O Concello de Vilasantar pronúnciase de xeito oficial a prol do Software Libre

Concello de VilasantarTal como recolle AGNIX na súa web, o concello coruñés de Vilasantar posicionouse de xeito oficial a prol do Software Libre a través da súa Xunta de Goberno o vintedous de agosto de 2007 deste ano. Esta entidade local daba resposta así ao Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza que AGNIX enviou aos 315 concellos de Galicia e outras entidades locais. Esta iniciativa foi secundada tamén por outros grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia que reclaman o emprego de estándares abertos nas entidades locais. 
 

As agrupacións consideran de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 
 
Estes grupos demanda a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.
 

O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal