Presentan un computador destinado a nenos de 3 a 12 anos

A firma islandesa MIND presentou onte en Hong Kong o primeiro computador deseñado para nenos de entre 3 e 12 anos, en colaboración coa taiwanesa Mitac e no que a empresa española Imaginarium achegou o seu asesoramento..

Segundo palabras de Helena López, subdirectora xeral de produto de Imaginarium, “Eles son grandes coñecedores da técnica e nós de que é o que ten que ter o produto de cara aos pais”.

Helena López indicou tamén que “non é un xoguete, é un computador que permite debuxar, conectarse a internet, e realizar outras funcións típicas dun computador tradicional”, conta como característica novidosa cunha interfaz intercambiable. Ademais, non ten teclado, senón obxectos que se conectan ao ordenador e funcionará co sistema operativo GNU/Linux.

Esta presentación serviu de marco para a firma dun acordo en I+D+i entre a española Imaginarium e a islandesa MIND para desenvolver produtos interactivos para as familias.

Ambas compañías traballarán xuntas na investigación de novos produtos que atendan as necesidades das familias, conteñan valores familiares e promovan o desenvolvemento evolutivo dos nenos axudándolles a desenvolver as súas habilidades e aptitudes individuais mediante o emprego de funcións interactivas.

Fontes:

softwarelibre.org 

Yahoo finanzas españa  

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal