Mancomún

O proxecto do goberno ruso implantará en 2009 en tódalas escolas do país un sistema operativo ruso chamado ALT Linux, unha distribución desenvolvida por programadores rusos e orientada a este mercado.

O anuncio realizouno Leonid Reiman, Ministro de Comunicacións, que engadiu que ademais do sistema operativo ofreceríanse unha serie de ferramentas mediante un paquete software, referíndose ás aplicacións ofimáticas, de Internet etc. que se soen incluir nestas distribucións.

En 2008 faránse tres probas piloto nas rexións de Tomsk e Perm e na República de Tatarstan, para proceder despois a unha implantación masiva nas escolas de toda Rusia en 2009.

Fonte: The Inquirer

O coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá o próximo martes 25 de Setembro unha conferencia na Universidade de Vigo para explicar as vantaxes do Software Libre e o emprego de estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft co seu formato OOXML.

 Esta compañía foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500 millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada.

Ademais, a proposta do formato OOXML como estándar internacional presentada por esta compañía foi rexeitada polo organismo internacional ISO/IEC despois de observar comportamentos irregulares en varios comités.

Os datos da conferencia:

  • Data: 25 de Setembro 2007
  • Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón de Actos. Campus de Lagoas – Marcosende (Plano de localización)
  • Hora: 16:30h
  • Entrada libre e gratuita.

Este evento está organizado por GALPon e conta coa colaboración da propia Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX.

ZimbraXusto uns días despois da súa compra por yahoo da Suite de Colaboración Zimbra (Zimbra Collaboration Suite ou ZCS)  sae unha nova versión 4.5.7

Zimbra é un programa colaborativo ou [[Groupware]]. Posúe tanto o compoñente de servidor como o seu respectivo cliente. Ten dúas versións dispoñibles: unha versión soportada pola comunidade de Software Libre (Open Source), e unha versión soportada comercialmente (Zimbra Network) que contén algunhas melloras propietarias.

O Servidor ZCS fai uso de proxectos Open Source existentes como ser: Postfix, MySQL, OpenLDAP e Lucene. Ten unha interface de programación de aplicacións (API) SOAP para toda a súa funcionalidade e actúa tanto como un servidor IMAP e POP3.

O Cliente Web ZCS é unha interface de colaboración e administración completa creada empregando o Toolkit Zimbra Ajax. Soporta correos electrónicos e calendarios a través da interface web Ajax,  obxectos arrastrables, e menús que se expanden ao facer clic dereito. Tamén inclúe capacidades de procura avanzada e permite relacionar datas. O calendario compartido en grupo tamén esta incluído.

ZCS é compatible con clientes propietarios tales como Microsoft Outlook, Novell Evolution e Apple Mail. Tamén prové soporte de sincronización nativo de dúas vías para moitos dispositivos móbiles (Nokia E-Series, BlackBerry, Windows Mobile, etc).

 
Descarga sourceforge: Zimbra  

TraducíndoteHoxe, Oscar Hermida vén de facer pública a nova versión da aplicación Traducíndote así como a nova web traducindote.com

Como xa temos comentado dende aquí, Traducíndote permite a tradución de documentos de texto aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na traductor automático Apertium.

A nova versión engade a posibilidade de traducir documentos que estean creados no formato pechado .doc de Microsoft.

Este novo formato engádese aos formatos xa soportados nas anteriores versións, quedando a lista como segue:

  • OpenOffice: documentos creados no procesador de textos Writer, presentacións de Impress, follas de cálculo Calc e documentos xenerados con Draw e Math
  • Microsoft Office: procesador de textos Word.
  • Abiword: procesador de textos libre.
  • LaTex: potente procesador de textos libre para composicións tipográficas mediante comandos TeX.
  • MySql: sistema xestor de base de datos. Traducíndote admite as copias de seguridade das bases de datos, traducindo o contido das táboas.

A aplicación modifica o idioma do documento mantendo o seu formato (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL.

Fonte: Oscar Hermida 

Xa está dispoñible a versión definitiva de KateOS 3.6. Esta nova versión conta con centos de paquetes actualizados, moitos erros solucionados e cun gran número de solucións melloradas.

Entre as novas características máis salientables de KateOS 3.6 atópanse:

  • Sistema de hibernación xestionado por software.

  • Un GUI de instalación incluído na edición LIVE.

  • Unha nova versión do notificador de actualizacións.

  • Novos scripts de inicio.

