Galponada de introdución a Drupal

Galponada de introdución a Drupal

GALPonO sábado día 6 de outubro, ás 19:00 na Cova dos Ratos ( rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto prazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

Unha galponada é unha reunión, máis ou menos formal, organizada pola asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) onde un dos socios expón algún tema relacionado co mundo do Software Libre, coa idea de compartir coñecemento.

Os puntos a tratar na galponada “Introducción a Drupal” son:

  1. Introducción ao CMS Drupal: Que é o software de xestión de contidos na web e Drupal. Comunidade e Software Libre.
  2. Instalación: Requirimentos e descarga de Drupal. Configuración básica e posta en marcha.
  3. Configuración xeral: Estructura do portal. Información do sitio. Modelos de deseño precargadas.
  4. Tradución da interface: Idiomas para a interface. Descarga e instalación de idiomas. Xestión de cadeas.
  5. Usuarios e roles: Creación de usuarios. Administrador, identificados e anónimos. Roles e control de acceso.
  6. Navegación: Menús, rutas e enlaces. Control de bloques e opcións de menú.
  7. Contido: Concepto de nodo de información. Páxina estática. Nova. Formatos de entrada.
  8. Expandindo funcionalidade: Módulos de sistema. Descarga e instalación de módulos extra.
  9. A comunidade Drupal: Módulos e modelos desenvolvidos pola comunidade. Soporte na rede. Documentación.

O obxectivo é coñecer Drupal sen saber nada de programación nin configuración de sistemas; tan só un pouco de Internet para poder chegar a montar un blogue moi versátil e de forma rápida. Non se verán temas avanzados que poderían ser futuras continuacións, como, por exemplo: módulos extra, creación de modelos, desenvolvemento de módulos propios, etc…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal