Mancomun.org organiza unha xornada dirixida a analizar as principais cuestións derivadas da liberación de aplicacións informáticas. O evento estará dividido en dúas sesións: unha primeira orientada a xerentes e directores empresariais para analizar a cuestión desde o punto de vista empresarial e outra pensada para técnicos e as dificultades técnicas que poden xurdir no proceso.
Este encontro enmárcase dentro dunha acción de Mancomun.org para elaborar unha Guía de Liberación que responda de xeito claro e sinxelo ás principais interrogantes que poden xurdir antes, durante e despois do proceso de liberación. Coa elaboración desta guía calquera persoa interesada poderá solucionar as dúbidas máis comúns relacionadas e poderá ser reaproveitada pola comunidade para facer difusión.