 

  • Mellora do soporte para impresoras HP con hplip.

  • Unha nova contorna de usuario para a ferramenta de configuración de rede.

  • Novos paquetes como Audacious e Pidgin.

  • Troco do intrd por initramfs.

Podes descargar esta nova versión de KateOS 3.6 dende estes enlaces KateOS_3.6-LIVE.iso e KateOS_3.6-DVD.iso.

 

Fonte: http://distrowatch.com/?newsid=04472

O 61% dos 453 concellos das cidades holandesas está a empregar ou empregará Software Libre, de acordo a un informe publicado este Luns polo proxecto holandés Ososs .

O proxecto gubernamental está a promover que as administracións públicas empreguen Software Libre. Hai aproximadamente ano e medio, un representante do proxecto, contactou cos 453 concellos. O proxecto Ososs serviu para averiguar que o 29% dos concellos empregaba GNU/Linux como servidor, o 11% empregaba servidores de bases de datos coma mysql ou postgesql e o 5% OpenOffice.org.

Os resultados están publicados nun informe titulado ‘Open Gemeenten’. O informe é unha colección de 35 casos de estudo, nos que destacan os de: Assen, Epe, Weert, Goes e Heerenveen por estar empregando software libre.

Aproximadamente o 8% dos concellos están en contra do uso de Software Libre, mentres que o 25% está a empregalo sen sabelo ou por casualidade.

Moitos concellos están a descubrir que moitas compañías das que dependen, non saben nada acerca do Software Libre ou ben non dan soporte ó mesmo. Estas compañías prefiren pechar o seu código e esto impide o uso de software libre.

Empregando estes 35 casos de estudo, o proxecto Ososs axudou a establecer un marcador das aplicacións máis sinxelas e difíciles de implementar. Entre as máis sinxelas están os navegadores web, mensaxería instantánea, firewalls, filtros antispam, servidores web, convertidores de PDF, etc. Por outra banda, entre os máis difíciles de implantar nunha organización atópase OpenOffice (sempre semella máis dificil cambiar o entorno do usuario final en lugar do entorno de servidores segundo se pode concluir do informe).

Fonte: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7211/469

A radio e a televisión estatal turca empregará GNU/Linux e outras aplicacións de código aberto para o seu arquivo dixital e sistema de análise. O software de código aberto será empregado tanto para os escritorios como para o eido da xestión das oficinas.

De acordo aos plans publicados este mes, «Digital Recording, Archival and Analysis system (Skaas)» (Gravación dixital, Sistemas de arquivo e análise), o consello da radio turca RTUK rexistrará e arquivará máis de 210 emisións de televisión e 860 de radio. Máis de 40 escritorios serán empregados para analizar estas emisións activas e preto de 200 servidores rexistrarán as emisións entrantes. Tódolos ordenadores estarán conectados a sintonizadores tanto terrestres coma por satélite. Postgresql é o sistema xestor de bases de datos elixido para almacenar os datos das emisións.

Varias distribucións de GNU/Linux empregaranse nos escritorios e servidores Skaas. Para a fase inicial do proxecto, foi elixida a distribución Pardus GNU/Linux. Esta distribución é desenvolvida polo Instituto Nacional de Electrónica e Criptografía de Turquía (Uekae).

RTUK e Ukae asinaron un acordo inicial para Skaas en frebreiro do pasado ano. As dúas organizacións comezaron despois a redeseñar o anterior sistema de arquivo. Agárdase que o novo sistema sea completamente funcional o ano próximo.

Fonte: IDABC

Trollech anunciou onte na OSIM 2007 a versión GPL de Qtopia Phone Edition. Ata o de agora a compañía ofrecera partes de Qtopia baixo licenza dual, pero outras tan só estaban dispoñibles baixo licenza comercial. Aínda que a liberación oficial realizarase a finais de outubro xa hai unha versión previa para descarga vía FTP.

Qtopia Phone Edition é unha plataforma de aplicacións e contorna de usuario para teléfonos móbiles baseados en GNU/Linux. É posible que Trollech, con esta versión de Qtopia baixo licenza GPL, trate de contrarrestar a crecente popularidade de Gtk nos pequenos dispositivos.

Fonte: http://softlibre.barrapunto.com/article.pl?sid=07/09/19/1521259&from=rss

As mensaxes do programa DSpace na súa versión 1.4.2 veñen de ser traducidas polo usuario se SourceForge Dámaso. DSpace é un paquete de software que proporciona ferramentas para a xestión de recursos dixitais e é habitualmente empregado como base para un repositorio institucional.
 

DSpace está escrito en Java e JSP e emprega a Java Servlet Framework. Usa unha base de datos relacional e soporta o uso de PostgreSQL e Oracle.

A biblioteca pública en Bélxica da cidade de Boom e dúas escolas nas cidades de: Laken (na escola «Gemeentelijke basisschool Handzame Regina Pacisinstituut») e Peer (na escola «Pieter Brueghel Basisschool») empregarán un ordenador con Ubuntu GNU/Linux que servirá seis escritorios.

Estes ordenadores teñen tamén seis pantallas e teclados conectados ao mismo, este sistema funciona igual que seis sistemas individuáis.

O sistema, deseñado pola empresa belga de servizos da información Linux-Services chámaselle multi seat computer system «sistema de ordenador multiasento». O fundador «Guy Duporteil» espera vender outros dez sistemas este ano. “As escolas e bibliotecas están moi interesadas, o sistema permite facer un importante aforro en hardware, enerxía e custos.”

O aforro en hardware estímase nuns 2000 euros, mentres que a enerxía estímase que se aforra en torno a uns 400 euros por ano segundo a empresa, facendo esta alternativa máis amigable co medio ambiente.

Ademáis, o uso dun sistema GNU/Linux, ademáis de abaratar custos, permite ser capaz de executar 6 sistemas de escritorio ao mesmo tempo cun custo computacional moito menor que se se empregase outro sistema operativo comercial.

Fonte: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7212/469

Clonezilla é unha ferramenta, con licenza GNU/GPL, para xestión e clonado de particións, moi similar a Ghost de Symantec. Diferénciase doutros programas similares, como Ghost4 Linux, en que só protexe e restaura bloques utilizados no disco duro cos sistemas de ficheiros soportados, en lugar de facelo con todo. Exemplos do seu uso deron como resultado o clonado de 5 GB de información en 10 minutos. A última versión 1.0.5-4 está dispoñible.

Páxina ofical: Clonezilla 

Descarga: http://sourceforge.net/

Fonte: Alcanze Libre  

Macedonia dará a posibilidade a 180.000 estudantes de contar con computadores equipados con Ubuntu. A través destes equipos os rapaces poderán acceder a internet e diferentes recursos educativos. A través dun acordo coa empresa NCompunting o goberno deste país balcánico instalará estes postos cun prezo duns 70 dólares por equipo. Cada terminal podería ser usado por até sete persoas.
 

Ademais no aforro dos equipos tamén se reducirán custos no consumo eléctrico xa que o gasto mínimo nun PC convencional era de 115 W e nestes computadores o consumo varía entre 1 e 5 W.
OOoA OpenOffice.org Conference 2007 comeza hoxe en Barcelona reunindo a membros da comunidade deste conxunto de aplicacións de oficina de todo o mundo. Trátase dun encontro anual que permite analizar os avances levados a cabo durante estes últimos doce meses e reforzar os lazos da comunidade. Mancomun.org estará presente cunha charla o venres sobre a súa experiencia na localización da versión galega.
 

Está prevista a asistencia de máis de 1.000 persoas de todo o mundo nun evento que comeza hoxe, na súa parte pública, e rematará o venres 21. Os temas a tratar versarán sobre estándares, localización, melloras no proxecto…
Bandeira asturianaO Principado de Asturias liberará máis de 150 aplicacións informáticas como parte da súa política de fomento do Software Libre e dos estándares abertos na administración pública. O Principado liberará de inmediato as fontes do Frame Work e das aplicacións desenvolvidas con el, invitando aos membros da comunidade de desenvolvedora.
 

A administración autonómica asturiana prepara o lanzamento coa Universidad de Oviedo, a Asociación Asturlinux e o Cluster TIC de Asturias, entre outros, invitando a calquera outro participante que teña interese neste novo proxecto.

RaedonHD é o nome do driver OpenSource para a familia R600 das tarxetas de vídeo ATI Raedon.

Este driver xurde da sociedade formada por AMD e Novell para o seu desenvolvemento e está dispoñible en FreeDesktop.org. Novel/SuSE encargase da súa programación empregando as especificacións liberadas recentemente por AMD, que ademais promete publicar máis documentación adicional, incluindo a funcionalidade 3D.

Fonte: http://vivalinux.com.ar/desktop/ati-radeonhd-driver.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal