Mancomún

A compañía IBM desafía os paquetes ofimáticos propietarios nun ambicioso

proxecto de software de produtividade para escritorio, que estará dispoñíbel como descarga libre desde o seu sitio web.

Procesador de texto, folla de cálculo e presentacións será a alternativa libre de custo aos líderes do mercado Word, Excel e PowerPoint.

IBM aposta moi forte. Tras o recente anuncio da súa unión ao paquete de

código aberto OpenOffice.org, entra no campo de xogo cun novo equipo.

Fonte:

The

Inquirer

A república de Macedonia implantou un proxecto que permitirá que 180.000 estudantes dispoñan dun cliente que lles permita acceder a internet xunto con outros servizos educativos.

O goberno macedonio chegou a un acordo cunha empresa informática para instalar 180.000 terminais conectados a servidores Linux. O prezo de cada posto é tan só de 70 dólares.

Cada terminal está baseado en Ubuntu, acepta ata 7 usuarios distintos e ten un consumo de enerxía entre 1 e 5 W, mentres que un PC convencional ronda os 115 W.

Fonte: http://www.theinquirer.es/2007/09/18/un_pc_con_ubuntu_para_cada_estudiante_de_macedonia.html

Fai un tempo que se realizou un informe estatístico chamado Impacto Económico do Software Libre e de Código Aberto na Innovación e na Competitividade do Sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación na Unión Europea, co fin de desentrañar o estado actual de aceptación e uso do Software Libre, e non só en ámbitos gobernamentais ou académicos. Desta forma, o que se pretende é desligar, dunha vez por todas, o concepto do Software Libre e as institucións públicas. É certo que nese campo, o Software Libre atópase como peixe na auga, pero tamén na iniciativa privada pode dar moita guerra, e é o que se pretende dar a coñecer: o desenvolvemento do Software Libre en todos os ámbitos, a nivel público ou privado, a nivel local, nacional ou internacional, a nivel empresarial ou de xestión, etc.

Algúns datos interesantes que arroxou o estudo levado a cabo por diferentes universidades: os costos en Investigación e Desenvolvemento poden reducirse ata nun 26%, isto é debido sobre todo a que, polas súas licenzas, o Software Libre outorga liberdades que permiten a súa reutilización, sen ter que “reinventar a roda” en cada nova iniciativa.

Para o ano 2010 o estudo estima que este tipo de software alcanzará o 1.4% do PIB europeo e o 2.3% do PIB norteamericano, sendo que hoxe representa un 1% no primeiro caso e un 1.7% no segundo. O mercado informático en xeral supón un 10% do PIB nos países desenvolvidos da Unión Europea, sendo partícipe de máis do 50% do crecemento.

O mesmo informe vaticina que para 2010 o 32% dos servizos de Tecnoloxías da Información europeos estarán baseados en Software Libre, duplicándose a súa utilización cada 18 ou 24 meses durante os últimos anos.

 Fonte: Territorio Libre e Noticas.com

Unha das ferramentas máis habituais nos departamentos de HelpDesk das empresas TIC son os sistemas de ticketing. Un ticket é un código de identificación das consultas para poder levar o seu seguimento; e o sistema de ticketing é o software que controla todo o funcionamento dos tickets e ademáis emprega unha base de coñecementos onde poderá revisar as consultas xa realizadas por otros usuarios.

A continuación recompílanse unha serie de ferramentas dispoñibles para ter un sistema de ticketing propio.



» eTicket é un sistema de tickets baixo licenza GNU/GPL que está baseado en osTicket o cal pode recibir tickets vía email (pop3) ou por un formulario web. Conta cun xestor de ticket con moitas características, entre as máis destacadas:

  • Soporte para login POP3
  • Xestión de emails ilimitados
  • Intervalos para os correos para prever os bucles dos autorespondedores
  • Xestión do número máximo de tickets por usuario
  • Filtros para eliminar mensaxes de resposta
  • Xestión de anexos (attachments) e límite de tamaño
  • Xestión de categorías, grupos, paxinadores, …
  • Control de acceso/visualización por departamentos
  • Fácil actualización/instalación
  • RSS para os clientes

eTicket é unha solución que permite incluír soporte en liña en calquera sitio web.

 

» ruQueue é un sistema de seguimento de problemas (tracking) baseado en colas. ruQueue permite a xestión de tickets por parte de calquera organización. ruQueue está desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GNU/GPL.

  • Integración sinxela con LDAP
  • Notificacións ordenadas por persoal/supervisores
  • Informes
  • Integración co correo
  • Procuras avanzadas
  • Planificación integrada
  • API para programación de outras aplicacións

» Trouble Ticket System é un software de fácil emprego que permite a xestión de tickets de clientes. Pódense especificar as categorías de problemas, discusión dos problemas e informes das solucións para posibles problemas similares nun futuro. Os clientes poden facer un seguimento do estado do seu ticket.

 

» OTRS é o acrónimo de “Open source Ticket Request System” con moitas características para levar o control dos clientes, chamadas, correos-e,… O sistema está construído para permitir o soporte, ventas, facturación, helpdesk, … para que os departamentos da empresa poidan reaccionar rapidamente. Está distribuído baixo licenza GNU/GPL e testado baixo GNU/Linux, Solaris, AIX, FreeBSD, OpenBSD, Mac OS 10.x e MS Windows.

As características máis destacables son:

  • Interface web para visualizar e traballar sobre todas as peticións dos clientes
  • Soporte de múltiples idiomas
  • Soporte para anexos de correo MIME, PGP, SMIME
  • Autorespondedores por clientes, por cabeceiras do correo x-header
  • Integración dos clientes con base de datos, LDAP, …
  • Vistas de impresión dos tickets
  • Framework para estatísticas
  • API para sistemas de ticket como Peregrine
  • Interface XML

UbuntuCanonical anunciou  Ubuntu JeOS (Just Enough Operating System) que é unha variante do sistema operativo de Ubuntu para escritorios e servidores configurado especialmente para as contornos virtuais.

Este é un sistema operativo reduce a complexidade das configuracións nos contornos virtuais e o seu mantemento, aproveitándose para iso dos últimos produtos de [[VMware]].

Fonte: Noticias Techk

DXPISIA Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información vén de publicar a resolución de dúas ordes que facilitarán a promoción do Software Libre a través de iniciativas de difusión e a súa implantación en empresas. Entre as dúas axudas suman case 5 millóns de euros en axudas.

A primeira destas ordes vai orientada a subvencionar a entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro para promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. Aínda que as axudas non están dirixidas en exclusiva á promoción do Software Libre, moitas das accións van dirixidas nesa liña, especialmente ao eido empresarial.

No tocante ás axudas aos investimentos das empresas en materia da sociedade da información repartirasen máis de tres millóns de euros entre a PEME para a mellora da súa competitividade a través das TIC. Algunhas das accións subvencionadas son a implantación de CRM en Software Libre, tradutores automáticos, o desenvolvemento de ferramentas de código aberto ou a implantación doutro tipo de aplicacións libres. 

 

 

Dende onte atópase dispoñible para a súa descarga a versión 2.3 de OpenOffice.org. Esta versión incorpora novas características e melloras para todos os compoñentes da suite, ademais de protexer aos usuarios contra novas vulnerabilidades descubertas.

Polo momento só está dispoñible para descargar a versión en inglés, estando á espera de que proporcionen as distintas localizacións, entre elas a galega.

 

Cabe salientar entre as melloras, por exemplo, a incorporación no Writer de certa intelixencia para mellorar o tratamento de documentos multilingües así como un novo filtro de exportación de documentos en formato MediaWiki (Wikipedia); a mellora da productividade do Calc, materializada por exemplo na función Autosuma, ou nos filtros de importación e exportación; ou progreso no desenvolvemento da aplicación Base para a que existen numerosas extensións dispoñibles na páxina de extensións do OpenOffice.org.

ZimbraYahoo! anunciou que compra o sistema de correo aberto Zimbra por 350 millóns de dólares. Segundo Yahoo! a adquisición de Zimbra axudará á compañía a expandir a súa presenza en universidades, empresas e provedores de servizos de internet permitindo ás organizacións contar con correo electrónico on/offline, calendario e xestión de contactos.

Zimbra ten unha completa interface AJAX e permite unha rica experiencia colaborativa. Yahoo! segue así coa súa carreira con Google para ofrecer unha nova xeración de aplicacións de oficina on/offline.

O Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft contra a multa de 497,2 millones de euros que no 2004 lle impuxo a Comisión Europea por abusar da súa posición dominante. A Comisión celebrou o resultado que só dá a razón á empresa estadounidense ao anular o nomeamento dun comisionado independente para supervisar o cumprimento da sentenza.

Segundo Bruxelas, a estratexia de Microsoft de incorporar o reprodutor Media Player a Windows, en vez de vendelos como produtos separados, permitiulle erixirse en líder de un mercado que non dominaba ata de aquela.
 
Microsoft ten dous meses para recorrer esta sentenza.  

LAMPPIX é un [[LiveCD]] baseado en [[Knoppix]] e [[Damn Small]] GNU/Linux e permite o arranque dun servidor web xa que inclúe  Apache, MySQL, PostgreSQL, PHP, Perl e [[XAMPP]].

Ademais permítenos aplicar os nosos propios scripts sobre un CD-ROM e que sexan usados por outras persoas, que só deberán insertar ese CD-Rom. Trae por defecto un escritorio [[XFCE]] e vén preconfigurado para o seu uso inmediato. 

Fonte: Fent Linux

O concello de Brest da rexión da Bretaña, comezou a distribuír un CD-ROM con software de código aberto entre os usuarios de PC que executan software privativo. Nun anuncio do cedé, Michel Briand, asistente do alcalde de Brest, chamou ao sector público francés a empregar software de código aberto.

A cidade está a publicar varios cedés chamados «Bureau libre free-EOS» e as copias poden recollerse gratuitamente nunhas 77 bibliotecas, institutos de ensino secundaria e universidades arredor da cidade e na rexión. Os cedés proporcionan tanto aplicacións libres preparadas para se executaren en sistemas operativos privativos como Microsoft Windows ou MacOS X, como nun completo sistema de código aberto usando GNU/Linux. Máis de 200 000 cedés foron distribuidos nos pasados 18 meses, segundo explicou Michel Briand.

Nun artigo sobre os cedés publicado esta semana polo xornal francés L’Humanité, Briand apelou a outras autoridades públicas francesas para incrementar o uso do software de código aberto.

Das palabras de Briand cómpre salientar que se pregunta por que “o Estado Francés, en lugar de comprar caras licenzas non emprega ese diñeiro en equiparse cos programas de código aberto dispoñíbeis gratuitamente?” Segundo as súas reflexións, isto non só axudaría a aforrar custos senón que axudaría tamén a aqueles que desenvolven estas aplicacións. Concluíu que «as autoridades públicas locais teñen un papel que desempeñar nisto»

Fonte: IDABC

Os principais produtores de distribucións [[Linux]] do mercado xa manifestaron o seu apoio a VMware e a integración das devanditas ferramentas nos seus produtos.

No marco da VMworld 2007 que se celebra en San Francisco, a compañía especializada en solucións de virtualización anunciou a apertura do código fonte das súas VMware Tools, unha serie de ferramentas que se instalan no sistema virtualizado para mellorar o seu rendemento e funcionalidade. A liberación deste código fonte faise baixo o nome de Open Virtual Machine Tools, e acóllese á popular [[GPL]] na súa versión 2.

Con esta iniciativa, VMware espera poder integrar o seu sistema de virtualización nas distribucións GNU/Linux dun maior número de fabricantes, así como empezar o “asalto” a un maior número de sistemas operativos para mellorar a súa funcionalidade unha vez virtualizados, aínda que o número e a variedade de sistemas que soporta oficialmente o software da compañía é moi alto.

Un dos motivos que se barallan é a presión que sobre VMware está exercendo Xen, un dos seus principais rivais e que desde hai pouco foi integrado no núcleo do sistema operativo do pingüín de forma nativa. Desta forma, moitos usuarios de sistemas de virtualización cuxa prioridade sexa Linux, poden decantarse por [[Xen]] ao ser unha ferramenta integrada e que xa vén instalada por defecto co sistema, unha actitude que VMware debe e quere evitar.

Na mesma nota de prensa na que VMware anunciou esta iniciativa, tamén afirmou que está colaborando con importantes fabricantes de solucións Linux como son [[Red Hat]], [[Novell]] ou [[Ubuntu]] para integrar as Open Virtual Machine Tools no proceso de instalación das súas respectivas distribucións.

Polo momento, o material liberado consiste en módulos do kernel de Linux e programas para o espazo de usuario (user-space) para todos os sistemas operativos de tipo Unix soportados por VMware como sistemas guest (é dicir, virtualizados).

 
Fonte: Noticiasdot.com  
Mancomun.org impartiu un relatorio sobre o Software Libre e as súas aplicacións no eido educativo o pasado venres no foro Inforensino organizado polo Centro de Formación e Recursos de Lugo. Nesta charla Mancomun.org achegou aos docentes os conceptos básicos do Software Libre e as principais ferramentas educativas abertas dispoñibles.
 
 

Canda Mancomun.org falou María José Rodríguez Malmierca, coordinadora do departamento de E-Learning do Centro de Supercomputación de Galicia, que expuxo as principais características de Aula Cesga, sistema de E-Learning baseado na plataforma libre Dokeos.
TuxMancomun.org participou na celebración do Día Mundial da Liberdade do Software (Software Freedom Day) sendo patrocinador oficial deste evento que se celebra en máis de 80 países do mundo e serve para difundir os beneficios do Software Libre para a educación, as empresas, a administración e os usuarios en xeral. O Software Freedom Day tivo lugar o pasado sábado día 15. En Galicia GALPon acolleu unha churrascada en Vigo para conmemorar tan sinalada data.
 

Software Freedom International coordina a celebración deste evento que se realiza a traves de grupos de voluntarios de todo o mundo. Outros patrocinadores oficiais do evento son Google, Canonical, a Free Software Foundation, o grupo de usarios danés de Unix e Mindtouch .
Concello de VilasantarTal como recolle AGNIX na súa web, o concello coruñés de Vilasantar posicionouse de xeito oficial a prol do Software Libre a través da súa Xunta de Goberno o vintedous de agosto de 2007 deste ano. Esta entidade local daba resposta así ao Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza que AGNIX enviou aos 315 concellos de Galicia e outras entidades locais. Esta iniciativa foi secundada tamén por outros grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia que reclaman o emprego de estándares abertos nas entidades locais. 
 

As agrupacións consideran de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 
 
Estes grupos demanda a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.
 

O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.

GFP é un xestor financeiro persoal feito en Java/Swing traducido a 11 idiomas e estase traducindo a máis. Soporta tarxetas de crédito, contas, e aforros. Ten unha interface gráfica intuitiva que facilita a súa aprendizaxe.

Algunhas das características que ten esta ferramenta son a posibilidade de facer informes e orzamentos. Logo dalgúns meses do uso, GFP comeza a intentar predicir o teu comportamento e facilita que o usuario se faga unha idea aproximada do que vai a gastar e/ou ingresar. Require a versión 1.2.x. de GTK.e a versión [[Java]] [[JRE]] 1.5 .

A última versión dispoñible é a 0.8.0

  • Algunhas das súas características son:
  • Importación datos de OFC e OFX
  • Posta ao día varias traducións
  • Correccións de erros
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal