Xa está dispoñible a versión definitiva de KateOS 3.6. Esta nova versión conta con centos de paquetes actualizados, moitos erros solucionados e cun gran número de solucións melloradas.
Entre as novas características máis salientables de KateOS 3.6 atópanse:
-
Sistema de hibernación xestionado por software.
-
Un GUI de instalación incluído na edición LIVE.
-
Unha nova versión do notificador de actualizacións.
-
Novos scripts de inicio.
-
Mellora do soporte para impresoras HP con hplip.
-
Unha nova contorna de usuario para a ferramenta de configuración de rede.
-
Novos paquetes como Audacious e Pidgin.
-
Troco do intrd por initramfs.
Podes descargar esta nova versión de KateOS 3.6 dende estes enlaces KateOS_3.6-LIVE.iso e KateOS_3.6-DVD.iso.