Mancomún
O Goberno de Canarias instalou dúas derivacións de Kubuntu nos seus sistemas informáticos: unha delas nos centros educativos da comunidade e a outra na Universidade da Laguna. A semana pasada, a Universidade da Laguna celebrou as Segundas Xornadas de Software Libre . A elas acudiu Jonathan Riddell, desenvolvedor de Kubuntu, para explicar o xeito na que vai desenvolver a nova versión, a 2, dentro do proxecto de Software Libre canario chamado Proxecto Medusa.

Na actualidade, o sistema baseado en [[Kubuntu]], mEDUXa 1.2, utilízase en 300 centros repartidos por todas as illas. A idea consiste en implantar a nova versión en cen escolas antes de que finalice o ano. Isto significa que para 2008, preto de 8000 ordenadores utilizarán este sistema operativo e todos os centros públicos contarán con mEDUXa como sistema operativo. A versión 2 de mEDUXa baséase en Kubuntu Feisty Fawn con KDE 3.5.6.

Fonte: The inquirer

Voltaire Ltd, provedor de solucións integrais de grid, vén de anunciar que o Departamento de Enerxía de Estados Unidos acaba de seleccionar unha das súas solucións para os clústers de supercomputación da Administración de Seguridade Nacional Nuclear para os seus laboratorios nacionais Lawrence Livermore, Los Alamos e Sandia.  Dadas as características estremas deste tipo de investigacións confiouse nunha solución Linux por razóns de seguridade e fiabilidade.

Instalaranse oito clústers con Linux que terán como fin poder facer probas nucleares sen necesidade de facer tests reais.

Fonte: Ad-hoc News  

Linux FoundationA Linux Foundation acaba de anunciar un novo acordo de colaboración coa Axencia de Promoción das Tecnoloxías de Información de Xapón, un centro de investigación que promove a información tecnolóxica e apoia a implantación de estándares abertos e software de código aberto. Este acordo servirá para a promoción dos estándares abertos en Asia.

O software de código aberto está a gañar un importante terreo en Asia. Segundo a consultora Gartner o 60% de grandes e medianas axencias gubernamentais usan este tipo de tecnoloxía para as súas áreas de traballo máis críticas.
 
Fonte: Ars Technica  

Onte anunciouse a dispoñibilidade de Compiz 0.6.0. Entre as novidades desta versión destacan: mellor soporte para múltiples pantallas, novos complementos (plugins) que estenden o comportamento dos que xa existen, posibilidade de cambiar os dispositivos de saída entre frames e moitas cousas máis.

Os novos complementos que se inclúen nesta nova versión son:

  • Video plugin

  • Glib plugin

  • Ini plugin

  • Fs plugin

A descarga desta nova versión de Compiz pódese facer dende a seguinte ligazón

Fonte: http://vivalinux.com.ar/desktop/compiz-0.6.0.html

O GaliciaTIC, gran evento ao redor das TIC en Galicia que se celebrará o día 19 de outubro, contará cun relatorio sobre Plataformas de Telefonía IP baseadas en Software Libre. Esta intervención correrá a cargo de Xosé Antonio Zumalave da empresa Level Telecom. Os interesados en participar deberán realizar a inscrición vía Internet na páxina web de Transtic e recoller as acreditacións e a documentación antes do comezo da xornada.

Fonte: Código Cero

A Deputación Provincial de Pontevedra anunciou a convocatoria dun concurso para adxudicar os traballos de desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIX de código aberto Geopista en concellos da Provincia de Pontevedra e na Diputación. O orzamento do proxecto estímase en 497.000 euros. Máis información na web da deputación.

O encontro terá como temáticas principais as seguintes:

  • Casos de éxito
  • Propiedade intelectual
  • Software Libre nas empresas
  • Software Libre no goberno
  • Software Libre na sociedade
  • Software Libre nas universidades

e desenvolverase contando co patrocinio de grandes empresas tales como Google, Sun e Red Hat entre outros.

Haberá distintos auditorios (un total de 3) e a programación do evento pódese atopar nesta ligazón…

O lugar do evento será a Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa, Campo Grande, 1749-016 Lisboa.

Ligazón ao “Formulario de inscripción”

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.softwarelivre.com.pt/index.php

 

A multinacional Novell vén de poñer a traballar a un dos seus mellores desenvolvedores, Greg Kroah-Hartman, nun programa de desenvolvemento de drivers para GNU/Linux . Esta decisión naceu da necesidade de evitar problemas de integración co hardware. O programa contou cunha resposta entusiasta non só por parte de fabricantes senón tamén por parte da comunidade desenvolvedora. De feito Kroah-Hartman di non dar feito coas peticións de colaboración.
 

Estes drivers foron incluídos na SLED (SUSE Linux Enterprise Desktop) 10 Service Pack 1 de Novell.
http://www.mancomun.org/images/stories/komodo.jpgOpen Komodo é unha iniciativa que ten como obxectivo a creación dunha plataforma para potenciar estándares abertos, e xurdida a partir da compañía Active State Software Inc., empresa líder de ferramentas de desenvolvemento profesional.

O proxecto pretende en primeiro término responder ás esixencias das ferramentas para o desenvolvemento web baseándose na creación de contornas web que corran baixo Firefox, ademais de estar construídas co Komodo IDE.

Este proxecto quere potenciar un cambio no que se coñece como a liberación da Internet (Open Web), provocando que o software privativo non teña prioridade sobre o Software Libre, non como ata o de agora, onde o ter unha distribución maior parece que asegura unha maior funcionalidade e precisión.

Fonte: Territorio Libre

Logo Gpul O grupo de programadores e usuarios de GNU/Linux coruñés GPUL vén de publicar vídeos das súas sétimas xornadas celebradas na primavera deste ano. Entre outros relatorios atoparedes o proxecto para crear unha gaita electrónica OpenPipe ou un obradoiro sobre Ruby on Rails.

Esta asociación tamén anuncia que entregará unicamente certificado de asistencia ás xornadas a aqueles que o soliciten. En breve estarán os contidos da DudesConf. 

GALPonO sábado día 6 de outubro, ás 19:00 na Cova dos Ratos ( rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto prazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

Unha galponada é unha reunión, máis ou menos formal, organizada pola asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) onde un dos socios expón algún tema relacionado co mundo do Software Libre, coa idea de compartir coñecemento.

Os puntos a tratar na galponada “Introducción a Drupal” son:

  1. Introducción ao CMS Drupal: Que é o software de xestión de contidos na web e Drupal. Comunidade e Software Libre.
  2. Instalación: Requirimentos e descarga de Drupal. Configuración básica e posta en marcha.
  3. Configuración xeral: Estructura do portal. Información do sitio. Modelos de deseño precargadas.
  4. Tradución da interface: Idiomas para a interface. Descarga e instalación de idiomas. Xestión de cadeas.
  5. Usuarios e roles: Creación de usuarios. Administrador, identificados e anónimos. Roles e control de acceso.
  6. Navegación: Menús, rutas e enlaces. Control de bloques e opcións de menú.
  7. Contido: Concepto de nodo de información. Páxina estática. Nova. Formatos de entrada.
  8. Expandindo funcionalidade: Módulos de sistema. Descarga e instalación de módulos extra.
  9. A comunidade Drupal: Módulos e modelos desenvolvidos pola comunidade. Soporte na rede. Documentación.

O obxectivo é coñecer Drupal sen saber nada de programación nin configuración de sistemas; tan só un pouco de Internet para poder chegar a montar un blogue moi versátil e de forma rápida. Non se verán temas avanzados que poderían ser futuras continuacións, como, por exemplo: módulos extra, creación de modelos, desenvolvemento de módulos propios, etc…

Xa se atopa dispoñible para a descarga o noveno número da revista colombiana Essentia Libre, a revista das tecnoloxías e o coñecemento libre. Neste número abórdanse desde diversas perspectivas o proceso de migracións a Software Libre a nivel de aplicacións e sistemas operativos, ademais da presentación de casos de éxito nestes procesos, presentación de Software Libre colombiano para entidades de saúde e as seccións de costume.
 
Descarga da revista:  

 

Web da páxina: http://www.aclibre.org/

Desde hai tres anos existen tradutores automáticos intelixentes en código aberto para diferentes pares de linguas, como galego-español e español-galego, español-catalán, catalán-español, e español-euskera, baseados nas arquitecturas Apertium e Matxin, creadas polo consorcio OpenTrad. Este consorcio de universidades e empresas está constituído polo grupo Transducens da Universitat d’Alacant, o grupo TALP da Universitat Politécnica de Catalunya (UPC), o grupo IXA Taldea da Universidade do País Vasco, o grupo SLI  da Universidade de Vigo e as empresas Eleka, Fundación Elhuyar, Prompsit Language Engineering e a galega imaxin|software.

Ao contrario do que sucede con tradutores de código pechado, a partir da arquitectura Apertium (www.apertium.org) pódense desenvolver plug-ins para procesar novos formatos non previstos inicialmente polo consorcio (Word, OpenOffice.org, Latex, etc.). Recentemente Óscar Hermida desenvolveu algúns destes plug-ins coñecidos polo nome de Traducíndote para o formato Word e ODT de OpenOffice.org.  Tamén a comunidade OusLi (Ourense polo software libre) realizou un plug-in para integrar OpenTrad-Apertium dentro do navegador da Internet Firefox.
 
OpenTrad-Apertium está integrado en empresas de comunicación como La Voz de Galicia ou nos xornais do grupo El Correo Gallego. Aparte das melloras realizadas pola comunidade, as plataformas Apertium e Matxin son proxectos vivos de I+D+i nos cales as Universidades do consorcio OpenTrad e outras investigan sobre novas arquitecturas e novos pares de linguas, nos cales as empresas do Consorcio, realizan labores de consultoría e implantación de solucións de tradución automática para os seus clientes.
Segundo unha enquisa encargada por BMC e levada a cabo por Forrester, o tempo medio para resolver o problema nunha aplicación é de 6,9 días para os desenvolvedores empresariais e 6,7 días para os vendedores de software. O dez por cento destes problemas necesitan uns 10 días para ser resoltos, indica o estudo.

Doutra banda, Evans Data Corporation (EDC) acaba de publicar a súa enquisa bianual realizada a varios centos de desenvolvedores de código aberto e GNU/Linux (algúns directivos tamén, pero sobre todo programadores). As cifras aquí varían. O tempo medio entre que se descobre que existe un problema serio nos programas e se resolve é, no 36 por cento dos casos, menor ás oito horas.

 
Temos que considerar a transparencia e dispoñibilidade permite que os fallos poidan detectarse máis facilmente e solucionarse en consecuencia. No proceso, ademais, non se necesita que sexa unha persoa particular a que o atope e notifíqueo, senón que é a comunidade a que apunta as solucións.  Todos os usuarios benefícianse da rapidez na resposta.

 

Fonte: The Inquirer  

eMeSeNe é un cliente de mensaxería instantánea, escrito en Python+GTK e distribuído baixo GPL v.2. Soporta a versión máis recente de devandito protocolo, como os “mensaxes persoais”, soporte para o envío de mensaxes malia estar o teu contacto desconectado, o “o que estou escoitando”, etc, todo iso mantendo unha interface sinxela e eficaz. Unha moi boa alternativa, multiplataforma, para falar cos contactos que usen o devandito protocolo, sempre que se boten en falta estes “extras” que se engaden.

Páxina web do programa: www.emesene.org

Fonte: http://www.getdeb.net

A Oficina de Software Libre (OSL) da Universidade da Coruña vén de actualizar o hardware que da soporte ao servizo de FTP da UDC e que é réplica de máis de unha ducia de proxectos internacionais de software libre, como Ubuntu, OpenOffice.org ou Apache, a maioría deles recoñecidos de xeito oficial polos propios proxectos hospedados.

O novo servidor (cunha capacidade de máis de 6TB que triplica a anterior e un procesador de cuádruplo núcleo), permitiralle á OSL pór a disposición da comunidade novas réplicas de proxectos, así como ofertarlle ao profesorado e ao PAS da UDC un servizo de aloxamento público de material docente ou investigador, do que xa se benefician algúns profesores de distintas facultades.

Coa nova adquisición, o servidor FTP da UDC convertese nun dos máis amplos de Europa e o segundo, en canto a aloxamento de proxectos, de España. Entre os novos proxectos hospedados está a versión estendida de OpenOffice.org, o prestixioso paquete ofimático libre, de que a OSL é a única réplica oficial en todo o Estado. O actual servidor tiña unha media de case 1000 descargas diarias e prevese que co novo hardware aumente este valor.

A Oficina de Software Libre xorde a partir da aprobación en decembro do Libro branco do software libre que foi aprobado polo Consello de Goberno en decembro de 2006. Está situada na Facultade de Informática e conta con 6 persoas, catro delas contratadas a tempo completo e dous bolseiros. A OSL é a única oficina de software libre en Galiza e na súa misión ocúpase tanto da promoción e mais da difusión de software libre na UDC como do desenvolvemento de novas aplicacións, a posta en funcionamento de servizos baseados en tecnoloxías libres e a normalización lingüística, neste último aspecto co fomento do uso do galego nas novas tecnoloxías e a realización de versións galegas dos programas libres, así como outra serie de actuacións (desenvolvemento de documentación en galego…)

Fonte: Oficina de Software Libre

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal