferentes plataformas (Windows, GNU/Linux e MAC OS X) e a súa licenza é [[GPL]]. A última versión publicada foi a 0.2, na que se solucionaron os problemas que había con algunhas tarxetas gráficas antigas.

Outras novidades son:

  • implementar un sistema de gardar e cargar partidas.
  • aventura completa para xogar.
  • mellora do sistema de combate e cambios gráficos.

Web oficial: http://www.silvertreerpg.org/

O goberno da provincia italiana de Savona, ao noroeste do país, decidiu migrar ao formato «open document» e posiblemente migrará os seus programas ofimáticos a aplicacións de código aberto, segundo declaracións publicadas o pasado luns.

O goberno provincial quere que o departamento de informática instale software que lles axude na creación e no mantemento de documentos nun formato aberto. Segundo un anuncio na páxina do goberno, esta migración debe ser considerada e preparada. A administración tamén declarou que «O goberno provincial adoptará o Software Libre, que é a mellor opción en termos de custos, de transparencia e de seguranza, ademais de non depender dun único provedor.». A decisión segue as liñas nacionais para o desenvolvemento da sociedade da información…

O comunicado tamén menciona que a provincia está actualmente a empregar Microsoft Office 2000 para crear os seus documentos e continúa explicando que esta aplicación xera documentos nun formato propietario. “Como consecuencia é prudente migrar a unha aplicación que garanta transparencia pois é máis seguro producir documentos nun formato aberto para todos»

Segundo a declaración, a migración a unha nova versión de Microsoft Office resultaría moi custosa, mentres que as alternativas de Software Libre teñen un coste cero en licenzas.

 

Ligazón á nova orixinal: IDABC

AndorraCo fin de promover a innovación a Oficina d’Innovació Empresarial d’Andorra achegou ás empresas do principado veciño as vantaxes do Software Libre. O relatorio que ofreceu esta institución do goberno andorrano tivo por título Programari lliure: avantatges i casos d’èxit en empreses i institucions. A charla buscaba demostrar que este tipo de aplicacións informáticas son competitivas en calidade e servizo. 

Albert Calvet, presidente da Associació d’Empreses Catalanes per al Programari Lliure (CatPL), equivalente a AGASOL en Cataluña, expuxo as vantaxes para a economía do principado de apostar polo Software Libre e contar con aplicacións de código aberto eliminando a dependencia do provedor.
 
Fonte: La Farga  

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngDespois  da recepción das diferentes propostas para o lugar de celebración da aKademy deste ano, o comité organizativo decidiu que o lugar será Zaragoza.

O local de Hispalinux acollerá este evento que espera recibir a usuarios, deseñadores, expertos en usabilidade, programadores… Se queres dar un relatorio ou taller, tan só tes que mandar a proposta canto antes (unicamente a proposta, antes de novembro)…

Se queres asistir como oínte e participar nos debates non é necesario ningún rexistro previo, só asistir aos mesmos na cidade de Zaragoza. 

O enderezo para mandar as presentacións é o seguinte:
ereslibre@BORRAMEkde.org
 
A web do evento é a seguinte:
http://www.ereslibre.es/akademy-es/
 
Fonte orixinal da noticia:
Barrapunto.com
Mozilla FirefoxO navegador creado pola Fundación Mozilla, Mozilla Firefox segue a incrementar o seu número de usuarios en Europa. Desde abril do pasado ano ata maio do 2007 o emprego desta aplicación aumentou un 4,7% no vello continente. A taxa de uso en España experimentou un incremento do 2% pasando do 13,7% ao 15,7%.
 

Os únicos dous países que superan o 40% no seu emprego son Eslovenia (44,5%) e Finlandia (41,3%). Por outra banda Internet Explorer 7 é o navegador predominante en 16 de 30 países europeos mentres que Firefox 2 ten maior presenza en 14 deses 30.
 
Fonte: 20 Minutos  
Logotipo de InnotekA empresa alemana Innotek vén de apresentar a versión 1.5 de VirtualBox, unha potente ferramenta de virtualización para PC de arquitectura x86 que se distribúe baixo licenza GPL. VirtualBox funciona sobre equipos GNU/Linux, Mac OS X e tamén Windows, permitindo a execución virtualizada de diversos sabores de Windows (NT 4.0, 2000, XP, Server 2003, Vista), tamén DOS/Windows 3.x, Linux (núcleos 2.4 e 2.6), ou OpenBSD entre outros. En Kriptópolis publican unha interesante revisión desta nova versión realmente prometedora acompañada dunha impresionante foto que amosa un XP virtualizado sobre un escritorio 3D con Compiz Fussion sobre Arch Linux. É tamén de resaltar o interesante modelo participativo que propón esta empresa integrando a dinámica do software libre no seu modelo de negocio.

Les Trophées du Libre” é un concurso que, desde 2003, intenta promover proxectos innovadores dentro do Software Libre, co obxectivo de dar a estes un certo recoñecemento e publicidade. Neste concurso, de carácter internacional, poden participar tanto desenvolvedores amateurs como profesionais, para obter premios que van até os 3000 €.

Con 113 participantes de 18 países, é, en palabras de Richard Stallman, a maior competición organizada para promover o espírito do Software Libre entre os usuarios. Os finalistas serán anunciados o día 1 de novembro. A lista de proxectos presentados contén programas bastante interesantes nas 6 categorías existentes.

Fonte:
http://www.barrapunto.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal