
Información e recursos sobre o desenvolvemento de Typo3 CR:

Información e recursos sobre o desenvolvemento de Typo3 CR:
A firma islandesa MIND presentou onte en Hong Kong o primeiro computador deseñado para nenos de entre 3 e 12 anos, en colaboración coa taiwanesa Mitac e no que a empresa española Imaginarium achegou o seu asesoramento..
Segundo palabras de Helena López, subdirectora xeral de produto de Imaginarium, “Eles son grandes coñecedores da técnica e nós de que é o que ten que ter o produto de cara aos pais”.
Helena López indicou tamén que “non é un xoguete, é un computador que permite debuxar, conectarse a internet, e realizar outras funcións típicas dun computador tradicional”, conta como característica novidosa cunha interfaz intercambiable. Ademais, non ten teclado, senón obxectos que se conectan ao ordenador e funcionará co sistema operativo GNU/Linux.
Esta presentación serviu de marco para a firma dun acordo en I+D+i entre a española Imaginarium e a islandesa MIND para desenvolver produtos interactivos para as familias.
Ambas compañías traballarán xuntas na investigación de novos produtos que atendan as necesidades das familias, conteñan valores familiares e promovan o desenvolvemento evolutivo dos nenos axudándolles a desenvolver as súas habilidades e aptitudes individuais mediante o emprego de funcións interactivas.
As universidades están comezando a compartir a súa sabiduría cos cidadáns facendo dispoñible o material dos cursos a través de Internet. Trátase dunha oferta gratuíta aínda que non ten valor oficial e non serve para obter un título. Un dos pioneiros, en canto á dimensión desta iniciativa foi o MIT de Massachusetts que actualmente ofrece cerca de dúas mil descargas/vídeos de material das súas clases. A semana pasada, Berkeley, que xa levaba un ano traballando nesta liña, anunciou que ofrece 300 vídeos en YouTube. Inclúense desde estudos sobre a paz e os conflictos, cursos de bioenxeñería, etc…
Esta iniciativa é distinta á oferta académica de cursos en liña que requiren da matriculación do alumno e un seguimento académico con calificacións de cara a obter un título. Trátase de ofrecer materiais pedagóxicos que xenera a universidade para a súa consulta libre…
A semana pasada, en Utah (Estados Unidos), o movimento Opencourseware reuniu a 120 universidades de todo o mundo, entre elas estiveron presentes a Universitat Oberta de Catalunnya (UOC) e a de Alicante, aínda que implicadas no proxecto hai cerca de 30.
Recursos libres para educación:
Blog Educación Contenidos Abiertos
Open University do Reino Unido
Universia
OpenCourseWare
Outros:
Búsqueda en Mancomun.org
Fonte:
ElPais.com
Canonical Ltd. intenta chegar a un acordo con Dell Inc. coa intención de que venda servidores con Ubuntu preinstalado, tal e como xa fai cos seus ordenadores de escritorio. Canonical xa conseguiu chegar a acordos con vendedores máis pequenos para que inclúan Ubuntu Server Edition. pero agora a súa intención pasa por negociar con outros vendedores de tamaño multinacional e competir con xigantes como Red Hat e Novell.
Dende Canonical estiman un número mínimo de 6 millóns de usuarios para a distribución de GNU/Linux que quizais podería chegar ao dobre.
Fonte: http://vivalinux.com.ar/biz/servidores-dell-con-ubuntu.html
A lista completa de cambios pódese consultar dende o enlace:
O Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con GALPon, o obradoiro “Introdución ao Software Libre e GNU/Linux” de 30 horas e convalidable por 2 créditos de libre elección.
Neste curso práctico, disporase de 20 computadores con GNU/Linux cos que os alumnos poderán empezar a coñecer este sistema operativo. Inclúense a instalación e configuración dunha sistema completo no computador ademais de traballar con diferentes contornos gráficos como Gnome e KDE.
O prazo para a matriculación vai dende o 15 até o 26 de Outubro e comezará o 29 de Outubro na E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións do campus de Lagoas – Marcosende da Universidade de Vigo, os luns e martes pola tarde…
A próxima Ubuntu 7.10 ten prevista a súa saída para o día 18 de outubro. Xa hai un par de semanas anunciamos que estaba dispoñible para descargar a versión Beta e solicitaban que se enviasen os erros detectados de cara a solucionalos antes da saída da versión definitiva.
Agora Canonical xa habilitou a posibilidade de pedir os CD da próxima versión de Ubuntu 7.10 e de Kubuntu 7.10 . Recibiranse gratis no enderezo que se indique, aínda que o tempo de espera pode ser de 10 semanas dende a data de saída da versión definitiva.
O número máximo de CD que permiten pedir nese prazo de entrega é de 10. Se se quere facer unha petición maior hai que explicar os motivos e segundo as posibilidades atenderán as peticións. Neste caso os tempos de resposta serán máis longos.
É preciso dispor dunha conta en Launchpad para facer as solicitudes.
Fonte: Ubuntu
A versión de “Mobile Firefox” traballará coas extensións do repositorio de Mozilla e permitirá construír aplicacións vía XUL. Mozilla expandiu o equipo a tempo completo que está adicado a aplicacións e tecnoloxías de dispositivos móbiles.
O parlamento portugués decidiu por unanimidade a semana pasada facer todos os seus documentos dispoñíbeis en formatos electrónicos. Esta boa nova podería ser aínda mellor se aprobase unha segunda proposta en que se requiría unha migración a unha infraestrutura informática baseada en software libre, que ao final foi rexeitada.
A resolución, cuxo borrador elaborou Bruno Dias e outros seis membros do partido comunista portugués, foi aceptada despois dun debate o 4 de outubro. «Hai unha urxente necesidade de asegurar unha interoperabilidade e compatibilidade, ambas as dúas agora e no futuro, para permitir o acceso á nosa colección dixital de documentos oficiais e históricos da asemblea». Os sete parlamentarios tamén declararon que o acceso a estes documentos non debería depender de produtos privativos. Estes parlamentarios apoiaron a súa exposición referenciando o parlamento francés que, actualmente, está a migrar a súa infraestrutura informática.
Na resolución final incluíronse varios cambios ao texto orixinal debido ao debate que se produciu na asemblea portuguesa. O borrador estabelecía que todos os PC en uso do parlamento deberían ter aplicacións de software libre instaladas para o procesamento de texto, as presentacións, a navegación web, o correo electrónico e outros usos. Porén, esta iniciativa mudouse para permitirlles aos membros optar por ese software. Tamén se eliminou da resolución a realización dun estudo para unha migración ao software libre de toda a infraestrutura informática, unha posibilidade que a asemblea lusa adiou a súa reconsideración para dentro dun ano.
Ligazón orixinal: idabc
O concello de París comezou esta semana a distribuír memorias USB cargadas con Software Libre entre 175 000 estudantes de secundaria o seu profesorado.
Segundo declaracións de Jean-Paul Huchon, portavoz do goberno rexional: “Cómpre ofrecerlles aos nosos estudantes de secundaria e profesores unha solución que mellore o acceso da xente moza á informática e lles achegue ao emprego do Software Libre”. O concello declarou que o proxecto é o maior deste tipo e que o seu custo estivo arredor dos 2,6 millóns de euros.
A memoria USB ten unha capacidade de 1 GByte e ben con 19 aplicacións de Software Libre entre as que salientan o OpenOffice.org, o navegador Firefox, o xestor de correo Thunderbird etc. Na memoria hai, ademais, 600 Megas de espazo libre para almacenar datos.
Este proxecto foi anunciado en febreiro e o concello planea avalialo durante un ano. Agárdese un informe preliminar sobre a acollida dos USB para novembro.
Ligazón orixinal: idabc
Unha das opcións é Open Firmware, desenvolvido por Sun e Apple e orientado aos PowerPC, pero que tamén está dispoñible para arquitecturas x86.
Fonte: http://www-128.ibm.com
Algunhas das súas características son:
Web oficial: http://www.linux-box.ch/
GleduWiki , un sitio web da Arxentina, recompila moitos dos recursos educativos en Software Libre que podemos topar pola rede, desde propostas didácticas, aplicacións informáticas libres totalmente categorizadas, eventos, novas, manuais, etc… E se non están listados na web, ti mesmo os podes incluír xa que a xestión da mesma é a través dun [[Wiki]].
Algúns recursos interesantes:
Todos os recursos están dispoñibles a través da publicación en sistemas [[Wiki]] para permitir a edición, colaboración de todo o mundo.
Páxina orixinal do proxecto:
http://wiki.gleducar.org.ar/wiki/Portada
Se sumamos os resultados das preguntas referidas a se a persoa enquisada emprega ou empregou no pasado algún sistema operativo Linux dá un 10,4%. Superan a Galicia Extremadura (23%), Andalucía (15,1%) e Madrid (10,8%).
Respecto ao coñecemento da existencia de Linux a porcentaxe de persoas enquisadas que afirmaron coñecer o sistema operativo Linux en Galicia é de 52,8%. Os tres primeiros nesta clasificación son Extremadura (55%), Cataluña (53,4%) e Madrid (51,9%).
O obxectivo desta iniciativa é mellorar o coñecemento dos estudantes de informática sobre as prácticas de computación paralela masiva, de forma que poidan gañar experiencia na área de computación distribuída a gran escala.
Varias universidades norteamericanas uníronse a esta iniciativa . No futuro, este programa ampliarase para incluír a outros investigadores, docentes e científicos.
As técnicas de programación en paralelo tamén se utilizan para análises científicas complexos como as secuencias xenéticas ou o desenvolvemento de modelos climáticos.
Para este proxecto, ambas empresas dedicarán un gran clúster de varios centos de ordenadores (unha combinación de máquinas de Google e de servidores IBM BladeCenter e System x) que terán máis de 1.600 procesadores. Os estudantes accederán a este clúster a través de Internet para facer probas dos seus proxectos de programación en paralelo. Os servidores funcionarán con software de código aberto (open source), incluíndo o sistema operativo GNU/Linux, os sistemas de virtualización XEN e o proxecto Hadoop de Apache e desenvolvementos de Google para o seu infraestrutura pública de computación, concretamente MapReduce e Google File System (GFS).
Este móbil pode empregarse con calquera operador GSM e está fabricado pola empresa FIC que apoia o proxecto. Actualmente estase a traballar no deseño do proxecto para determinar o chipset óptimo para contar con soporte WI-FI.
As novas características de hardware que incorporará son:
Openmoko tamén soporta outro tipo de dispositivos sen ter que pecharse unicamente a Neo1973.
Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal