Mancomún

Rede de DinamizaciónMañá día 12 terá lugar en Lalín unha charla de aproximación ao Software Libre organizada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información. A charla será impartida polo equipo de Mancomun.org que fará unha introdución básica sobre o Software Libre e o traballo de Mancomun.org aos asistentes.

A charla celebrarase no Auditorio Municipal ás 8 da tarde.  

A Junta de Extremadura puxo a disposición de todos os castelán falantes a tradución da norma ISO 26300 (O estándar ODF, open document format), utilizado pola maioría das ferramentas abertas de ofimática, e de varias propietarias.

Ademais liberouno baixo licenza creative commons de forma que sexa posible a máxima redifusión da mesma.

Fonte: Libro Blanco

Red HatSpanair, unha das maiores aerolíneas españolas, confiará na distribución Red Hat Enterprise Linux para os seus sistemas informáticos. Actualmente Spanair emprega Linux para a súa xestión das tripulacións e a planificación da flota e de horarios. O emprego deste sistema operativo aberto xustifícase na reducción de custos e na mellora de rendemento ademais do soporte técnico.

A plataforma Red Hat tamén é utilizada en varias estacións de optimización, que reciben información do servidor central para executar os diferentes procesos. Por outra banda, a compañía dispón dun servidor de base de datos Oracle 10GR2 sobre servidores HP Proliant que corren sobre unha plataforma RHEL, e onde actualmente está a funcionar o datawarehouse.

OOoA comunidade de OpenOffice.org anuncia nunha nota de prensa oficial que IBM unirase á comunidade desenvolvedora desta suite ofimática. O xigante da computación fará contribucións de código que foron desenvolvidas como parte do seu produto Lotues Notes, incluíndo melloras de accesibilidade e enriquecendo a calidade do código. Ademais de traballar coa comunidade promoverá o uso de tecnoloxía OpenOffice.org nos seus produtos. 

Responsables de IBM declararon que a contribución que fará a compañía á suite ofimática será valiosa e axudará a propulsar aínda máis o éxito do produto. Outras figuras importantes do FLOSS como Mark Shuttleworth, fundador de Ubuntu, consideran importante este paso.
Eraser é unha ferramenta de seguridade, a cal permite borrar completamente datos comprometidos do disco duro, sobreescribindo varias e repetidas ocasións de xeito coidadoso empregando algoritmos escollidos. Está lanzado baixo a licenza GNU/GPL e escrito en [[C++]].

Algunhas das súas características son:

  • Borrado de ficheiros e cartafoles
  • Borrado de todos os discos usando os métodos ‘Darik’s Boot e Nuke’.
  • Borrado de ficheiros e discos cifrados.
  • Borrado de ficheiros de rede, disquetes, CD-RW, DVD-RAM, DVD-RW.
  • Borrado de partición de intercambio (swap).
  • Permite creado de tarefas de borrado.
  • Suporta os sistemas de ficheriso FAT32 e NTFS.
  • e máis

 

Páxina oficial: Eraser

Páxina sourceforge: Descarga

O Ministerio de Educación do país galo está a cambiar os sistemas operativos de Unix (AIX) a GNU/Linux. A semana pasada, a compañía Red Hat fixo público que o ministerio migrara 2 500 servidores á súa distribución de GNU/Linux.

Segundo as declaracións de Red Hat, o ministerio desexa previr «os crecentes custos asociados ás licenzas privativas e os forzados ciclos de actualización» e cambiar a estándares abertos resolverá esta situación, segundo a compañía.

O ministerio está a facer a migración tras abandonar outras opcións como GECOS 7 e DPS 7, dous sistemas operativos preparados para mainframes desenvolvidos a comezos dos 60 e empregados normalmente para aplicacións «legacy» escritas en Algol, Cobol ou Fortran. Coa migración e debido a que están a prescindir de AIX, un Unix que é propiedade de IBM, o custo do propio hardware tamén se está a reducir.

Ligazón: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7193/469

Thymbra e Tiny Bélxica acordaron crear a Academia de TinyERP en Latinoamérica para satisfacer a demanda do mercado local. Deste xeito, Thymbra convértese no primeiro partner oficial de capacitación para Latinoamérica de Tiny ERP.

Na academia de TinyERP impartiranse os mesmos cursos funcionais e técnicos que na sede de Bélxica en español e localizados ao mercado latinoamericano. Os cursos de formación impartiranse en Bos Aires a partir de Agosto deste ano 2007, e o cronograma estará publicado na páxina oficial de TinyERP.

Thymbra é unha das primeiras empresa en integrar o Software Libre en sistemas de xestión empresarial. En 1999 os seus compoñentes realizaron a primeira instalación de SAP sobre GNU/Linux en América do Sur. No día de hoxe conta con clientes de TinyERP en Arxentina e España. No ano 2005 Thymbra crea unha unidade negocio adicada exclusivamente ao desenvolvemento do Software Libre en empresas Latinoamérica, denominada Torre de Hanoi. Este departamento traballa activamente no desenvolvemento de TinyERP, así como na localización do produto para Arxentina e España.
 
Para obter máis información sobre os servizos de implementación ou capacitación de TinyERP preguntar no seguinte enderezo de correo electrónico: tinyerp@thymbra.com
 
Fonte: Torre de Hanoi  
Como xa publicaramos anteriormente, Lenovo ofrecerá os seus Thinkpad con Linux preinstalado. Agora o fabricante de computadores chinés lanza unha enquisa aos internautas para saber que distribución debe incorporar de serie nos seus produtos. Polo de agora Ubuntu lidera a clasificación seguida, a distancia, de Debian.
 

Lenovo únese a outros fabricantes como Dell, HP ou Acer que ofrecen ou teñen previsto ofrecer computadores con GNU/Linux preinstalado.

Galaecia.netA Asociación SIL confirmou o programa definitivo de Galaecia.Net EVO1 que se celebrará do venres 14 ao domingo 16 en Vilagarcía de Arousa. A party celebrarase, finalmente, no pavillón da Rúa Castelao nº13 e o acceso será gratuíto e sen rexistro. Tan só necesitas levar o teu equipo informático. 

Entre as actividades relacionadas co Software LIbre destacan:

  • Venres 14:
    • L.A.M.P. (17:00 a 19:00): Instalación dun sistema xAMPP, servidor web, bases de datos e programación no servidor.
    • Sistemas UNIX (20:00 a 22:00):  Relatorio sobre a arquitectura dun sistema UNIX.
  • Sábado 15:
    • Asterisk (12:00 a 14:00): Xestión dunha centralita VoIP (Asterisk).
    • Active Directory (18:00 a 20:00): Integración dun servidor GNU/Linux con Active Directory.
    • Distribución Musix (20:00 a 22:00): Instalación e uso de Musix, introdución ao son e a física do son, …
  • Domingo 16:
    • Servidor de comunicacións en GNU/Linux (10:00 a 12:00): Configuración dun servidor de comunicacións en GNU/Linux (Enrutamento, enrutamento avanzado e balanceo de carga, Firewall, NAT, SMTP, POP3, IMAP, Webmail, PROXY).

Este evento conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa.  

Esta semana pasada anunciouse a liberación da versión 7.3 da implementación do sistema de código aberto X Window System. A principal novidade desta nova versión é a súa característica de “hotpluging” para dispositivos de entrada (como teclados, ratos e pantallas táctiles) así como para dispositivos de saída como (monitores, proyectores, etc.). O “hotpluging permite a comunicación con HAL ou D-BUS para determinar cando se conectou o dispositivo de xeito que este listo para ser usado.

Ademais o emprego de drivers herdados xa non será posible por mor de que as novas APIs/ABIs dos dirvers de vídeo non son compatibles coas versións anteriores do servidor de Xorg.

 

 

Fonte: vivalinux.com.ar

O premio Chris Nicol de Software Libre é un recoñecemento as iniciativas que axudan a xente común a empregar o software libre e que foi creado na honra de Chris Nicol pola Asociación para o Progreso das Comunicacións, APC.

Este premio consiste en 4.000 dólares, que poden dividirse entre tres iniciativas como máximo , segundo o criterio do xurado.

Os finalistas do Premio Chris Nicol de software libre 2007 son:

    • Free Geek, Estados Unidos.

    • Gleducar, Argentina.

    • KLDP, Corea del Sur.

    • MetaReciclagem, Brasil.

    • NepaLinux, Nepal.

    • Plan de Alfabetización Tecnolóxica e Software Libre de Extremadura, España.

 

 

  • Saregune, España.

A decisión do xurado anunciarase neste mes de setembro.

 

Fonte: http://www.evaluamos.com/internal.php?load=detail&id=7386

O equipo de Redmond traballa con Novel para levar a Linux o rival de Flash.

Microsoft presentou o Silverlight na conferencia «National Association of Broadcasters» o pasado mes de abril e publicou unha versión beta en maio.

Cando se publicou a versión 1.0, Ray Ozzie, director de arquitectura de software de Microsoft, subliñou que o programa lles ofrecía aos desenvolvedores «novas opcións para despregar contido en múltiplas plataformas en que se inclúe a Internet, os PC, a telefonía etc.».

A decisión de traballar con Novell para levar o soporte de Silverlight a Linux é unha resposta ás solicitudes dos consumidores, segundo destacaron ambas as dúas compañías.

Fonte:

vnunet.es

Freeciv é un videoxogo de estratexia por quendas, inspirado no xogo [[Civilization]]. É software libre, está licenciado baixo a [[GPL]], ademais de ser gratuíto. Esta incluído en numerosas distribucións GNU/Linux, ademais está dispoñible para outros sistemas operativos como Windows e Mac, posto que está escrito na linguaxe [[C]] de programación pódese compilar sen problemas. A última versión dispoñible saiu en agosto, é a 2.1.0-Beta.
 
Comeza no ano 4000 a.C., cada xogador é o líder dunha tribo nómade que se deberá asentar e ir fundando cidades, investigando tecnoloxías, desenvolvendo infraestruturas ou marabillas, establecer relacións diplomáticas e crear exércitos.

O xogo finaliza cando:

  •   sobrevive unha única civilización ao erradicarse as demais
  •   cando se consegue enviar unha nave para colonizar un planeta exterior
  •   ou cando se supera unha certa data, na que finalmente gañará o xogador mellor puntuado, dependendo do tamaño do estado, a saúde dos cidadáns, a cultura e os avances científicos conseguidos puntúase a cada xogador.

Páxina oficial: Freeciv

Descarga: Sourceforge.net  

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png Xa se está preparando a akademy-es 2007 e para a realización do mesmo vaise a pasar por diferentes etapas:

  • Localización (até o 15 de  outubro).
  • Calendario de relatorios (temas e poñentes até o 31 de outubro).

A partir da recepción das diferentes propostas, o comité organizativo decidirá e anunciará cal de todas as propostas foi aceptada nun prazo máximo dunha semana despois da data límite de entrega de propostas. Polo tanto, o calendario coñecerase con exactitude como máximo o día 7 de novembro.

As datas de realización de akademy-es 2007 serán a partires do 10 de novembro. Xunto coa proposta de localización necesitarase un calendario cos días propostos.

O evento terá unha duración de 3 días e coa seguinte estrutura:

  • Día 1: Cheda e acomodamento.
  • Día 2: Relatorios e cea social.
  • Día 3: Hackday.

É preferible que os 3 días coincidan cunha fin de semana, polo que o número de asistentes poderá ser maior, e así ter unha maior participación.

 

Fonte da páxina oficial da akademy-es 2007:
http://www.ereslibre.es/akademy-es/

http://www.mancomun.org/images/stories/self.jpg O 6 de outubro, na UOC en Barcelona, será o lanzamento oficial da plataforma SELF (Science Education and Learning in Freedom). A plataforma xa leva un tempo funcionando e xa vos falamos dela anteriormente.

SELF é un proxecto internacional que conta cunha plataforma para, dun xeito colaborativo, compartir e crear materiais libres para educación e capacitación en Software Libre e estándares abertos.

A Plataforma SELF difunde as vantaxes do uso de Software Libre e fornece materiais educativos e de capacitación para aprender o uso de aplicacións de Software Libre…

As aplicacións de Software Libre están dispoñibles en todos os campos e poden ser obtidas de moitas fontes. Para empregalas débese primeiro coñecer a súa existencia e valor práctico. Ademais, a falta de soporte técnico foi unha das razóns para xustificar o fracaso ou a demora na adopción de Software Libre. O cambio tecnolóxico real e de longo prazo dende o software privativo ao Software Libre só pode chegar cunha inversión en educación e capacitación.

A plataforma SELF é:

   1. un repositorio con materiais de educación e capacitación libres sobre Software Libre e estándares abertos
   2. un contorno de creación colaborativa para novos materiais

Máis información na anterior nova en Mancomun.org:
Nova de SELF de abril de 2007

Páxina oficial do proxecto:
http://selfproject.eu/es/project

Red HatSegundo publica La Flecha, o ministerio de educación francés vén de migrar a Linux 2.500 dos seus servidores coa fin de gañar independencia respecto ao provedor e ás solucións propietarias. Evita así os custes crecentes das licenzas propietarias e os ciclso de actualización impostos asegurando a interoperabilidade.

Os subministradores de aplicacións, desenvolvedores internos e partners externos desenvolven agora sobre estándares abertos para asegurar a compatibilidade con Linux e especificamente con Red Hat Enterprise Linux. Isto inclúe aplicacións financeiras ou ferramentas para exames de xestión, estudantes ou as actividades administrativas diarias.

 

No ano 2004 cerca do 95% dos servidores empregaban Linux, na maior parte dos casos Red Hat Enterprise Linux.  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal